DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2004 Páx. 1.041

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 20 de xaneiro de 2004 pola que se desenvolve o Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, pola que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e se establecen os criterios para o recoñecemento da dita condición.

O Decreto do 8 de xaneiro de 2004, regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes.

Na alínea e do artigo 3, destinatarios e requisitos, do referido decreto establécese a necesidade de acredita-lo nivel deportivo esixido na modalidade practicada; especificándose que este nivel se ten que acreditar conforme os criterios establecidos nesta orde.

En virtude do establecido no citado decreto, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Regular e publica-los criterios para o recoñecemento da condición de deportista galego de alto nivel, que se indican no anexo I.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral para o Deporte para dicta-las instruccións oportunas para a correcta aplicación do contido nesta norma.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

ANEXO I

Criterios para o recoñecemento da condición de deportista galego de alto nivel.

Categ. previa absoluta Categoría absoluta

Cto.

España

Cto.

Europa

Cto.

Mundo

Cto.

España

Cto.

Europa

Cto.

Mundo

XX.OO.

Probas olímpicas Individual18151 12Partic.Partic.

De equipo 5816Partic.Partic.

Probas non olímpicas de deportes olímpicos e deportes non olímpicos recoñecidos polo COI Individual5101814

De equipo 4568

Deportes para practicantes con minusvalidez física, psíquica ou sensorial Individual31212

De equipo 366

Deportes non recoñecidos polo COIA Comisión de Avaliación e Seguimento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel estudiará as características de cada un dos deportes aquí encadrados para incluír aquelas competicións, probas ou actividades de alto nivel máis importantes como criterio para acceder á condición de deportista galego de alto nivel.

O número detallado no cadro fai referencia á clasificación mínima necesaria (exemplo: o número 8 refírese ós 8 primeiros).

Para efectos desta orde, a categoría previa á absoluta engloba a deportistas que cumpran 17 ou 18 anos ó longo do ano natural no que se celebran os campionatos. Se compiten en categoría absoluta en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos nas modalidades deportivas recoñecidas polo COI, o criterio de acceso á condición de deportistas galegos de alto nivel será a participación.

Para efectos desta orde, a categoría absoluta engloba os deportitas que cumpran 18 anos no seu primeiro ano natural na categoría e que participen na categoría máis alto do seu deporte. A Comisión de Avaliación e Seguimento estudiará os casos daqueles deportes nos que esta categoría se inicie con deportistas de menor ou menor idade.

Será necesario unha concorrencia de máis de 15 participantes na proba.

Serán aquelas incluídas no programa olímpico do ciclo olímpico en curso.

Nos xogos deportivos colectivos (fútbol, baloncesto...), será necesario formar parte da aliñación nalgún partido oficial do campionato.

O segundo clasificado en modalidades olímpicas individuais (de deportes en que só un participante por proba poida representar a España en ctos. de Europa, do mundo e xogos olímpicos) tamén será considerado deportista galego de alto nivel, sempre e cando o primeiro clasificado nese cto. de España, obteña medalla en proba olímpica individual no cto. de Europa, cto. do mundo ou xogos olímpicos dese mesmo ano.

Para que estes criterios sexan válidos, deberán cumprirse os seguintes requisitos en canto á participación; no campionato de España, máis de 15 participantes na proba; no campionato de Europa,

máis de 15 participantes na proba; no campionato do mundo, máis de 25 participantes na proba. Nos deportes en que exista unha fase previa de clasificación para o campionato, tamén se computarán os países participantes na dita fase.

Só se considerarán os deportes de federación afiladas ó Comité Paralímpico Internacional.

Outras consideracións:

1. Naqueles deportes nos que non exista, cada ano, unha competición internacional (cto. de Europa ou cto. do mundo) como criterio, a Comisión de Avaliación e Seguimento poderá contempla-la posibilidade de incluír unha competición internacional de especial importancia, cumprindo sempre o requisito de participación mínima establecido para os campionatos de Europa ou do mundo, segundo sexa o caso.

2. A Comisión de Avaliación e Seguimento poderá considerar, en función da súa transcendencia internacional, unha única categoría intermedia ás especificadas no cadro xeral («previa á absoluta» e «absoluta»), nas modalidades deportivas olímpicas que exista cto. de Europa ou cto. do mundo da dita categoría, atendendo sempre ós requisitos de participación mínima establecidos.

3. En certos deportes ou modalidades deportivas o verdadeiro nivel deportivo non o reflicten as competicións referidas no cadro anterior. Atendendo a esta razón, a Comisión de Avaliación e Seguimento tamén poderá considerar coma criterio de acceso á condición de deportista galego de alto nivel, á marxe do reflectido no cadro xeral, a clasificación obtida noutras competicións consideradas de alto nivel, ou a posición do deportista no ránking oficial do seu deporte, así como a realización de actividades deportivas de alto nivel.

Cítanse como exemplos a considerar pola Comisión de Avaliación e Seguimento os seguintes:

-Ciclismo:

-Tour de Francia, Giro de Italia, Volta a España.

-A proba en liña do cto. do mundo ou xogos olímpicos considerarase como proba de equipo, tódolos corredores obterán a clasificación do primeiro compañeiro que chegue a meta.

-A proba de contra reloxo do cto. do mundo ou xogos olímpicos considerarase como proba individual.

-Tenis:

-A Copa Davis e Copa Federación consideraranse como cto. do mundo.

-Listas oficiais da ATP e a WTA. Así como o Circuíto Internacional Xúnior.

-Golf:

-Probas do Gran Slam, Orde de Mérito do Circuíto Europeo.

-Vela:

-Regatas de alto nivel de vela de cruceiro.

-Surf:

-As listas oficiais do Ránking Mundial (ASP).

-Resultados no Circuíto Europeo Profesional.

-Deportes olímpicos de equipo con competición en sistema de liga, de máxima categoría nacional (fútbol, baloncesto, balonmán, voleibol e outros): esta competición substituirá ós ctos. de España de categoría absoluta.

4. A Comisión de Avaliación e Seguimento resolverá todas aquelas circunstancias extraordinarias non recollidas nestes criterios.