DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2004 Páx. 1.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Cangas do Morrazo UTE).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Cangas de Morrazo UTE), con nº de código 3603812, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-12-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 11-12-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de decembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Cangas de Morrazo UTE)

Convenio colectivo

Período 1-7-2002 a 31-12-2005

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa Aqualia Gestión Integral del

Agua, S.A., y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Ley 18/1982, do 26 de maio (Cangas de Morrazo UTE), concesionaria do Servicio Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga de Cangas de Morrazo.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xullo do 2002 (1-7-2002) sexa cal fose a data da súa publcación. Terá unha vixencia de tres anos e medio, que rematará o 31 de decembro do 2005, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia inicial ou prorrogada.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio deberá efetuarse por escrito ante a autoridade laboral e a outra parte asinante, segundo o previsto en canto a prazo no artigo anterior.

Artigo 4º.-Estructura salarial.

A estructura das retribucións do persoal acollido a este convenio axustarase ós seguintes conceptos:

Salario base.

Complementos salariais.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base:

Ano 2002 (do 1-7-2002 a 31-12-2002) e ano 2003: o salario base de convenio é o fixado na táboa anexa I.

Ano 2004: o salario base será o fixado para o ano 2003 incrementado no IPC real de 2003.

Ano 2005: o salario base será o fixado para o ano 2004 incrementado no IPC real de 2004 máis un punto.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de antigüidade as cantidades establecidas na táboa anexa II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa I.

A participación percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe cada unha delas dunha mensualidade,

calculada sobre o salario base maila antigüidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de setembro e o 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

TrimestreAboamento

Xaneiro, febreiro, marzoMarzo

Abril, maio, xuñoXuño

Xullo, agosto e setembroSetembro

Outubro, novembro, decembroDecembro

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestrre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio se aplicará para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Complemento de toxicidade.

O complemento por traballos tóxicos fíxase en 9 A/mensuais por mes efectivamente traballado para o Ano 2002 (do 1-7-2002 a 31-12-2002) e ano 2003, 12 A/mensuais por mes efectivamente traballado para o ano 2004 e 14 A/mensuais por mes efectivamente traballado para o ano 2005.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

2º semestre ano 2002. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de noventa euros (90 A) mensuais por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de complemento de distancia. O complemento de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Ano 2003. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de noventa e seis euros (96 A) mensuais por este concepto.

Ano 2004. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de cento oito euros (108 A) mensuais por este concepto.

Ano 2005. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de cento vinte euros (120 A) mensuais por este concepto.

Artigo 10 bis.-Quebranto de moeda.

A empresa non exime da obriga de repoñer posibles perdas de diñeiro a aqueles traballadores dos cales a función leve implícito o manexo de diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselle a cada un destes traballadores, durante

a vixencia do convenio, a cantidade de corenta euros (40 A) por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vaia executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa III.

Artigo 12º.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa percibirá a cantidade de 0,23 A/km. Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da data de sinatura do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Dispoñibilidade semanal e garda nos días non laborais.

Dispoñibilidade.

O venres de cada semana entrará de dispoñibilidade un traballador para atende-los avisos e tarefas correspondentes, prolongándose este servicio ata o venres seguinte.

Este traballador estará apoiado polo oficial de maior categoría para aqueles traballos que pola súa envergadura ou complexidade non sexa capaz de realizar el só, comunicando as situacións á xefatura do servicio, que será quen de decidir.

Os seus labores de vixilancia-reparación e mantenemento comezarán ó remata-los horarios establecidos na xornada laboral ordinaria.

Tanto o traballador de dispoñibilidade como o oficial de maior categoría, portarán durante a semana o buscapersoas correspondente fóra do horario laboral, onde recibirán tódolos avisos das situación que se produzan no servicio, debendo acudir, en principio, o traballador de dispoñibilidade coa prestancia suficiente para atende-la resolución das citadas situacións.

As dispoñibilidades de acordo co anteriormente descrito, serán obrigatorias e rotativas entre tódolos traballadores, agás do oficial de maior categoría nese momento, que terá carácter de apoio permanente.

A retribución por estes conceptos será a seguinte:

2º semestre

2002

200320042005

Traballador de dispoñibilidade rotatoria60 A semanais70 A semanais75 A semanais81 A semanais

Oficial de apoio permanente126 A semanais150 A semanais75 A semanais81 A semanais

Garda.

Os días non laborais, un ou dous traballadores realizarán polas diversas instalacións do servicio

unha ou dúas roldas de vixilancia e mantenemento; os horarios e tarefas a desempeñar serán fixados pola xefatura do servicio.

Esta garda será rotativa e obrigatoria entre tódolos traballadores do cadro de persoal, agás o oficial de maior categoría nese momento.

A retribución por cada garda-rolda será a seguinte.

2º semestre ano 2002, ano 2003 e ano 2004: 30A/día non laborable.

Ano 2005: 36 A/día non laborable.

O número de traballadores dependerá das futuras adscricións de novas instalacións ó servicio ou, se é o caso, da instalación de sistemas de telecontrol.

Retribuiranse como horas extraordinarias, as horas efectivamente traballadas nos seguintes casos.

a) Oficial de maior categoría: as horas realizadas fóra do horario normal.

b) Traballador de dispoñibilidade ou garda: as horas realizadas fóra do horario normal e do horario de garda.

Artigo 14.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para o segundo semestre do ano 2002 e ano 2003 será de 1.760 horas anuais, para o ano 2004 será de 1.756 horas anuais e para o ano 2005 será de 1.752 horas anuais; distribuídas segundo o seguinte horario:

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e Fin de Ano (31 de decembro) o horario será de 9.00 a 14.00 horas.

Meses de xullo e agosto: de luns a venres de 7.30 h a 14.30 h.

Adaptarase a xornada resultante destes horarios ó cómputo anual establecido.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais.

Para colle-las vacacións fixarase un calendario rotativo dentro de cada servicio, en función do período de tempo de vacacións previsto, que garanta que ningún traballador poida verse discriminado.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patrona. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior ou posterior.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

15 días naturais en caso de matrimonio.

2 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

2 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

2 días naturais polo nacemento de fillo-a.

1 día por traslado de domicilio.

2 días por asuntos propios, logo de aviso de 72 horas.

As licencias enténdese vinculadas ó feito causante, debéndose coller ó producirse este.

Artigo 18º.-Fondo social.

O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc., será para o ano 2003 de 1.200 A, para o ano 2004 será de 1.400 A e para o ano 2005 de 1.500 A, con destino a tódolos traballadores que teñan unha antigüidade mínima de un ano na empresa.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución destes fondos e a contía que hai que aplicar en cada caso.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Subministraránselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

-Camisa de manga curta: 4 ó ano.

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Anorak: 2 para o ano 2003 e un para o ano 2005.

-Chaqueta: 2 ó ano.

-Pantalón: 4 ó ano.

-Botas de seguridade: 1 par ó ano.

-Luvas de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga: 1 par ó ano.

-Xerseis: 2 ó ano.

-Gorra de viseira: 2 ó ano.

-Roupa de auga: cando o posto o requira.

-Roupa de augas desbotables: nos seguintes casos:

1º Que o traballador/es realicen

traballos nas redes de sumidoiro.

2º Que o traballador/es realicen traballos dentro dos pozos ou estacións de bombeo.

A utilización de roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garante a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 20.000 A.

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 20.000 A.

Artigo 21º.-Situación de incapacidade transitoria.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de IT derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base, antigüidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A dita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 22º.-Seguridade e saúde laboral.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, e ámbalas partes velarán polo seu estricto cumprimento.

Artigo 23º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido neste convenio, rexerase polo disposto no convenio estatal das industrias de captación, elevación, conducción, tratamento, depuración e distribución de auga, Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 24º.-Definición de categorías.

* Persoal técnico e administrativo:

-Xefes de servicio.

Cos coñecementos adecuados, teñen a dirección e o mando da explotación.

-Auxiliares administrativos.

Son os que axudan os seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

-Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos abonados nos rexistros da empresa ou entidade en libretas ou outros medios que constan en poder daqueles, realizando o conxunto de operacións de restas, renovación de libretas de abonados e similares, que consonte as normas e costumes propios da organización de cada empresa, son nece

sarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Cando non realicen o seu traballo normal de lectura poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, e poderán efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

* Persoal operario:

-Oficiais de primeira.

Son os que posuíndo un oficio determinado o practican e aplican con tal grao de perfección que non só lles permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de taller, das instalacións de producción das redes de distribución e saneamento; coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente os traballos do persoal obreiro, con perfecto coñecemento das súas tarefas que os mesmos efectúan, sendo responsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

-Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegar á especialidade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou nas redes de distribución e saneamento.

Este persoal poderá estar actuando ás ordes de persoal de superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de categoría inferior cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

-Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos de acordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

-Peóns especialistas.

Son os empregados que con determinados coñecementos dunha especialidade a executan e axudan os oficiais.

-Peóns.

Desempeñan actividades rutineiras na empresa que non precisan formación específica.

Artigo 25º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio, serán sometidas á comisión pari-

taria, que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa, que formarán parte da comisión negociadora do convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia do presente convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, ó dictame desta comisión.

Táboa anexa I

Retribucións

Categoría2ª semestre ano 2002Ano 2003

Xefe de servicio1.014 A/mes1.055 A/mes
Auxiliar administrativo 599 A/mes 625 A/mes
Lector 589 A/mes 625 A/mes
Oficial 1ª operario 756 A/mes 800 A/mes
Oficial 2ª operario 736 A/mes 795 A/mes
Oficial 3ª operario 616 A/mes 670 A/mes
Peón especialista 600 A/mes 625 A/mes
Peón 596 A/mes 620 A/mes

* A partir do 1-1-2004 os peóns con antigüidade superior ós dous anos ascenderán a peóns especialistas.

Táboa anexa II

Antigüidade

Categoría1 bienio2 bienios2 b. e 1 q.2 b. e 2 q.2 b. e 3 q.

Todas10,22 A/mes20,44 A/mes45,68 A/mes72,12 A/mes96,16 A/mes

Táboa anexa III

Valor hora extra diúrna, nocturna e festiva

Categoría2º semestre

ano 2002 e

ano 2003

20042005

Persoal técnico e administrativo:

Auxiliar administrativo10 A/hora12 A/hora14 A/hora

Lector10 A/hora12 A/hora14 A/hora

Persoal operario:

Oficial 1ª operario12 A/hora14 A/hora16 A/hora

Oficial 2ª operario12 A/hora14 A/hora16 A/hora

Oficial 3ª operario10 A/hora12 A/hora14 A/hora

Peón especialista10 A/hora12 A/hora14 A/hora

Peón10 A/hora12 A/hora14 A/hora

Disposición derradeira

Son partes asinantes deste convenio colectivo:

-Pola parte económica:

José L. García Ibáñez.

Andrés F. Mariño Vilar.

-Pola parte social:

Nicolás González Meira.

Asesores:

José C. Casal Iglesias.