DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 11 de febreiro de 2004 Páx. 1.761

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 435/2003, do 27 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en xestión do transporte.

Advertidos erros, no anexo do citado decreto, publicado no DOG nº 246, do venres, 19 de decembro de 2003, cómpre efectua-las oportunas correccións:

* Na páx. 15.698, onde di: «Contidos (duración 185 horas)», debe dicir: «Contidos (duración 210 horas)».

* Nas páxinas 15.699 e 15.700, todo o punto correspondente ós »Contidos conceptuais« do módulo 1: «Xestión administrativa do transporte».

Debe ser sustituído polo que segue:

«O sector do transporte:

K Contorno e estructura do sector.

K Indicadores macroeconómicos e microeconómicos do sector.

K Clases de transporte: viaxeiros e mercadorías.

K Actividades auxiliares: axencias, almacéns-distribuidores e transitarios.

K Actividades auxiliares no transporte de viaxeiros: axencias de viaxe, estacións, arrendamento de vehículos sen conductor.

K Organismos que regulan a actividade do transporte.

K Organizacións e federacións de empresas de transporte.

Elementos de dereito mercantil:

K O transportista como empresario mercantil.

K A sociedade mercantil e a suspensión de pagamentos e quebra.

Lexislación reguladora da actividade no sector do transporte nas súas modalidades:

K Marco legal do transporte terrestre en España:

-A Lei de ordenación do transporte terrestre (LOTT).

-Regulacións da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de transporte.

-Convenios e regulamentos do transporte por estrada e ferrocarril.

K Aspectos xurídicos internacionais do transporte multimodal:

-O Convenio de Xenebra.

-Coñecemento de embarque da FIATA.

-Normativas e regulacións da Unión Europea.

K Principais leis e convencións que regulan o transporte aéreo.

-Convenio de Varsovia, Protocolo da Haia no ámbito internacional. LNAE no español.

-Organizacións que interveñen no transporte aéreo.

K Convenios e principais disposicións que regulan o tráfico marítimo

-Regras de Hamburgo e A Haia, no ámbito internacional. LNME-CC no marítimo español.

-Normativa internacional.

Normativa fiscal aplicable ó inmobilizado no sector do transporte:

K Normas de valoración do inmobilizado

K Normas para a amortización do inmobilizado das empresas de transporte.

K Normas sobre provisións para grandes reparacións no sector marítimo e aéreo.

K Efectos das normas fiscais sobre provisións e amortizacións no resultado da empresa.

K O IVE e o inmobilizado.

-Concepto e réximes.

-Tratamento do IVE na compravenda do inmobilizado.

K O leasing como forma de financiamento do inmobilizado.

K Tributos, peaxes ou canons sobre a adquisición dos vehículos de transporte ou por utilización de determinadas instalacións.

A contratación de servicios de transporte:

K O contrato en xeral. Nocións básicas do contrato de compravenda, arrendamento, comisión mercantil e depósito.

K O contrato de transporte: regulación legal.

K Perfección, formalización e a proba do contrato de transporte.

K Execución do contrato e a responsabilidade do transportista.

K Reclamacións. Xuntas arbitrais do transporte terrestre. Efectos do laudo arbitral.

K Tipoloxía e marco xurídico:

-Transporte combinado e sucesivo.

-Contrato CMR (transporte internacional de mercadorías por estrada).

-Declaracións de porte (estrada estatal) CC.

-Coñecemento de embarque marítimo internacional e nacional (Bill of Lading: BL).

-Coñecemento aéreo internacional e nacional.( Air Way Bill AWB).

-Carta de porte internacional (ferrocarril internacional), aplicando as regras CIM.

-Carta de porte nacional CC (ferrocarril estatal).

K A mediación no contrato de transporte e a colaboración entre transportistas e as súas limitacións.

O transporte de viaxeiros:

K O contrato mercantil de transporte terrestre de viaxeiros e o contrato de transporte combinado.

K Reclamacións. Xuntas arbitrais. Efectos do laudo arbitral.

O seguro nos medios de transporte:

K Noción elemental de seguro e elementos fundamentais.

K O contrato de seguro.

Concepto. Elementos persoais. Documentos do contrato: tipos de póliza e outros documentos. Duración, prescripción e renovación. Obrigas das partes. A prima de seguro. Riscos asegurables e non asegurables. Indemnización.

K O seguro de responsabilidade civil, de transportes terrestres e o seguro obrigatorio de viaxeiros.

K Declaración de accidentes, atestado e probas.

Facturación de servicios de transporte: tarifas.

K Concepto e normativa aplicable.

K Sistemas de tarifación nas distintas modalidades de transporte: modalidades e requisitos de facturación...

K Dereitos do transportista en caso de non pagamento.

K Descontos e bonificacións.

K IVE aplicable ós servicios de transporte.

K Tarifas de referencia.

O prezo no transporte de viaxeiros:

K Transporte regular: réxime legal de tarifas. Tarifa concesional. Descontos.

K Transporte discrecional: facturación.

Xestión comercial e financeira:

K A letra de cambio. O cheque. A obriga de pagamento. O crédito bancario. O desconto.

K Concepto e contido dos contratos de fianza, hipoteca, de leasing, de renting, de factoring, etc.

K O balance e a conta de perdas e ganancias.

K Os ratios financeiros e o orzamento: contido, tipos, características.

Análise de custos de explotación nas empresas de transporte: métodos e procedementos:

K Métodos básicos.

K Introducción á contabilidade analítica.

-Centros de custos en empresas de transporte.

-Gastos de explotación segundo a natureza.

-Custos fixos e variables.

-Custos directos e indirectos.

-O método do custo directo.

-Amortización técnica dos medios de transporte.

-Análise dos resultados analíticos: aplicacións de xestión.

K O imposto sobre a renda das persoas físicas: concepto e aspectos que cómpre ter en conta.

K O imposto sobre sociedade: concepto e aspectos que cómpre ter en conta».

* Na páx. 15.706, onde di: «Contidos (duración 200 horas)», debe dicir: «Contidos (duración 215 horas)».

* Nas páxinas 15.707 e 15.708, todo o punto correspondente ós «Contidos conceptuais» do módulo 4: «Planificación e xestión da explotación do transporte terrestre»:

Debe ser sustituido polo que segue:

«Xeografía.

K Xeografía vial: infraestructura, rutas e ámbito de aplicación.

K Xeografía ferroviaria: infraestructura, rutas e ámbito de aplicación.

Regulamentación do transporte terrestre de mercadorías e viaxeiros.

K O exercicio da actividade de transportista.

-Acceso ó mercado: transporte interior e internacional.

-Autorizacións.

-Outorgamento, visado e domiciliación das autorizacións.

K Transportes especializados.

-Transporte de mercadorías perigosas: regulamentación, documentación, normas de conducción e circulación, sinalización dos vehículos, envase, carga e descarga, normas no caso de accidente ou avaría, e riscos e prevencións de materias perigosas.

-Transporte de mercadorías perecedoiras: normativa aplicable, transporte de alimentos e tipos de vehículos.

-Transporte de animais vivos: normativa aplicable, tipos de vehículos.

K O regulamento do transporte de viaxeiros.

- Transporte discrecional de viaxeiros en autobús.

-Transportes regulares permanentes, temporais e de uso especial.

-Transporte discrecional.

K Documentos concernentes á realización do servicio de transporte.

Normativa de seguridade vial.

K O permiso de conducción: clases, características, vixencia...

K Análise e aplicación das normas aplicables en materia de circulación dos vehículos.

K Elementos que afectan á seguridade na conducción.

K Transporte escolar

K Responsabilidades.

K Prevención de accidentes.

-Formación e revisión periódica.

-O tacógrafo.

-Tempos de conducción e descanso.

-Infraccións e sancións.

Planificación do servicio de transporte terrestre.

K A demanda do servicio. Parámetros que interveñen.

K A planificación: fases e características. Planificación e dirección estratéxica.

K Características do transporte por estrada e ferrocarril. Relación medio/carga.

Afectación das dispoñibilidades en función da demanda. Capacidade de transporte dos diferentes medios: normativa reguladora e dimensións e características dos medios.

K A loxística empresarial. Sistema loxístico e os fluxos de materiais e productos. Necesidades de transporte: Métodos de cálculo. A determinación das rutas dos vehículos e tamaño das flotas.

K Métodos de planificación de rutas e itinerarios.

-Elementos que interveñen.

-A elección de itinerario.

-Puntos de carga, paso e destino.

-Restriccións de circulación.

-O método PERT. O camiño crítico.

K Viaxeiros, mercadorías e cargas. Características en relación co servicio.

-Métodos de carga e estiba: principios básicos, regras de carga, regras de estiba e casos especiais.

-Manipulación da mercadoría.

-Transporte de mercadorías que requiren precaucións especiais.

-Limitacións segundo o código de circulación.

-Infraccións e sancións.

K Métodos de planificación de prazas e cargas.

-Regulamentación sobre a ocupación máxima de viaxeiros.

-Óptimo aproveitamento de espacios nos medios.

-Réxime de carga completa e carga fraccionada.

-Análise dos puntos de carga/descarga.

K A documentación de tráfico.

-Normativa reguladora.

-Documentación relativa ó medio.

-Documentación relativa á mercadoría.

-Documentación relativa ó conductor: permisos e tarxetas.

-Notas e instruccións técnicas.

K Lexislación vixente sobre pesos e dimensións.

Métodos de control das operacións de transporte terrestre de mercadorías e viaxeiros.

K Control de operacións por estrada.

-A inspección: funcións, réxime de actuación e ámbito de aplicación.

-Distintivos dos vehículos

-Réxime sancionador: infraccións, tarifación, prescrición das sancións e procedemento sancionador.

K Control das operacións por ferrocarril: inspección e réxime sancionador.

K Informes de control.

-Estructura e compoñentes do informe.

-Tipos.

K Normativa aplicable.

Os medios e equipos de transporte terrestre de mercadorías e viaxeiros.

K Os vehículos.

-Tipoloxía.

-Esquemas e diagramas funcionais.

-Parámetros que definen a capacidade dos diversos medios.

-Características técnicas en relación co servicio.

-Requisitos para a obtención de autorizacións especiais.

K Parámetros que definen a dispoñibilidade do servicio.

-Taxas de avarías.

-Tempo medio entre fallos.

-Vida útil do medio.

K Inspección e control do estado dos medios.

-A ITV

-Informes de mantemento.

-Control de mantemento.

-Regras elementais que hai que ter en conta na elaboración de plans de mantemento.

K Límites de contaminación

K Protección física da mercadoría:

-Envases e embalaxes: finalidade e criterios que hai que ter en conta para a súa clasificación e selección.

-Procedementos e consignas para a carga e estiba de mercadorías.

K O transporte intermodal: concepto, tipos e características dos contedores e palés. Normativa que cómpre ter en conta.

K Instalación e equipos auxiliares ó transporte.

K A instalación de equipos de seguridade.

K Novas tecnoloxías aplicadas á manipulación das mercadorías».

* Na páx. 15.709, onde di: «Contidos (duración 130 horas)», debe dicir: «Contidos (duración 105 horas)».

* Na páx. 15.712, onde di: «Contidos (duración 200 horas)», debe dicir: «Contidos (duración 185 horas)».

* Nas páxinas. 15.725 e 15.726, no punto 4.5. Distribución horaria,

-Onde di: «185 horas para o módulo xestión administrativa do transporte», debe dicir: «210 horas».

-Onde di: «130 horas para o módulo de almacenaxe de productos», debe dicir: «105 horas».

-Onde di: «200 horas para o módulo de planificación e xestión da explotación do transporte terrestre», debe dicir: «215 horas».

-Onde di: «200 horas para o módulo de comercialización do servicio de transporte», debe dicir: «185 horas».