DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2004 Páx. 1.315

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de xaneiro de 2004, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

As necesidades organizativas e funcionais da consellería e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), fan necesario a modificación da súa actual relación de postos de traballo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintedous de xaneiro de dous mil catro, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego da Saúde (Sergas), nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintedous de xaneiro de dous mil catro, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego da Saúde (Sergas), coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública