DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2004 Páx. 1.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xaneiro de 2004 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro privado Hijas de María Inmaculada de Vigo (Pontevedra), se integra neste o centro privado López y Vicuña de Vigo (Pontevedra) e se lle autoriza o nivel III da educación básica de adultos.

Examinado o expediente iniciado pola representante da titularidade dos centros privados Hijas de María Inmaculada e López y Vicuña do concello de Vigo, no que solicita o cambio de denominación, integración no primeiro do centro privado López y Vicuña e a autorización para imparti-lo nivel III da educación básica de adultos.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que os mencionados centros privados pertencen á mesma titularidade Hijas de María Inmaculada e que se encontran no mesmo recinto escolar.

Considerando que, á vista da documentación presentada, reúnen os requisitos esixidos pola lexislación vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado Hijas de María Inmaculada, que pasa a denominarse Fillas de María Inmaculada.

Segundo.-Autoriza-la integración do centro privado López y Vicuña de Vigo no centro privado Fillas de María Inmaculada de Vigo. Como consecuencia desta integración, o mencionado centro privado López y Vicuña (código 36016905) queda suprimido.

Terceiro.-Autoriza-lo nivel III da educación básica de adultos.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Vázquez Varela, 57.

Código do centro: 36010794.

Denominación: Centro privado Fillas de María Inmaculada.

Titular: Hijas de María Inmaculada.

Composición resultante:

a) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

b) Centro de formación profesional específica: 1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao medio de confección (1 unidade para 30 alumnos).

d) Educación básica de adultos (quenda de tarde-noite):

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL