Advertidos erros na Lei 9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributarias e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 251, do 29 de decembro de 2003, efectúanse as seguintes correccións:
Na páxina 16.183, no artigo 6.2.B), letra b), o parágrafo que di: «-Máquinas ou aparellos de tres ou máis xogadores: 6.920 euros máis o resultado de multiplicar por 2.788 o producto do número de xogadores polo prezo autorizado para a partida.», aparece repetido, e debe figurar soamente unha vez.
Na páxina 16.187, na disposición transitoria única, onde di: «... persoal estutario...», debe dicir: «... persoal estatutario...».
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL