DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 12 de febreiro de 2004 Páx. 1.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 4 de febreiro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego.

A evolución do mercado de traballo e a persistencia do desemprego fan necesario articular medidas que inclúan accións de atención constante e especializada dirixidas a aqueles colectivos con dificultades de inserción laboral. O permanente cambio, froito das evolucións sociais, tecnolóxicas e organizativas, leva consigo unha dificultade engadida para as persoas que buscan un emprego, facendo necesario, a miúdo, procesos de orientación e asesoramento especializados, que presten colaboración ás persoas demandantes de emprego e lles faciliten o camiño cara ó mercado laboral.

No Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, establécese o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación, asumíndose as funcións e os servicios transferidos mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro.

As directices de emprego da Unión Europea, e plans nacionais de ccción para o emprego recollen como actuación prioritaria a mellora da capacidade de inserción laboral dos desempregados a través da información e a orientación profesional personalizada.

Con este obxectivo, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pon en marcha un sistema de orientación laboral, baseado en accións de información, orientación, busca activa de emprego, coa finalidade de mellora-la ocupabilidade dos demandantes de emprego. Este sistema prevé a colaboración de entidades especializadas para incrementa-la capacidade e a calidade das accións, o seu achegamento ós usuarios e a atención a colectivos específicos.

O Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, o exercicio das competencias, entre outras, en materia de formación ocupacional e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral.

En virtude do exposto, e co fin de promove-las posibilidades de inserción laboral en Galicia, faise necesario articular unha vía de colaboración en materia de información e orientación laboral dos usuarios do Servicio Público de Emprego de Galicia, con entidades externas, que acheguen os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para o desenvolvemento das citadas accións.

Atendendo ó Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, o financiamento das axudas previstas nesta orde farase con cargo ós créditos das aplicacións 16.05.241A.482.0, 16.05.241A.460.0, 16.05.241A.440.0, 16.05.241B.480.2, 16.05.241B.480.1, 16.05.241B.472.0, 16.05.241B.471.0 e 16.05.241B.461.0, que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2004.

Dado que se lles deu audiencia ós axentes sociais representados no seo do Consello Galego de Relacións Laborais, e solicitados os informes preceptivos na tramitación, por proposta da Dirección Xeral de Formación e Colocación e en uso das facultades que me son conferidas de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases e a convocatoria pública para a concesión de subvencións por parte da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a entidades colaboradoras que realicen accións de información, orientación e busca de emprego, articuladas en itinerarios de inserción ocupacional e dirixidas a mellora-las posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servicio Público de Emprego de Galicia.

Artigo 2º.-Programa de información profesional Accións.

2.1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación, mediante o Servicio Galego de Colocación, directamente ou por medio de centros colaboradores distribuídos nas áreas funcionais determinadas, levará a cabo accións de información profesional, consistentes en:

a) Proporcionarlle información a cada usuario demandante de emprego acerca das actuacións que leva a cabo o Servicio Público de Emprego, directamente e a través dos seus centros colaboradores, así como pautas básicas sobre a situación do mercado laboral.

b) Tratamento da demanda de emprego, formulada perante o Servicio Público de Emprego de Galicia, mediante a revisión do currículum vitae dos demandantes de emprego que se dirixan a tales centros. Esta acción comporta a realización dunha entrevista individual e personalizada, a comprobación e validez dos datos que contén o currículo e dos documentos

acreditativos achegados polo usuario do servicio, a posterior codificación destes datos, e a súa introducción á base de datos do Servicio Galego de Colocación. A entrevista ten por finalidade comproba-la adecuación dos datos do currículo coa relación de ocupacións á que opta o demandante de emprego e asesoralo sobre esta ocupación ou outras alternativas.

Esta acción deberá facerse efectiva polos centros colaboradores do Servicio Galego de Colocación nun prazo máximo de dous días desde a realización da entrevista ocupacional ó demandante de emprego.

c) Renovación do currículo cando o solicite o demandante de emprego. Enténdese por renovación o mantemento do currículo dispoñible para o seu emparellamento.

d) Modificación do currículo. Independentemente do establecido nos puntos anteriores, o demandante de emprego poderalle solicitar en calquera momento ó centro que introduciu o seu currículo ou fixo a última modificación nel, a rectificación ou modificación dos datos contidos no seu currículo. O centro deberá facer efectiva a rectificación ou modificación solicitada no prazo de dous días. A notificación a que fai referencia o artigo 16.4º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, producirase por parte do centro asociado ao Servicio Galego de Colocación, de xeito automático por medio da rede informática conectada.

2.2. As accións especificadas neste artigo unicamente poderán ser realizadas polo persoal expresamente autorizado para este fin pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 3º.-Programa de orientación laboral e busca de emprego. Accións.

3.1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación, mediante o Servicio Galego de Colocación, directamente ou por medio de centros colaboradores distribuídos nas áreas funcionais determinadas, levará a cabo as accións de orientación laboral e busca de emprego, dirixidas ós demandantes de emprego.

Estas accións realizaranse de xeito personalizado, coa finalidade de avalia-lo perfil curricular de cada demandante, actuando ó mesmo tempo sobre as súas aptitudes e capacidades, e establecendo actuacións tendentes a adecua-los seus intereses e motivacións á situación actual do mercado de traballo. Tamén poderán desenvolverse accións colectivas, dirixidas á adquisición das capacidades básicas que permitan ós demandantes articular itinerarios activos e eficaces na busca de emprego; estas accións serán determinadas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, que especificará a súa duración, o número de usuarios de cada acción e a metodoloxía que se vaia empregar.

3.2. Os centros colaboradores que leven a cabo accións de orientación laboral e busca de emprego, deberán actualizar na base de datos do Servicio Público de Emprego de Galicia o currículum vitae

dos demandantes de emprego que sexan dirixidos a estes centros. Neste sentido, os centros colaboradores no programa de orientación e busca de emprego estarán obrigados a respecta-lo disposto nos puntos a), b), c) e d) do artigo 2º.1 desta orde.

3.3. As accións especificadas neste artigo unicamente poderán ser realizadas polo persoal expresamente autorizado para este fin pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Capítulo II

Dos beneficiarios das accións

Artigo 4º.-Beneficiarios dos programas de información, orientación e busca de emprego.

Serán beneficiarios de ámbolos programas tódolos demandantes de emprego inscritos no Servicio Público de Emprego ben cando o soliciten expresamente ben cando lles sexa ofertado polo propio servicio, a través de calquera dos seus departamentos.

Capítulo III

Das entidades colaboradoras

Artigo 5º.-Definición e requisitos.

5.1 Poderán ser entidades colaboradoras co Servicio Galego de Colocación no programa de información profesional, calquera entidade pública ou privada, constituída baixo calquera forma xurídica, e cun ámbito de actuación relacionado co mercado laboral, e e que así se recolla nos seus estatutos ou normas de constitución.

5.2. Poderán ser entidades colaboradoras co Servicio Galego de Colocación no programa de orientación laboral e busca de emprego, as asociacións empresariais e sindicais máis representativas na Comunidade Autónoma, as entidades locais e as entidades sen ánimo de lucro que realicen as accións de orienación laboral e busca de emprego segundo o disposto nesta orde. Todas elas deberán acreditar experiencia no ámbito da orientación profesional e laboral, selección de persoal e/ou valoración de postos de traballo.

5.3. As entidades definidas nos puntos 1 e 2 deste artigo deberán reuni-los seguintes requisitos no momento de realiza-la solicitude:

a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos axeitados para atención individual ós demandantes de emprego.

b) Dispoñer dun fax con numeración autónoma, independentemente do tipo de acceso utilizado (liña analóxica, acceso básico RDSI ou outros), co fin de garanti-la comunicación entre os servicios centrais do Servicio Galego de Colocación e a entidade colaboradora.

c) Dispoñer dunha liña ADSL, ou doutra de calidade equivalente ou superior, con conexión dedicada á rede corporativa da Xunta de Galicia ou dun acceso básico RDSI.

d) Dispoñer dun hardware de comunicación que posibilite a conexión de ordenadores persoais á rede corporativa da Xunta de Galicia de acordo cos estándares definidos.

e) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo de comunicacións TCP/IP.

A conexión do ordenador á rede corporativa da Xunta deberá ser exclusiva. Unha vez establecida esta, non se poderá acceder a el, a través doutras canles de comunicación, por elementos situados en redes alleas á propia entidade.

Tanto o software de base instalado como as características do hardware do ordenador deberán posibilita-lo correcto funcionamento do aplicativo cliente do Servicio Galego de Colocación.

f) Dispoñer de acceso a Internet e correo electrónico.

5.4. Ademais dos requisitos especificados no punto anterior, as entidades que desexen colaborar coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no programa información profesional, deberán acreditar experiencia en tarefas de intermediación no mercado laboral e xestión de bolsas de traballo.

5.5. Pola súa parte, as entidades que desexen colaborar coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no programa de orientación laboral e busca de emprego, deberán acreditar experiencia en materia de orientación profesional e laboral, motivación cara ó emprego, técnicas de busca de emprego, acompañamento para a inserción, selección de persoal e/ou valoración de postos de traballo.

5.6. Os centros que colaboren coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no desenvolvemento desta orde poderán levar a cabo as accións previstas no artigo 2º desta orde, as previstas no artigo 3º ou os dous tipos de actuación ó mesmo tempo, sempre que reúnan os requisitos esixidos nesta orde para a realización de destas accións.

Artigo 6º.-Solicitude.

6.1. As entidades que, reunindo os requisitos establecidos no artigo anterior, desexen obte-lo recoñecemento como centro colaborador do Servicio Galego de Colocación na área de información, orientación e busca de emprego, deberán formaliza-la correspondente solicitude segundo o modelo oficial que se xunta como anexo I á presente orde, subscrita polo titular ou representante legal da entidade, debidamente acreditado, e dirixida ó director xeral de Formación e Colocación.

6.2. As solicitudes irán xunto coa seguinte documentación:

a) Copia compulsada da escritura de constitución e dos estatutos da entidade.

b) Tarxeta de identificación fiscal.

c) Documentación acreditativa de representatividade suficiente para asina-la solicitude.

d) Título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e instalacións correspondentes.

e) Licencia municipal de apertura.

f) Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 5º:

-Planos do local, selados e asinados polo representante legal da entidade, con indicación expresa do despacho ou despachos que se dedicará á realización das accións de información e/ou orientación, tendo en conta que a entidade solicitante deberá dispor de tantos despachos como persoas se dediquen á estas tarefas.

-Facturas conformadas ou documentos que acrediten a existencia dun fax con liña dedicada, conexión ADSL, RDSI ou equivalente, protocolo de comunicación TCP/IP e acceso a Internet.

g) Proxecto-memoria das accións que se vaian realizar, no que deberán figurar, de xeito claro e facilmente identificables, os seguintes puntos:

1. Recursos técnicos, humanos e materiais requiridos.

2. Experiencia no desenvolvemento das accións solicitadas, detallando o tipo de accións realizadas, a metodoloxía empregada e o número de usuarios atendidos.

3. Xustificación da necesidade das accións.

4. Sistemas de avaliación dos servicios que se lles prestarán ós demandantes de emprego.

5. Currículum vitae suficientemente acreditado da persoa ou persoas propostas para a realización das accións (ver anexo I).

6. Porcentaxe de inserción laboral dos usuarios das accións de información, orientación e busca de emprego que a entidade prevexa acadar no período subvencionado.

h) Orzamento de gastos relativo ó custo do persoal técnico e do persoal de apoio, referido a un período de 12 meses, con indicación do número de persoas que se solicitan.

i) No caso de que a entidade solicitante desenvolva outras medidas de carácter ocupacional (formación profesional ocupacional, escolas obradoiro, obradoiros de emprego, asesoramento a emprendedores etc.), documentación suficiente que o acredite.

j) Declaración do conxunto de tódalas solicitudes de axudas presentadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades (anexo III).

k) Datos bancarios onde se desexe percibi-la subvención (anexo IV).

6.3. As entidades que no momento de presentar a súa solicitude posúan a condición de centros colaboradores do Servicio Galego de Colocación na área de información e/ou orientación e busca de emprego, estarán exentas de presenta-la documentación indi

cada nas letras a) b), c), d) e e) do número 2 deste artigo. No suposto de que se producira algunha modificación na documentación que consta en poder da Administración, estas entidades deberán remitir esta documentación convenientemente modificada.

6.4. Así mesmo, as entidades colaboradoras de titularidade dunha Administración pública estarán exentas da presentación do documento indicado na letra a) do número 2 deste artigo.

6.5. Se a solicitude presentada non reúne os requisitos establecidos nesta orde, faráselle un único requirimento ó interesado para que, no prazo de 10 días hábiles, emende o erro ou xunte os documentos preceptivos. De non facelo así, teráselle por desistido da súa petición, logo de resolución, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

6.6 As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1992, de modificacións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º.-Prazo.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 40 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 8º.-Criterios de adxudicación.

A adxudicación das subvencións previstas na presente orde ás entidades que reúnan os requisitos esixidos no artigo 5º, realizarase conforme os seguintes criterios de prioridade:

a) Cobertura existente dentro do Servicio Público de Emprego segundo a área funcional e/ou concello no que se sitúe a entidade, en relación co número de habitantes e demandantes de emprego de cada zona.

b) Experiencia acreditada da entidade solicitante no desenvolvementro das accións que solicite realizar.

c) No caso de que a entidade solicitante posúa no momento da solicitude a condición de centro colaborador do Servicio Galego de Colocación, valoración do traballo desenvolvido.

d) Desenvolvemento, por parte da entidade solicitante, de forma habitual e ordinaria, de tarefas de información e orientación profesional e laboral como actividade non lucrativa.

e) Desenvolvemento, por parte da entidade solicitante, doutras medidas de carácter ocupacional complementarias ás definidas nesta orde, de xeito que unha mesma entidade lles poida ofrecer ós demandantes de emprego a maior oferta de actua

cións ocupacionais necesarias, co fin de logra-la inserción e/ou mellora-las posibilidades de emprego dos usuarios atendidos.

f) Porcentaxe de inserción acadado cos usuarios do período anterior.

g) Ter abordado a prospección e o estudio do mercado de traballo da área funcional na que se sitúa a entidade.

Artigo 9º.-Tramitación.

9.1. A tramitación e instrucción dos expedientes realizarase na Dirección Xeral de Formación e Colocación conforme ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

9.2. O director xeral de Formación e Colocación, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, dictará resolución motivada, que lles será notificada ós interesados.

9.3 A resolución dos expedientes deberá producirse nun prazo de seis meses contados desde o día seguinte ó da entrada da solicitude no correspondente rexistro. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

9.4 A resolución que finaliza os procedementos regulados nesta orde esgota a vía administrativa, polo que contra elas se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdiccional competente, na forma e prazo previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciososo-administrativa.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do citado recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer recurso de reposición perante o mesmo órgano que dictou o acto administrativo, na forma e prazos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.

Artigo 10º.-Obrigas dos centros colaboradores.

Calquera centro colaborador do Servicio Galego de Colocación na área de información e/ou orientación e busca de emprego estará obrigado a:

a) Mante-las condicións relativas á instalación e estructura de medios necesarios para a realización das accións acordadas.

b) Presentar trimestralmente información relativa ás accións realizadas, na que constará sempre a sinatura dos participantes e do técnico/a orientador/a, e que se presentarán á Dirección Xeral de Formación e Colocación polos mecanismos que se establezan.

c) Remitir á oficina de emprego que lle corresponda a cada demandante, no prazo máximo de 3 meses, o expediente completo do usuario. Este expediente deberá conte-lo currículo asinado polo usuario, a fotocopia do seu DNI, os documentos relativos a calquera incidencia que se puidese dar no tratamento da demanda de emprego e as autorizacións necesarias para o efecto do establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa que a desenvolva. No caso de que o demandante de emprego realice algunha modificación nos seus datos, o centro terá igualmente a obriga de remitir esta modificación, asinada polo usuario e suficientemente acreditada, á oficina de emprego correspondente, no prazo máximo de 3 meses.

No caso de que a entidade colaboradora colabore coa Dirección Xeral de Formación e Colocación unicamente nas accións de orientación laboral e busca de emprego, o expediente completo dos usuarios atendidos deberán ser remitido ós servicios centrais do Servicio Galego de Colocación no mesmo prazo.

d) Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

e) Obte-lo consentimento do usuario para o tratamento automatizado dos seus datos persoais para os efectos da intermediación no mercado de traballo.

f) Adopta-las medidas técnicas e organizativas necesarias para garanti-la seguridade dos datos de carácter persoal e evita-la súa alteración, perda ou o tratamento non autorizado, de acordo co disposto na Orde do 5 de decembro de 1996, pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal.

g) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, ou polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

h) Poñer á disposición dos técnicos de información e/ou orientación tódolos medios materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das súas funcións e, en particular, os equipos informáticos precisos, así como acceso a Internet e correo electrónico.

i) Facilitar, no prazo máximo de 10 días, os datos que a Dirección Xeral de Formación e Colocación requira sobre o desenvolvemento e resultado das accións cos demandantes de emprego inscritos no Servicio Público de Emprego.

j) Utilizar axeitadamente as identificacións segundo as instruccións que estableza a Dirección Xeral de Formación e Colocación, e en todo caso, incluír en toda a documentación relativa ás accións de información e/ou orientación e busca de emprego , o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e da Xunta de Galicia (Consellería de Auntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).

k) Obter autorización previa por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación para a difusión publicitaria das accións previstas nos artigos 2º e 3º desta orde, así como tamén respecta-las instruccións e utiliza-lo modelo de anuncio ou cartel publicitario que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

l) Manter á disposición do Servicio Galego de Colocación o expediente completo correspondente ó usuario demandante de emprego durante o período en que se executen as accións.

m) Informa-la Dirección Xeral de Formación e Colocación, e se é o caso, solicitar autorización, previamente e por escrito, sobre calquera cambio que se puidera producir nos datos expresados polo centro no inicio da súa colaboración.

n) Informa-los usuarios dos servicios de información e/ou orientación e busca de emprego do cofinanciamento das accións por parte do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos.

o) Non percibir ningunha retribución económica dos usuarios pola realización das accións desenvolvidas en colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no marco desta disposición.

p) Informar previamente a Dirección Xeral de Formación e Colocación sobre se perciben compensacións económicas doutras administracións por levar a termo accións iguais ou análogas ás reguladas nesta orde.

q) Garda-lo segredo profesional respecto ós datos contidos nos ficheiros automatizados de titularidade da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou rexistrados en soportes físicos susceptibles de tratamento automatizado. Esta obriga subsistirá cando finalice a súa colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación, de acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e demais normativa que a desenvolva.

Os datos de carácter persoal obxecto do tratamento automatizado estarán sometidos, no que respecta á súa comunicación, ó disposto no artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

r) Facilitarlle información á persoa demandante de emprego do estado dos seus datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros automatizados, con calquera das formas expresadas no artigo 15.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

s) En caso de cese das súas actividades, perda da súa condición de centro colaborador co Servicio Galego de Colocación na área de información e/ou orientación e busca de emprego, ou que a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais lle suprimira este servicio, o centro remitirá os expedientes dos usuarios que estean vixentes ó centro ou entidade que lle indique a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

t) Todas aqueloutras obrigas que se desprendan do articulado da presente orde.

Artigo 11º.-Selección e contratación do persoal para a realización das accións.

11.1. A entidade colaboradora en materia de información e/ou orientación e busca de emprego, unha vez dictada resolución estimativa, realizará a preselección de técnicos, en todo caso titulados medios ou superiores, para o desenvolvemento das accións referidas nos artigos 2º e 3º da presente orde. Unha vez realizada esta preselección, a entidade colaboradora remitirá á Dirección Xeral de Formación e Colocación ou á delegación provincial correspondente, os currículum vitae das persoas preseleccionadas, suficientemente acreditado. Os técnicos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais examinarán os currícula presentados de acordo co baremo establecido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, e outorgaranlle o visto e prace, asinando unha acta de selección conxuntamente co representante da entidade colaboradora.

Unha vez asinada a acta de selección do persoal que realizará as accións e información e/ou orientación e busca de emprego, a entidade colaboradora pode proceder á contratación do persoal.

No caso de que entidades que xa colaboraran co Servicio Galego de Colocación no programa de información e/ou orientación e busca de emprego no exercicio 2003-2004 propoñan os mesmos técnicos que desenvolveron as accións descritas nesta orde no pasado exercicio, unicamente deberán facelo constar no proxecto-memoria segundo figura no anexo I.

11.2. O procedemento descrito no número 1 deste artigo non será de aplicación para a contratación de persoal de apoio.

11.3. Os técnicos seleccionados os que alude o número 1 deste artigo poderán ter relación previa contractual coa entidade beneficiaria ou non, e en todo caso, deberán posuí-lo título de diplomado ou licenciado universitario, preferentemente en psicoloxía, psicopedagoxía, pedagoxía, socioloxía ou educación social.

A entidade colaboradora deberá acredita-la experiencia do/s técnico/s seleccionados nas seguintes materias:

a) Para o persoal que desenvolva accións de información profesional, experiencia en materia de formación profesional e/ou ocupacional, intermediación laboral e xestión de bolsas de traballo.

b) Para o persoal que desenvolva accións de orientación laboral e busca de emprego, experiencia en materia de formación profesional e/ou ocupacional, orientación profesional e laboral, recursos humanos, motivación cara ó emprego, técnicas de busca de emprego, acompañamento para a inserción, ou outras disciplinas que garden relación directa co mercado laboral.

c) No dous casos previstos nas letras a) e b) anteriores, e no suposto de que a experiencia non poida ser acreditada, a selección realizarase en función das titulacións preferentes establecidas na alínea 1 do artigo 11.3, e, en todo caso, a persoa ou persoas seleccionadas deberán supera-los requisitos establecidos no baremo de selección existente ó respecto na Dirección Xeral de Formación e Colocación.

11.4. A Dirección Xeral de Formación e Colocación realizará, sempre que se coide necesario, a formación inicial dos técnicos seleccionados. Igualmente organizará, con medios propios ou alleos, o perfeccionamento e a actualización formativa dos técnicos que realizan as accións.

Capítulo IV

Contía das subvencións

Artigo 12º.-Contía.

12.1. As contías previstas nesta orde terán por obxecto subvenciona-las retribucións totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, por tódolos conceptos de persoal necesario para a execución das accións.

a) Para os técnicos, titulados superiores ou medios, as retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 26.704,25 euros por ano.

b) Para o persoal de apoio, as retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 18.692,97 A euros por ano.

12.2. Igualmente, subvencionarase ata un 10% do total da subvención aprobada, en concepto de gastos xerais, materiais, técnicos, axudas de custo e desprazamentos que se xeren polo desenvolvemento das accións recollidas nesta orde.

Os dereitos de explotación dos proxectos e productos financiados con cargo a esta orde serán cedidos á Dirección Xeral de Formación e Colocación, que será a garante da súa difusión e transferibilidade.

Neste sentido, e sempre que lle sexa requirido, o representante legal da entidade solicitante da subvención comprometerase por escrito a realizar esa cesión, de acordo cos requisitos establecidos no texto refundido da Lei de propiedade intelectual, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril.

Quedan excluídas da previsión establecida neste artigo, as actuacións sometidas ó ámbito de aplicación do réxime xurídico das contratacións coas administracións públicas.

12.3. As retribucións refírense á prestación de servicios a xornada completa. As retribucións acomodaranse proporcionalmente á xornada que se desenvolva no caso de que a prestación de servicios sexa a tempo parcial.

Artigo 13º.-Gastos imputables.

13.1. En relación co artigo anterior, a acreditación dos diferentes conceptos de gastos subvencionables realizarase achegando a seguinte documentación:

a) Retribucións de persoal.

-Copia autenticada do contrato.

-Copia autenticada do TC1 e TC2 correspondentes ós meses imputados.

-Copia autenticada das nóminas correspondentes ós meses imputados.

-Copia autenticada do impreso de liquidación nominal do IRPF.

-Copia do documento autenticado (transferencia bancaria ou cheque nominativo), que xustifique o pagamento das nóminas do persoal.

b) Gastos imputables ás accións realizadas en concepto de gastos xerais, materiais e técnicos necesarios.

Considéranse gastos imputables neste capítulo:

-Gastos de elaboración de material técnico.

-Gastos en material de oficina, impresos e material funxible.

-Gastos xerais para a realización das accións: alugueres (leasing excluído), seguros de responsabilidade civil, mantemento (se non está incluído no aluguer), subministración de enerxía eléctrica, auga, combustible para calefacción (se non está incluído no aluguer), comunicacións (teléfonos, correos...), limpeza, seguridade e vixilancia.

-Gastos que se orixinen por axudas de custo e desprazamentos necesarios para o desenvolvemento das accións, ata o máximo establecido para ambos conceptos pola Xunta de Galicia, ou polas normas legais ou regulamentarias, nos correspondentes convenios colectivos de aplicación, ou contrato de traballo. Se estas contías foran superiores, as máximas subvencionables con cargo a esta orde serán as estipuladas nas normas regulamentarias da Xunta de Galicia.

A acreditación deste bloque de gastos farase mediante as facturas correspondentes, orixinais ou copias compulsadas, tendo en conta que tódalas facturas presentadas como xustificantes deberán estar referidas de forma inequívoca á entidade subvencionada e ó período que abrangue a subvención.

13.2 Non terán a consideración de gastos imputables ás subvencións que se concedan con cargo á presente orde:

a) Gastos financeiros.

b) Gastos de asesoría.

c) Gastos relacionados co cumprimento dos requisitos para obte-la subvención.

d) Gastos de formación e/ou obtención de títulos ou cotas de colexios profesionais.

e) Os gastos imputados que foran documentados con facturas que non cumpran os requisitos legais aplicables

f) Calquera outro tipo de gasto que pola súa natureza ou relación co programa subvencionado non se corresponda co establecido nas letras a) e b) do punto 1 deste artigo.

Artigo 14º.-Forma de pagamento.

14.1. O aboamento da subvención realizarase do seguinte xeito:

a) Unha vez presentado, por parte da entidade colaboradora o certificado de inicio das accións (anexo V), a copia compulsada do contrato ou contratos do persoal que realizará as accións e o certificado de alta na Seguridade Social do dito persoal, e descontado, se é o caso, o período que a entidade solicitante non puidera xustificar por ter contratado con posterioridade á data establecida como inicio na resolución de concesión, aboarase o 35 por 100 da suma das subvencións do ano 2004 e 2005 da anualidade correspondente, en concepto de anticipo á conta da xustificación.

b) Cando a entidade colaboradora teña certificado e xustificado conforme o previsto no artigo 15º desta orde o 20 por 100 da suma das subvencións de 2004 e 2005 da anualidade correspondente, transferirase un 20%, sempre e cando a suma do anticipo anterior (35%) e o que se solicita (20%), sexa inferior o importe da subvención concedida para o ano 2004.

c) As entidades colaboradoras disporán do mes de xaneiro para presenta-la liquidación parcial da subvención, polo que deberán presenta-la xustificación de tódolos gastos realizados con cargo á subvención, ata o 31-12-2004 conforme o previsto no artigo 15º desta orde, e a Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá a liquida-lo importe que corresponda, de acordo coa xustificación presentada e cos anticipos percibidos pola entidade, correspondentes á subvención concedida para o ano 2004.

d) Unha vez finalizadas as accións, a entidade solicitante presentará liquidación final conforme o establecido nos artigos 14º e 17º desta orde, tendo en conta que só deberán xustifica-lo período comprendido entre o 1-1-2005 e o 31-3-2005, e por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación procederase a liquida-lo importe que corresponda, de acordo coa xustificación presentada pola entidade, correspondente coa subvención concedida para o ano 2005.

e) En todo caso, as certificacións e xustificacións presentadas polas entidades colaboradoras deberán axustarse ó disposto no artigo 15º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia

14.2. Poderanse aboar anticipos de ata o 50% da subvención concedida, unha vez que a entidade acre

dite o inicio das accións segundo o disposto na letra a) do punto 1 deste artigo, sempre que se constitúa unha garantía a favor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (Xunta de Galicia), nos termos e condicións sinalados no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de entidades locais, o anticipo a que se alude no parágrafo anterior terá como límite o 35% da subvención concedida.

Unha vez xustificado o importe total do anticipo concedido conforme o previsto no artigo 15º desta orde, e en todo caso durante o mes seguinte o de finalización da execucións das accións obxecto da subvención, a entidade colaboradora presentará liquidación final dos gastos realizados, no modelo que dipoña a Dirección Xeral de Formación e Colocación, consonte o establecido no artigo 17 desta orde.

14.3 Cando algunha das xustificacións non puidera presentarse dentro do ano natural do exercicio presupostario en que se concedeu a subvención, procederase a recoñece-la obriga con anterioridade ó 31 de decembro do dito ano natural e a realiza-lo pagamento unha vez presentada a xustificación, que en todo caso se corresponderá con accións e gastos realizados no exercicio en que se concedeu a subvención.

Artigo 15º.-Requisitos para o aboamento.

15.1. Antes de proceder ó cobramento das subvencións establecidas nesta orde, as entidades beneficiarias, se é o caso, terán que acreditar que se atopan ó día nas súas obrigas tributarias e sociais, e no pagamento das súas obrigas coa Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización, segundo o modelo anexo II, para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas.

15.2. Unha vez finalizadas tódalas actividades, as entidades beneficiarias deberán acreditar mediante certificación selada e asinada polo representante da entidade, a realización das accións descritas.

15.3. Así mesmo, finalizadas as accións, e antes de proceder ó último pagamento, a entidade beneficiaria deberá presentar unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades (anexo III).

Artigo 16º.-Prazo de execución das accións.

16.1 As accións poderanse executar ata o 31 de marzo do ano natural seguinte ó da súa concesión. Neste caso, o proxecto conxunto de actuacións deberá terse iniciado antes do 31 de decembro do exercicio no que se concedeu a subvención.

16.2. No suposto anterior, procederase a imputar á anualidade futura as accións e os gastos que se devenguen desde o 1 de xaneiro ó 31 de marzo do ano natural seguinte ó da concesión da subvención.

Artigo 17º.-Liquidación final.

17.1. Antes do 31 de xaneiro de 2005, a entidade colaboradora presentará liquidación dos gastos realizados correspondente á subvención concedida para o ano 2004 no modelo que figura como anexo V á presente orde, xunto coa documentación especificada no artigo 13º.1 desta orde.

17.2. Antes do 30 de abril de 2005, a entidade colaboradora presentará liquidación dos gastos realizados correspondente á subvención concedida para o ano 2005 no modelo que figura como anexo VI á presente orde, xunto coa documentación especificada no artigo 13º.1 desta orde.

Igualmente deberá presentar memoria das accións realizadas durante a totalidade do período subvencionado, con especificación dos demandantes de emprego atendidos en cada unha delas.

17.3 Ás entidades que, transcorridos os prazos especificados nos números 1 e 2 anteriores, non presentasen a documentación de xustificación final dos gastos, poderá serlles esixido o reintegro das cantidades percibidas en concepto de anticipo, consonte o disposto no artigo 19º desta orde.

En caso de que calquera das xustificacións presentadas fose incorrecta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle de que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclama-lo reintegro, total ou parcial, da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo V

Seguimento e control

Artigo 18º.-Seguimento das accións.

18.1. Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, a Consellería de Asuntos Socias, Emprego e Relacións Laborais poderá realiza-las comprobacións e verificacións que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normativas vixentes que resulten de aplicación.

Así mesmo, as delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderán realizar comprobacións e verificacións, presenciais e aleatorias co obxecto de avaliar cuantitativa e cualitativamente o desenvolvemento das accións previstas na presente orde en calquera das entidades beneficiarias da subvención.

No caso de levarse a cabo visitas de seguimento por parte da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, os centros colaboradores na área de información e/ou orientación e busca de

emprego, facilitarán o acceso ás instalacións nas que se realizan as accións, así como toda a documentación de carácter técnico, administrativo, informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles solicite.

Nas visitas de seguimento elaborarase un informe que asinarán o responsable da visita e o responsable da entidade. A sinatura do responsable da entidade non implicará a conformidade co contido do informe.

18.2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, o incumprimento dalgunha das obrigas sinaladas nesta orde, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 19º.-Reintegro das subvencións.

19.1. Procederá o reintegro das cantidades percibidas nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustifica-la realización da actividade.

b) Incumprimento da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) Incumprimento por parte da entidade colaboradora das obrigas sinaladas nesta orde.

d) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos nesta orde ou na normativa que a desenvolva.

19.2. Así mesmo, procederá o reintegro por parte da entidade colaboradora das cantidades que excedan da contía que se percibirá polas accións realizadas, unha vez deducidas outras subvencións ou axudas recibidas pola entidade colaboradora para a mesma finalidade, e en todo caso observarase o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 20º.-Participación institucional.

A participación dos axentes sociais para os efectos do Servicio Galego de Colocación efectuarase a través do Comité Autonómico de Emprego.

Disposicións adicionais

Primeira.-As accións incluídas nesta orde, financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que figuran nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2004: 16.05.241A.482, cun importe de 4.404.123,39 A euros na anualidade de 2004, e 4.113.773,3 A euros na anualidade de 2005, 16.05.241A.460, cun importe de 607.374,09 A euros na anualidade de 2004, e 597.456,3 A euros na anualidade de 2005, 16.05.241A.440, cun importe de 407.207,52 A euros na anualidade de 2004, e 398.393,1 A euros na anualidade de 2005,

16.05.241B.480.2, cun importe de 158.501,78 A euros na anualidade de 2004, e 238.000 euros na anualidade de 2005, 16.05.241B.471.0 cun importe de 279.129,81 A euros na anualidade de 2004, e 325.800,3 A euros na anualidade de 2005, 16.05.241B.472.0 cun importe de 296.725,84 A euros na anualidade de 2004, e 238.000 euros na anualidade de 2005, 16.05.241B.480.1, cun importe de 219.762,12 A euros na anualidade de 2004, e 318.962 euros na anualidade de 2005, 16.05.241B.461.0, cun importe de 203.084,14 A euros na anualidade de 2004, e 169.190,7 A euros na anualidade de 2005.

Estas consignacións estarán supeditadas ás modificacións orzamentarais que se poidan realizar como consecuencia de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado.

Segunda.-A concesión das subvencións terá como límite global o crédito asignado para este fin nos orzamentos xerais da da Comunidade Autónoma de cada ano, e o límite dos compromisos plurianuais que se adquiran ó abeiro do artigo 58.1º.b do Decreto lexislativo 1/1999, de 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, logo da autorización do compromiso plurianual por parte do Consello da Xunta.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais no director xeral de Formación e Colocación para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñece-la obriga e propoñe-los correspondentes pagamentos

Cuarta.-En todo o non disposto nesta disposición, será de aplicación a normativa do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais relativa ó programa de información, orientación e busca de emprego.

Quinta.-A presentación da solicitude para concorrer ás subvencións previstas nesta orde suporá a aceptación expresa de tódalas obrigas e condicións derivadas das bases recollidas no articulado da orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Formación e Colocación para que dicte, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2004.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais