DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 2004 Páx. 1.618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira.

Visto o expediente do calendario laboral do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros

de madeira que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-1-2004, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Industrias da Madeira (rematantes e serradoiros de madeira), e da parte social pola UGT, CIG e CC.OO. o día 22-12-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso

de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2004.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio de serradoiros e remantates

da provincia da Coruña 2004

Acta nº 1

Asistentes:

-Parte empresarial:

Benito García Sánchez.

Lino Raña Ferreiro.

José Manuel Cajaraville Varela.

Manuel Bouzas Collazo.

-UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Jesús María Calvo Romero.

Celestino Pérez Vázquez.

-CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

Argimiro González Pérez.

-CIG:

Vicente Moreira Sobrido.

-Letrado-asesor:

Carlos Puga Trigás.

En Santiago de Compostela, sendo as dezasete horas do día vintedous de decembro de dous mil tres, reúnense os membros da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de rematantes e serradoiros da madeira para o ano 2004.

Acordan ámbalas dúas partes que o letrado-asesor Carlos Puga Trigás actúe como secretario, sen que se considere preciso o nomeamento de presidente.

A parte dos traballadores está representada polas centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG.

Pola parte empresarial asisten os representantes da Asociación Provincial de Industrias da Madeira (rematantes e serradoiros) que asocia as empresas afectadas polo ámbito deste convenio, sendo a única asociación representativa do sector.

Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente a capacidade para negocia-lo convenio de eficacia xeral, polo que acordan dar por constituída a comisión negociadora do convenio. Así mesmo, acórdase que nas reunións que se celebren a moderación das intervencións efectuarana as partes a través do uso alternativo da palabra.

Aberta a sesión, decídese en primeiro lugar debate-lo tema do calendario laboral que deberá de rexer durante o ano 2004. Despois dunha ampla deliberación, acórdase por unanimidade que o referido calendario comprenderá un total de mil setecentas sesenta e oito (1.768) horas efectivas de traballo, de acordo coa desagregación e detalle que se xunta no cadro anexo a esta acta.

En consecuencia, páctanse como festivos de convenio para o ano 2004 os seguintes días:

-2 e 5 de xaneiro.

-24 de febreiro.

-12 de abril.

-11 de outubro.

-7, 24 e 31 de decembro.

Ámbalas partes deciden que este acordo entrará en vigor na data da súa sinatura con efectos a partir do día 1 de xaneiro de 2004, con independencia da data da súa publicación oficial.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión ás dezaoito horas da data enriba sinalada, asinando en conformidade a totalidade dos asistentes.