DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 09 de febreiro de 2004 Páx. 1.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2004 pola que se designan vocais da comisión de selección dos participantes no curso para a obtención do diploma de directivo, convocado mediante Resolución do 10 de decembro de 2003.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro

(DOG nº 9, do 13 de xaneiro) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6 de outubro) polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúa a selección dos aspirantes a participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un profesor das universidades de Galicia e por un funcionario que estea en posesión do diploma de directivo. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes no curso para a obtención do diploma de directivo, convocado mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública, do 10 de decembro de 2003, as seguintes persoas:

-María Teresa Carballeira Rivera, profesora titular de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

-Manuel Martínez Oubiña, secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública