DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 09 de febreiro de 2004 Páx. 1.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2004 pola que se designa secretario da comisión de selección dos participantes no curso para a obtención do diploma de directivo, convocado mediante Resolución do 10 de decembro de 2003.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13 de xaneiro) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6 de outubro), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes a participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un secretario, que deberá ser un funcionario destinado na Escola Galega de Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Manuel Braña Gutiérrez como secretario da comisión que levará a cabo a selección dos participantes no curso para a obtención do diploma de directivo, convocado mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 10 de decembro de 2003.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública