Advertidos erros na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 251, do 29 de decembro de 2003, efectúanse as seguintes correccións:
Na páxina 16.096, no segundo parágrafo da exposición de motivos, onde di: «... están concibidos tanto ó reforzamento do investimento ...», debe dicir: «... están concibidos tanto o reforzamento do investimento ...». Onde di: «... iniciativa empresarial, coma ós intentos ...», debe dicir: «... iniciativa empresarial, coma os intentos ...».
Na páxina 16.097, no cadro do artigo 2.Dous: onde di: «34 - Benestar comunitario 186.592.514», debe dicir: «34 - Benestar comunitario 186.552.790». Onde di: «61 - Agricultura, gandería e pesca 349.960.346», debe dicir: «61 - Agricultura, gandería e pesca - 350.000.070».
Na páxina 16.099, no cadro do artigo 3.Dous, onde di: «Obras e Servicios Hidráulicos - 3.207.000 68.183.000», debe dicir: «Obras e Servicios Hidráulicos - 3.207.000 - 68.163.000».
Na páxina 16.116, no cadro do anexo 1, onde di: «Pesca e Asuntos Marítimos (outras) - 667.331 666.791», debe dicir: «Pesca e Asuntos Marítimos (outras) - 667.331 - - 667.331».
Na páxina 16.116, no cadro do anexo 2, onde di, «Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais - 24.927,692 - 4.927,69», debe dicir: «Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais - 24.927,69 - 24.927,69».
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA