DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2004 Páx. 1.316

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xaneiro de 2004 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado Santa Cruz de Ourense.

Examinado o expediente presentado por Aurora González Rodríguez, titular do centro privado Santa Cruz de Ourense, no que solicita o cesamento de actividades do devandito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria de Ourense, quen o remite cos informes correspondentes.

Resultando que o devandito centro privado obtivo, por Orde do 30 de xuño de 1984, autorización para impartir educación preescolar.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado Santa Cruz de Ourense, código 32008409, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: avda. Zamora, 95.

Código do centro: 32008409.

Denominación: centro privado Santa Cruz.

Titular: Aurora González Rodríguez.

Autorización do cesamento de actividades do centro.