DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 2004 Páx. 1.540

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2004 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 19 de xaneiro de 2004 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (Diario Oficial de Galicia nº 15, do 23 de xaneiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o 30 de xaneiro na sala E da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia da directora xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución.

Conforme o resultado del, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2004, empezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra D.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública