DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 06 de febreiro de 2004 Páx. 1.611

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de decembro de 2003 pola que se convocan as axudas para o ano 2004 correspondentes ós programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servicios ó cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se actualizan as bases correspondentes aprobadas polas ordes do 22 e 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril, 13 e 15 de maio).

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 6, do luns, día 12 de xaneiro de 2004, cómpre face-la seguinte corrección:

1. Na páxina 358 onde di:

«Segundo.-Co fin de contribuír a palia-las consecuencias do accidente do buque Prestige, terán interese prioritario, sempre que reúnan as condicións de calidade requiridas, os proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica dos Programas de Recursos Mariños (anexo II) e Biodiversidade e Recursos Forestais (anexo III) que aborden aspectos relacionados con aquel».

Debe dicir:

«Segundo.-Co fin de contribuír a palia-las consecuencias do accidente do buque Prestige, terán interese prioritario, sempre que reúnan as condicións

de calidade requiridas, os proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica dos programas de Recursos Mariños (anexo II), Biodiversidade e Recursos Forestais (anexo III), Tecnoloxías da Alimentación (anexo VI), Tecnoloxías Ambientais (anexo VII) e Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial (anexo XI) que aborden aspectos relacionados con aquel».

2. Na páxina 363, engádese un novo punto co seguinte contido:

«Quinto.-Os solicitantes dalgunha das axudas que se convocan nesta orde que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin a autorización para o libramento dos ditos fondos que será emitida polo responsable do organismo de que depende o dito hospital».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL