DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2004 Páx. 986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de novembro de 2003 pola que se convoca o réxime de concesión de axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2004 de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo IV da Orde do 11 de marzo de 2002, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 234, do 2 de decembro de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 14.783, no artigo 6, onde di:

«Conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega, a valoración das sión constituída para o efecto, que estará presidida polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas ou a persoa na que delegue. Constituirana ademais o subdirector xeral de Administración Industrial, o xefe de servicio de Administración Industrial que actuará como secretario, e os delegados provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio ou as persoas nas que estes últimos deleguen».

Debe dicir:

«Conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega, a valoración das solicitudes admitidas será realizada por unha comisión constituída para o efecto, que estará presidida polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas ou a persoa en que delegue. Constituirana ademais o subdirector xeral de Administración Industrial, o xefe de servicio de Administración Industrial que actuará como secretario, e os delegados provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio ou as persoas en que estes últimos deleguen».

Na páxina 14.783, no artigo 6º, onde di:

«Nos supostos B e D das actuacións subvencionables sinaladas no artigo 4 desta orde, emitirase informe previo á resolución por parte do Instituto Enerxético de Galicia».

Debe dicir:

«No suposto B das actuacións subvencionables sinaladas no artigo 3º desta orde, emitirase informe previo á resolución por parte do Instituto Enerxético de Galicia».

Na páxina 14.784, no artigo 9º parágrafo 3º, onde di:

«Para as subvencións de capital superiores ós 6.101,21 euros».

Debe dicir:

«Para as subvencións de capital superiores ós 60.101,21 euros».