DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 2004 Páx. 1.623

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2004 pola que se dispón que cese Víctor Manuel Cabrera Sánchez como xerente desta universidade.

Actuando de conformidade co establecido no artigo 65.1º dos estatutos desta universidade, aprobados

polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro, e modificados polos decretos 245/1998, do 30 de xullo, e 41/2000, do 25 de febreiro.

RESOLVO:

Oído o Consello Social, que cese Víctor Manuel Cabrera Sánchez como xerente da Universidade da Coruña con efectos económicos e administrativos do

día 21 de xaneiro de 2004, manifestándolle expresamente o recoñecemento polo labor realizado durante o desempeño do seu cometido.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2004.

José María Barja Pérez

Rector da Universidade da Coruña

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA