DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2004 Páx. 1.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2004 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

Con data do 26 de xaneiro, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 22 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de esta

blecer liñas de financiamento subsidiadas para pequenas e medianas empresas, someténdose ó establecido no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Igape e as entidades financeiras

Antecedentes.

O presente convenio, asinado dunha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández e, doutra parte, por..., (en diante, a entidade financeira) representado por.... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Conscientes do importante papel que para o relanzamento da actividade económica desempeñan as pequenas e medianas empresas, faise preciso desenvolver un conxunto de accións integradas tendentes ó reforzamento da súa actividade, coa finalidade de conseguir un crecemento equilibrado e sostido.

Arbítranse, desta maneira, dentro do programa de investimentos en activos fixos, dous tipos de operacións específicas de axuda:

1. Operacións de préstamo destinadas ó financiamento directo de investimentos (en diante, operacións tipo A).

2. Operacións de préstamo destinadas a achegas ó capital de sociedades mercantís, os fondos dos

cales destine a sociedade mercantil á adquisición de investimentos (en diante, operacións tipo B).

Consistindo a axuda en todos eles na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que se concerten coas entidades financeiras asinantes e acollidos ó presente convenio.

Os devanditos préstamos poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes

Cláusulas

Cláusula 1ª.-Obxecto, volume global de préstamos que se subsidiarán e dotación orzamentaria.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade financeira e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose as partes na totalidade ó establecido no mencionado Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

O volume global de préstamos que se subsidiarán para o ano 2004 non poderá superar 80 millóns de euros. Para os anos 2005 e 2006, o Igape determinará e publicará no Diario Oficial de Galicia o importe global de préstamos que se subsidiarán.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo ós orzamentos do Igape para os anos 2004, 2005 e 2006 e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente. Para o ano 2004, as axudas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.01/01/13.656700 cun crédito plurianual de 1.202.451,89 euros para o ano 2004, de 4.408.990,26 euros para o ano 2005 e de 2.404.903,77 euros para o ano 2006 e 02.01.01/02/01.656700 cun crédito plurianual de 61.750,12 euros para o ano 2004, de 226.417,10 euros para o ano 2005 e de 123.500,24 euros para o ano 2006.

Para os anos 2005 e 2006, o Igape publicará no Diario Oficial de Galicia o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas e as partidas orzamentarias asignadas ó seu financiamento, condicionándose á dita publicación a concesión das axudas.

As axudas financeiras que se concedan ó abeiro deste convenio poderán estar cofinanciadas con fondos Feder.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

1. Os beneficiarios das axudas previstas no presente convenio deberán te-la consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Euro

pea do 3 de abril de 1996. Para estes efectos, entenderase por PEME a unidade económica con personalidade, física ou xurídica, que reúna os seguintes requisitos:

-Que empregue menos de 250 persoas,

-Que o seu volume de negocios anual non exceda de 40 millóns de euros ou que o seu balance xeral anual non exceda de 27 millóns de euros,

-E que cumpra o criterio de independencia tal como se define no número 3.

2. Dentro da definición de PEME anterior, entenderase por pequena empresa a que:

-Empregue menos de 50 persoas,

-Que o seu volume de negocios anual non exceda de 7 millóns de euros ou que o seu balance xeral anual non exceda de 5 millóns de euros,

-E que cumpra o criterio de independencia tal como se define no número 3.

3. Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME ou de pequena empresa, segundo o caso. Este límite poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou a investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quén o posúe e se a empresa declara que pode lexitimamente presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME ou de pequena empresa, segundo o caso.

4. Para o cálculo dos límites recoliidos nos puntos 1 e 2 engadiranse as cifras correspondentes da empresa beneficiaria e de tódalas empresas nas que posúa directa ou indirectamente o 25% ou máis do seu capital ou dos dereitos de voto.

Os solicitantes deberán acredita-la condición de pequena ou mediana empresa segundo o formulario establecido no anexo VI a este convenio.

5. As empresas que presenten solicitudes de axuda para préstamos iguais ou superiores a 600.000 euros deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións de estabilidade laboral en relación ós centros de traballo radicados en Galicia:

a) Empresas existentes: alomenos o 40% do seu cadro de persoal, o 31 de decembro do ano anterior ó da presentación da solicitude no Igape, teña contratos por tempo indefinido.

Igualmente deberán comprometerse a acadar, como mínimo, a mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de se-lo caso, deriven do proxecto.

b) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar e manter, como mínimo, o 40% de estabilidade laboral, nos prazos establecidos na cláusula 7ª.

Para os efectos deste convenio enténdese por empresa de nova creación, aquela que fora constituída con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano anterior ó da presentación da solicitude no Igape ou, para o caso de empresarios individuais, que iniciaran a súa actividade empresarial con posterioridade a tal data.

6. Os beneficiarios das axudas para operacións de tipo B da cláusula 7.2 deste convenio serán tanto os socios, actuais ou futuros, de sociedades mercantís que subscriban a achega de capital, como a sociedade mercantil. Os socios poderán ser persoas físicas ou xurídicas que cumpran a condición de PEME, non resultando necesario que desenvolvan as actividades incentivables establecidas na cláusula 4ª. A sociedade mercantil deberá desenvolver algunha das actividades incentivables establecidas na cláusula 4ª, ademais de cumpri-la condición de PEME.

En caso de que durante a vixencia deste convenio a Unión Europea establecese unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias deberán realizar ou ter realizado o proxecto investidor en Galicia. Non embargante, tamén poderán acollerse a estas axudas as empresas radicadas en Galicia que realicen investimentos no resto de España, destinadas ó establecemento ou ampliación de redes comerciais ou de distribución propias, sempre que, a xuízo do Igape, teñan individual ou sectorialmente un interese estratéxico.

Cláusula 4ª.-Actividades incentivables.

Considéranse incentivables as actividades económicas relacionadas no anexo I.

As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente ós límites e condicións establecidos nelas.

Cláusula 5ª.-Modalidade da axuda.

A axuda consistirá na subsidiación ós tipos de xuro dos préstamos concertados ó abeiro do presente convenio.

Cláusula 6ª.-Entrada en vigor e prazo de presentación de solicitudes.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo para a presentación de solicitudes de prés

tamo e subsidiación na entidade financeira será o seguinte:

-Para o ano 2004, desde a data de entrada en vigor ata o 30 de novembro dese ano.

-Para o ano 2005, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

-Para o ano 2006, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

Cláusula 7ª.-Obxecto e condicións do programa de axudas.

7.1. Operacións tipo A.

7.1.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamos destinadas ó financiamento directo de investimentos teñen por obxecto a subsidiación ós tipos de xuro daquelas operacións de préstamos que financien proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos fixos adquiridos a terceiros, dirixidos á mellora da competitividade das Pemes.

7.1.2. Condicións:

1. Condicións de creación de emprego:

O proxecto investidor deberá supoñe-la creación de emprego e o emprego efectivo comprometido deberá manterse durante o prazo de dous anos nos seguintes casos:

-Para pequenas empresas que presenten solicitudes de axuda para préstamos iguais ou superiores a 600.000 euros e,

-Para medianas empresas, calquera que sexa o importe do préstamo solicitado.

Para o resto dos casos non será requisito a creación de emprego, aínda que se o proxecto supón a creación de emprego, aplicaránselle os beneficios establecidos por este concepto neste convenio.

Para os efectos da determinación da creación de emprego teranse en conta os seguintes criterios:

a) Partirase do número de postos de traballo existentes o 31 de decembro do ano anterior ó da presentación da solicitude da axuda no Igape, a partir do cal se computará a creación de emprego.

b) A creación de emprego terase que realizar ou contratar entre o período que media desde o 1 de xaneiro do ano da presentación da solicitude de axuda no Igape e ata 4 meses despois da data de execución do proxecto (data inicial de cómputo). Enténdese por data de execución do proxecto a do último xustificante de pagamento do investimento.

c) O emprego efectivo comprometido manterase durante dous anos desde a data inicial de cómputo.

d) Para os efectos deste convenio computaranse para a creación e mantemento de emprego os tra

balladores por conta allea. Así mesmo poderanse admitir, independentemente do réxime aplicable da Seguridade Social de acordo coa lexislación laboral vixente, aqueles traballadores por conta propia que sexan os titulares da actividade ou socios ou administradores da empresa titular, considerando o emprego por conta propia como emprego fixo.

2. Conceptos de investimento subvencionable:

Os conceptos de investimento subvencionable serán, exclusivamente, os que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e acometidas de servicios.

-Urbanización e obras exteriores necesarias para o proxecto.

-Obra civil.

-Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, agás plantas de coxeración de enerxía.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais. Para as empresas que teñan por actividade principal a de transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, só será subvencionable a renovación da flota.

-Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

* Bens usados: unicamente en inmobles e barcos de pesca.

* Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas, propiedade industrial e propiedade intelectual, incluídos os gastos de investigación e desenvolvemento (I+D).

Respecto dos activos anteriores, aplicaranse os seguintes límites:

-Se o proxecto presentado inclúe investimento inmaterial, este non será superior ó 25% do importe do investimento total subvencionable.

-Se o proxecto presentado inclúe barcos de pesca usados, o importe destes non será superior ó 95% do investimento total subvencionable.

3. Contía mínima, determinación e cómputo do investimento subvencionable: a contía do investimento subvencionable será como mínimo de 35.800 euros e determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

Serán investimentos subvencionables os que se realicen con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano correspondente ó da presentación da solicitude da axuda no Igape.

7.2. Operacións tipo B.

7.2.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamo destinadas a achegas de capital teñen por obxecto a subsidiación ós tipos de xuro daquelas operacións de préstamos a longo prazo que financien a toma de participacións en capital de sociedades mercantís, con fondos que destine a sociedade mercantil á realización de novos investimentos.

7.2.2. Condicións:

1. Deberán cumpri-las condicións establecidas na cláusula 7.1.2. aplicadas á sociedade mercantil.

2. As obrigas económicas derivadas destes préstamos (garantías, xuros, amortizacións e calquera outra) serán por conta exclusiva do socio, sen que en modo ningún poidan repercutir ou subrogarse na sociedade mercantil.

7.3. Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán mante-los investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de cinco anos desde a súa adquisición. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

Cláusula 8ª.-Características das operacións de préstamo.

8.1. Importe dos préstamos e porcentaxe de financiamento.

O importe máximo conxunto de préstamos subsidiables para cada ano de vixencia do convenio por beneficiario será de 3 millóns de euros.

Segundo o tipo de operación ó que se acollan os solicitantes destas axudas, o importe dos préstamos que se subsidiarán determinarase de acordo co establecido a continuación:

a) Operacións tipo A.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación será superior a 25.000 euros e non poderá supera-lo 70% do investimento subvencionable.

O importe do préstamo que se subsidiará non poderá supera-lo importe do investimento subvencionable pendente de pagamento á data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fora necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, estes deberán facerse seguindo a operativa establecida na cláusula 9.10.1 deste convenio.

b) Operacións tipo B.

O importe do préstamo que se subsidiará destinado a achegas de capital, os fondos dos cales os utilice a sociedade mercantil para a realización de novos investimentos, determinarase aplicando os mesmos criterios establecidos na letra a) anterior.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación entenderase para o conxunto dos socios que soliciten a axuda. No caso de que fose necesario, este importe ratearase entre os socios que soliciten axuda en función da porcentaxe de capital que se vaia subscribir.

8.2. Prazos de amortización e subsidiación, sistema de amortización e liquidación de xuros.

8.2.1. Prazos de amortización e subsidiación.

Para operacións tipo A: o prazo máximo de vixencia do préstamo será, con carácter xeral, de 7 anos, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia.

Excepcionalmente, para proxectos de investimento en barcos de pesca, naqueles nos que o investimento inmobiliario represente unha porcentaxe igual ou superior ó 80% do total do investimento subvencionable ou empresas nas que a actividade principal sexa o transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada e acometan proxectos de renovación da flota, poderá admitirse que os prazos de vixencia e carencia da operación sexan superiores a estes límites, se ben neste caso, a subsidiación do Igape non excederá dos 7 primeiros anos de vixencia e será calculada como se o préstamo fose a 7 anos de vixencia, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia.

Para operacións tipo B: o prazo máximo de vixencia do préstamo será de 7 anos, incluído 1 ano, como máximo, de carencia.

Os períodos de amortización comezarán a computarse a partir do primeiro día do trimestre natural inmediato á data de formalización, polo que a vixencia do préstamo poderá ser superior polos días que se engaden no período irregular inicial e que se incluirán no período de carencia.

8.2.2. Sistema de amortización: as amortizacións realizaraas o prestameiro en cotas de amortización de capital trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e a última.

O préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente, a vontade do prestameiro. As amortizacións anticipadas parciais que, de se-lo caso, realice voluntariamente o prestameiro deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

A entidade financeira deberá comunicar puntualmente estas amortizacións anticipadas indicando data e importe delas, co obxecto de que o Igape calcule o novo importe da subvención e o importe que o beneficiario lle deberá integrar ó Igape.

8.2.3. Liquidación de xuros: a liquidación de xuros, ó igual que as amortizacións, será por trimestres naturais vencidos, percibíndose o último día

do trimestre natural, calculándose os xuros en función do capital vivo, agás para o período de carencia, no que a cota de xuros se determinará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data de disposición, incluída esta.

8.3. Tipo de xuro, comisións, intervención das sociedades de garantía recíproca (SGR), axuda financeira e tipo de xuro resultante para o beneficiario.

8.3.1. Tipo de xuro:

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas ó presente convenio e o seu sistema de variación establécese do seguinte modo:

Primeiro: o tipo de xuro variará por semestres naturais e determinarase de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano calcularase como a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre será a media aritmética simple dos tipos diarios do euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euribor (Euro interbank offered rate = tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado pola Federación Bancaria Europea ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

Segundo: para o primeiro semestre do ano 2004, o tipo de xuro nominal será o 3,35%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (2,224) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

No caso de que desaparece o Euribor, o tipo de xuro variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano, será o tipo de rendemento interno no

mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre de cada ano, será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública, de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia, o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada semestre seralles comunicado polo Igape ás entidades financeiras e publicado no Diario Oficial de Galicia.

8.3.2. Comisións:

As entidades financeiras prestamistas destas operacións poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima dun 1%. Esta comisión non será subvencionable.

8.3.3. Intervención das SGR:

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, o tipo de xuro nominal indicado na cláusula 8.3.1 rebaixarase en 0,55 puntos. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano; esta comisión será subvencionada polo Igape.

8.3.4. Puntos de subsidiación ó tipo de xuro:

A subsidiación do tipo de xuro das operacións de préstamos acollidas a este convenio non excederá os 3,50 puntos e os criterios utilizados para a súa determinación serán:

Partirase dunha subsidiación mínima de 1,50 puntos, á que se lle poderán engadi-los puntos establecidos a continuación e polos seguintes conceptos:

-Por actividade considerada como preferente no anexo I: 0,50 puntos.

-Por creación de emprego: 1 punto.

-Por empresa de nova creación: 1,50 puntos.

Os puntos por creación de emprego só se aplicarán naqueles casos en que non sexa obrigatoria esta condición.

Ás empresas de nova creación non se lles aplicarán os puntos por creación de emprego.

8.3.5. Tipo de xuro resultante para o beneficiario e puntos de subsidiación efectivos:

Para os efectos do cálculo do importe da subsidiación, o tipo de xuro menos os puntos de subsidiación que lle correspondan segundo os criterios establecidos no punto anterior, non poderá ser inferior ó 3%, agás para empresas de nova creación ou que creen emprego, nas que non poderá ser inferior ó 2%. No caso de que esa diferencia sexa inferior ó límite que lle corresponda, reducirase a subsidiación nos puntos correspondentes (puntos de subsidiación efectivos).

8.3.6. As referencias que se fan neste convenio ó tipo de xuro, entenderanse sempre ó tipo de xuro nominal anual.

8.3.7. Cálculo da axuda financeira:

A axuda financeira que se conceda, tanto a subsidiación ó tipo de xuro como, de se-lo caso, a subvención da comisión de aval da SGR, pagarase dunha soa vez e para o seu cálculo procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse os valores absolutos das subvencións que se percibirán durante o período de vixencia do préstamo, incluído, no seu caso, o período de carencia. Para os efectos deste cálculo, non se terá en conta o establecido no último parágrafo da cláusula 8.2.1.

b) Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ó ano da presentación da solicitude no Igape.

c) Para o caso da subsidiación ó tipo de xuro, este cálculo axustarase ó establecido na cláusula 8.3.5 e tomando como tipo de xuro nominal o que corresponda para o primeiro semestre do ano da presentación da solicitude no Igape.

d) O importe resultante da liquidación anticipada destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar ningunha comisión por tal amortización.

e) No caso de que o préstamo sexa amortizado, total ou parcialmente, calcularase o novo importe da subvención e o importe que o beneficiario lle deberá reintegrar ó Igape, que deberá realizar na forma e prazos que se estableza na resolución de reintegro.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

9.1. Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades financeiras no modelo normalizado establecido no anexo VIII, que se distribuirá a través destas e será publicado no Diario Oficial de Galicia. Para as operacións avaladas por unha SGR, a solicitude de subsidiación poderá presentarse así mesmo na SGR.

A solicitude irá xunto coa documentación que se relaciona no anexo II, por duplicado exemplar. A documentación deberá achegarse en orixinal ou en copia cotexada cos orixinais pola entidade financeira ou SGR.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberán tramitarse a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

As solicitudes de subsidiación de operacións tipo B deberán ser subscritas tanto polos socios como pola sociedade mercantil.

9.2. Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas recollidas no presente convenio apoderan a entidade financeira/SGR para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites que se prevexan no presente convenio. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira/SGR como se fose propia da empresa solicitante.

9.3. A entidade financeira/SGR datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregándolle ó solicitante a súa correspondente copia. A entidade financeira/SGR deberá centraliza-la recepción de solicitudes unha vez seladas polas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo ou, se é o caso, a concesión do aval. O prazo para a presentación de solicitudes na entidade financeira/SGR será o seguinte:

-Para o ano 2004, desde a data de entrada en vigor do convenio ata o 30 de novembro dese ano,

-Para o ano 2005, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano,

-Para o ano 2006, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

A entidade financeira/SGR remitiralle ó Igape as solicitudes coa documentación anexa, xunto coa comunicación de concesión do préstamo segundo modelo establecido en anexo III e, de se-lo caso, de certificado de concesión de aval de SGR. Así mesmo, remitiralle á consellería sectorial correspondente por razón de actividade un exemplar do expediente, ós enderezos sinalados no anexo I.

O último día hábil para a presentación das solicitudes pola entidade financeira no Igape será:

-O 30 de decembro de 2004, para as operacións concedidas con cargo á cantidade asignada á entidade financeira para ese ano.

-O 30 de decembro de 2005, para as operacións concedidas con cargo á cantidade asignada á entidade financeira para ese ano.

-O 29 de decembro de 2006, para as operacións concedidas con cargo á cantidade asignada á entidade financeira para ese ano.

As solicitudes presentadas fóra deste prazo serán obxecto de arquivo, asumindo a entidade financeira/SGR toda a responsabilidade polos prexuízos que isto lle poida suporlle á empresa solicitante.

9.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

Se a solicitude non reúne os datos esixidos neste convenio ou non está acompañada da documentación esixida, requirirase o solicitante e a entidade financeira/SGR, para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ó requirimento se emende a falta ou se presenten os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario se considerará desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade financeira e SGR, de se-lo caso, realizarase vía fax.

9.5. Informes:

Nos casos nos que o Igape o considere necesario, e para efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación co cumprimento por parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.

9.6. Trámite de audiencia:

Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar proposta de resolución, poráselles de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Non embargante, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

9.7. Concesión:

A Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape elevarlle proposta de resolución ó presidente do Igape, que incluirá os termos que se expresan a continuación:

O importe do investimento subvencionable, o importe do préstamo subsidiable, o prazo de vixencia e carencia, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, os puntos de subsidiación efectivos e o importe da subsidiación e, se é o caso, o emprego que se vai crear e manter, o importe da comisión de aval subvencionada das operacións avaladas por unha SGR e a porcentaxe de financiamento proposto. As propostas de denegación de solicitudes deberán detalla-la causa.

Para as operacións de tipo B consideraranse beneficiarios da axuda o socio e a sociedade mercantil, resultando ambos solidariamente obrigados ó cumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión de axuda.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

9.8. Notificación, silencio administrativo e recursos:

O Igape notificaralle ó solicitante e comunicaralle á entidade financeira e á SGR, de se-lo caso, a concesión ou denegación da subsidiación. As resolucións de concesión deberán ser aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación. En caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia a ela, dictándose resolución neste sentido. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumpri-las condicións establecidas na resolución, neste convenio e demais disposicións aplicables. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá serlle devolta ó Igape debidamente formalizada.

A resolución de concesión de axuda para operacións de tipo B deberá ser aceptada tanto polo socio como pola sociedade mercantil.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. Este prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido tal prazo sen que se notificase resolución expresa, poderá entenderse desestimada.

9.9. Publicación:

As axudas concedidas ó abeiro do presente convenio relativas a proxectos que superen os 300.506,05 euros de investimento subvencionable serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 11 do Regulamento 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

9.10. Formalización:

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

9.10.1. Formalización anticipada: a partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade

financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para isto, deberá remitir escrito, segundo modelo establecido no anexo IV, manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice o expediente e cuantifique o importe do préstamo que vaia subsidiar. O Igape comunicaralle por fax á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a autorización, se procede, da dita formalización anticipada. A empresa solicitante requiriralle á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización anticipada do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo formalizado anticipadamente de acordo co previsto no punto anterior, deberanse mencionar, alomenos, os seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización anticipada do préstamo, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións establecidas na resolución de concesión da axuda que, no seu día, se dicte, así como o compromiso de destina-lo importe da axuda no momento no que se reciba á amortización anticipada do principal do préstamo.

No suposto de que a resolución de concesión da axuda que de se-lo caso se dicte prevexa unhas condicións diferentes das indicadas na autorización de formalización anticipada, deberá incluírse un anexo ó documento de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

9.10.2. Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, a correspondente escritura ou póliza de préstamo deberá recolle-la mención de estar acollido ás axudas previstas neste convenio e o compromiso de destina-lo importe da axuda no momento no que se reciba á amortización anticipada do principal do préstamo.

9.10.3. O prazo máximo para a formalización do préstamo, ou, no seu caso, adaptación da póliza ás condiciones da resolución de concesión do Igape será de 5 meses, contados desde o día seguinte á data de notificación da concesión ó beneficiario. Para as operacións de tipo B tal prazo computarase desde a data da última notificación ós beneficiarios.

Finalizado o dito prazo sen que se formalizase ou adaptase o préstamo, dictarase resolución, considerarase o solicitante renunciado e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro

do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorice esta prórroga.

9.10.4. A entidade financeira remitiralle ó Igape, coa maior brevidade, copia cotexada da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, o correspondente anexo, antes de presenta-la solicitude de cobro da subvención.

9.11. Disposición:

Os beneficiarios deberán xustificarlle á entidade financeira a aplicación dos fondos da operación financeira coas finalidades para as que foi concedida, de acordo co establecido a continuación:

9.11.1. Operacións tipo A.

9.11.1.1. Período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos non poderá supera-la data pactada no contrato de préstamo para o aboamento da primeira amortización de principal.

9.11.1.2. Disposición dos fondos do préstamo:

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos na operación de préstamo.

Á formalización do préstamo ou, en todo caso, previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requirirá dos beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento. A disposición dos fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento.

9.11.2. Operacións tipo B.

O período de disposición non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo. A disposición do préstamo, que se realizará a través dunha conta específica, efectuarase dunha soa vez no momento do outorgamento da escritura pública que formalice a achega de capital. O importe íntegro da disposición aboarase nunha conta específica que a sociedade mercantil habilitará para tal efecto nunha das entidades financeiras que concederán o préstamo/s para a achega de capital.

A entidade financeira unicamente permitirá a utilización dos fondos da conta específica da sociedade mercantil para o pagamento dos investimentos subvencionables aprobados, debendo requirir en tal suposto dos beneficiarios a documentación que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.).

O prazo para a execución do investimento non poderá ser superior a dous anos contados desde a data de outorgamento da escritura pública que formalice a achega de capital.

Cláusula 10ª.-Xustificación de cumprimento de condicións e liquidación da subsidiación.

10.1. Operacións tipo A.

10.1.1. Xustificación do proxecto e, se é o caso, da creación e mantemento de emprego:

A xustificación do investimento realizarase a través da certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira. A certificación de xustificación de investimentos que debe formaliza-la entidade financeira axustarase ó modelo establecido no anexo V, debendo conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizada para o pagamento do investimento xustificado e a porcentaxe que representa respecto do préstamo aprobado; así como a data de inicio e remate da execución do proxecto.

No caso de que na certificación de xustificación de investimentos non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá xuntar unha solicitude de modificación da resolución de concesión, asinada polo empresario, para adaptala ó proxecto xustificado.

Unha vez realizado e pagado o investimento, e no prazo máximo de dous meses contado desde a data inicial de cómputo, as entidades financeiras remitiranlle ó Igape, xunto coa solicitude de cobro da subvención, a seguinte documentación:

-Certificación de xustificación de investimentos, xunto coas copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable e os pagamentos realizados, así como do extracto da conta específica do préstamo.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

-E para aqueles proxectos que supoñan creación e mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data inicial de cómputo.

O cumprimento da condición de mantemento de emprego durante dous anos contados desde a data inicial de cómputo será verificado polo Igape a través das actuacións de control e inspección.

10.1.2. Liquidación da axuda financeira:

A liquidación da subsidiación e, se é o caso, da comisión de aval da SGR, realizarase de acordo co establecido na cláusula 8.3.7.

10.2. Operacións tipo B.

10.2.1. Xustificación das operacións tipo B:

Unha vez realizado e pagado o investimento, e no prazo máximo de dous meses contado desde a data inicial de cómputo, as entidades financeiras remitiranlle ó Igape, xunto coa solicitude de cobramento da subvención, a seguinte documentación:

-Copias cotexadas cos orixinais dos documentos xustificantes das disposicións e paralelo aboamento na conta específica da achega de capital da sociedade mercantil e copia da escritura que formalice a achega de capital, xunto co extracto da conta específica.

-Copias cotexadas cos orixinais dos documentos xustificantes da realización e pagamento dos investimentos subvencionables aprobados, xunto co extracto da conta específica da sociedade mercantil.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

-E para aqueles proxectos que supoñan a creación e mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data inicial de cómputo.

O cumprimento da condición de mantemento de emprego durante dous anos contado desde a data inicial de cómputo será verificarado polo Igape a través das actuacións de control e inspección.

10.2.2. Liquidación da subsidiación das operacións tipo B:

A liquidación da subsidiación e, se é o caso, da comisión de aval da SGR realizarase de acordo co establecido na cláusula 8.3.7.

10.3. Proxectos correspondentes a préstamos por importe igual ou superior a 600.000 euros:

De acordo co establecido no artigo 15.3º do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para préstamos por importe igual ou superior a 600.000 euros substitúese pola documentación xustificativa establecida nos anteriores puntos desta cláusula para cada tipo de operación. Iso sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de calquera outra actuación de control e inspección.

O cumprimento das condicións de estabilidade laboral establecidas na cláusula 2.5 o Igape verificará de acordo coa documentación acreditativa da creación e mantemento de emprego sinalada nos puntos anteriores e, de se-lo caso, de calquera outra actuación de control e inspección.

Cláusula 11ª.-Pagamento da subsidiación e da comisión de aval.

Os beneficiarios destas axudas, unha vez executado o proxecto e nos prazos establecidos na cláusula anterior, solicitarán, a través da entidade financeira, o cobramento da subvención concedida segundo modelo que figura como anexo IX. A entidade financeira remitiralle ó Igape esta solicitude xunto coa seguinte documentación:

-Documentación acreditativa da realización do proxecto e, se é o caso, da creación de emprego de acordo co establecido na cláusula anterior, segundo o tipo de operación que corresponda.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

-Para o caso de resolucións de concesión de axudas condicionadas ó achegamento de determinada documentación, fotocopia cotexada desta.

-Declaración actualizada de non ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia e de estar ó día de obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

O Igape revisará a documentación xustificativa, podendo solicitarlle á entidade financeira, á SGR ou ó beneficiario calquera documentación e información adicional que considere oportuno para os efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do proxecto.

Unha vez verificada a documentación achegada, o Igape procederá ó pagamento da subsidiación e, se é o caso, da subvención da comisión de aval, dunha soa vez, a través da entidade financeira prestamista. A subvención terá que destinarse á amortización anticipada do principal do préstamo, polo que, unha vez aplicada, a entidade financeira deberá presentar no Igape, no prazo de 30 días desde a data de pagamento da subvención, certificación acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

Cláusula 12ª.-Prórroga de prazos.

En atención ó disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as prórrogas dos prazos establecidos neste convenio solicitaranselle ó Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ó vencemento do prazo que se queira ampliar, co obxecto de que o instituto poida resolvela con anterioridade á súa expiración.

Cláusula 13ª.-Modificacións.

13.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

13.2. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, xunto coa memoria xustificativa, presentaranselle ó Igape a través da entidade financeira.

13.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, de se-lo caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación impli

cará aumenta-la contía do préstamo subsidiable inicialmente aprobado.

13.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado, e especificamente do préstamo subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 13.2.

13.5. O presidente do Igape poderá autorizar por instancia do beneficiario, a formalización do préstamo cunha entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade financeira prestamista, xuntando nova comunicación de concesión de préstamo e declaración xurada da inexistencia de variación na restante documentación do expediente.

Cláusula 14ª.-Perda da subvención.

1. Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-los requisitos requiridos para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Cando o importe da axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade de axuda establecido pola normativa comunitaria.

2. O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

Se o incumprimento superase o 50% do investimento subvencionable aprobado, considerarase total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

Para as operacións de tipo B, o incumprimento de calquera dos beneficiarios das obrigas asumidas pola concesión da axuda poderá supor, se é o caso, a revogación da axuda concedida e o reintegro das cantidades indebidamente percibidas por parte do socio beneficiario.

As cantidades que se reintegren terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu recobro, de se-lo caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declara-lo incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ó disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento

do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e entidades financeiras e SGR colaboradoras sométense ó réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula 15ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante crédito, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto das normais de mercado.

Para un mesmo proxecto de investimento serán compatibles entre sí as operacións tipo A e B sempre e cando a suma dos importes dos préstamos que se vaian subsidiar cumpran os requisitos establecidos na cláusula 8.1 deste convenio.

Así mesmo, son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade das reguladas polo Igape.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada -salvo as referidas no parágrafo anterior-, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase da seguinte forma:

-Calcularanse os valores absolutos das subvencións que se vaian percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 16ª.-Control.

Os beneficiarios quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verifica-la aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula 17ª.-Obrigas das entidades financeiras.

1. A entidade financeira asinante comprométese a:

a) Mobilizar en préstamos ás pequenas e medianas empresas nos termos e condicións establecidos neste

convenio, para o ano 2004, unha cantidade anual de... euros.

Para os anos 2005 e 2006, o Igape determinará e comunicaralles ás entidades financeiras, no mes de decembro do ano anterior, o importe de préstamos que concederá en cada ano.

O importe asignado para cada ano poderá ser modificado no mes de outubro de cada ano polo Igape en función da súa utilización por parte das entidades financeiras e da dispoñibilidade global da liña.

b) Para os efectos do seguimento e control da execución do convenio e modificación do importe asignado, a entidade financeira remitiralle por escrito ó Igape, antes do día 5 de outubro de cada ano e referida ó último día hábil do mes de setembro, unha relación de peticionarios, por cada tipo de operación, que lles solicitaran préstamos, indicando nome/razón social, importe e trámite no que se atopa o expediente. Unha relación similar deberá enviarselle ó Igape antes do 5 de decembro de cada ano referida ó 30 de novembro.

c) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

d) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

e) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

f) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación relativa á xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectua-lo Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 16.

2. A entidade financeira asinante comprométese, así mesmo, a responder subsidiariamente co beneficiario, do reintegro das axudas indebidamente percibidas por este, cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira, permitise dispor indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo para finalidades distintas das aprobadas, e iso dese lugar a resolución administrativa firme declarativa da obriga de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.

Non se considerarán no suposto anterior os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña neglixencia grave nin dolo.

Cláusula 18ª.-Obrigas das SGR.

A SGR asinante comprométese a:

a) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

c) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

d) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación acreditativa das operacións avaladas pola SGR.

e) Remitirlle ó Igape, nos prazos establecidos na cláusula anterior, unha relación de peticionarios, por cada tipo de operación, que lles solicitaran aval, indicando nome/razón social, importe, entidade financeira prestamista e trámite no que se atopa o expediente.

Cláusula 19ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da outra cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 20ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades financeiras, as SGR e representantes do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 21ª.-Publicidade.

As entidades financeiras asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, de se-lo caso, realicen as entidades financeiras sobre este convenio, deberán contar coa autorización previa do Igape.

Cláusula 22ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa, correspondéndolle ó Igape a interpretación do seu contido.

Cláusula de aplicación transitoria

Primeira.-Para as solicitudes de axuda presentadas no Igape no ano 2004 establécense as seguintes condicións:

As cláusulas 8ª.3.4. e 8ª.3.5. quedan modificadas pola seguinte redacción:

8ª.3.4. A subsidiación do tipo de xuro será de 2,35 puntos para empresas de nova creación, empresas que creen 5 ou máis empregos, empresas que

realicen o seu proxecto investidor nalgún dos concellos de localización prioritaria que se relacionan no anexo X ou empresas nas que a actividade principal sexa o transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada e acometan proxectos de renovación da flota dirixidos á súa modernización e mellora ambiental, e de 1,35 puntos para o resto dos casos.

8ª.3.5. O tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o tipo de xuro menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 1% para empresas de nova creación, empresas que creen 5 ou máis empregos, empresas que realicen o seu proxecto investidor nalgún dos concellos de localización prioritaria que se relacionan no anexo X ou empresas nas que a actividade principal sexa o transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada e acometan proxectos de renovación da flota dirixidos á súa modernización e mellora ambiental, e ó 2% para o resto dos casos.

Segunda.-Para o exercicio 2004, nas operacións de préstamo por importe inferior a 600.000 A destinadas a financiar investimentos levados a cabo por empresas de nova creación, empresas que realicen o seu proxecto de investimento nalgún dos concellos de localización prioritaria que se relacionan no anexo X, ou empresas que teñan como actividade principal o transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que acometan proxectos de renovación da flota dirixidos á súa modernización e mellora ambiental, cando as sociedades de garantía recíproca que subscriben este convenio outorguen un aval do 80% do préstamo sen máis garantías que as persoais do solicitante, estas recibirán do Igape unha achega ó Fondo de Provisións Técnicas do 4% sobre o saldo de risco vivo a 31 de decembro de 2004 derivado das citadas operacións formalizadas a partir da entrada en vigor deste convenio.

A achega do Igape liquidarase por solicitude das SGR unha vez vencido o exercicio 2004, xuntando para tal fin unha declaración das operacións que cumpran os requisitos establecidos de acordo coas instruccións que para tal fin aprobe a Dirección Xeral do Igape.

Para estas operacións, a achega do solicitante ó capital da sociedade de garantía recíproca, recuperable á cancelación do préstamo avalado, será do 3% do importe do aval formalizado, sen prexuízo do previsto na cláusula 8.3.3. deste convenio respecto á comisión polo aval.

A achega ás SGR regulada nesta cláusula financiarase con cargo á partida 02.01.01/02/02.656700 dos orzamentos do Igape para o ano 2004 cun límite de crédito de 240.000 A.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2004.

Pola entidade financeira:Polo Igape:

Asdo:José Antonio Orza Fernández

DNI:Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO X

Concellos de localización prioritaria

I. Concellos da Costa da Morte.

MurosLaxe

CarnotaCabana de Bergantiños

CeePonteceso

DumbríaMalpica de Bergantiños

CorcubiónCarballo

FisterraA Laracha

MuxíaZas

CamariñasVimianzo

Coristanco

II. Concellos das áreas de dinamización prioritaria.

Lugo:

RibadeoOuteiro de Rei

BarreirosLugo

FozO Corgo

MondoñedoSarria

LourenzáO Incio

TrabadaBóveda

BegonteMonforte de Lemos

RábadeA Pobra de Brollón

Ourense:

O CarballiñoXunqueira de Ambía

LeiroSarreaus

BeadeXinzo de Limia

RibadaviaAllariz

Carballeda de AviaSandiás

MelónA Gudiña

ArnoiaA Mezquita

Paderne de AllarizRiós

TaboadelaVerín

Baños de Molgas

ANEXO XI

Relación de entidades financeiras colaboradoras

Caixas Bancos S.G.R.

Caixa GaliciaBanco AtlánticoAfigal
CaixanovaBanco Bilbao Vizcaya ArgentariaSogarpo
Caixa Rural GalegaBanco de Galicia
Caja EspañaBanco Español de Crédito
Caja MadridBanco Espíritu Santo
La CaixaBanco Etcheverría
Banco Gallego

Banco Pastor

Banco Popular

Banco Sabadell

Banco Santander Central Hispano

Banco Simeón

Banco Urquijo

Bankinter