DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 10 de febreiro de 2004 Páx. 1.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2004, complementaria da do 30 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2004, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Con

cello de Vilagarcía de Arousa e realizada -por petición do concello- a oportuna rectificación pola delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra, en Vigo, cómpre face-la correspondente rectificación na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 220, do mércores 12 de novembro de 2003, así:

-No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 13.974, onde di: «61. Vilagarcía de Arousa: 22 de maio, Santa Rita; 16 de agosto, San Roque», debe dicir: «61. Vilagarcía de Arousa: 24 de maio, Santa Rita; 16 de agosto, San Roque».

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA