DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2004 Páx. 970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 12 de xaneiro de 2004 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 2004.

A Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para abona-las mencionadas retribucións, máxime despois da modificación da estructura das pagas extraordinarias prevista na citada lei, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. A contía das retribucións dos altos cargos da Administración da Comunidade Autónoma, dos membros do Consello de Contas de Galicia así como as dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia aprobadas no artigo 14 da citada Lei de orzamentos para o ano 2004, son as que se reflicten no anexo I desta orde.

Os secretarios xerais, directores xerais e asimilados a que se refire o punto 1º do artigo 14 da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autómona de Galicia para o ano 2004, percibirán en cada un dos meses de xuño e decembro un importe adicional na contía que, así mesmo, se reflicte no dito anexo.

2. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2004, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos II e IV desta orde.

As pagas extraordinarias dos funcionarios en servicio activo, ós que resulte de aplicación o réxime retributivo da Lei 4/1988, terán un importe cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios e un

40% do complemento de destino mensual que perciba, do que a súa contía se sinala no anexo III.

3. Polo que respecta ós complementos específicos, a súa contía experimentará un incremento do 2% respecto da percibida para o exercicio de 2003, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 12.1º da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na taboa que se detalla no anexo V desta orde.

4. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro de 1992 e 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo VI desta orde. Así mesmo, e por Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo VI.

De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias deste persoal, seralles de aplicación o establecido no punto dous parágrafo segundo destas instruccións e nas contías sinaladas, así mesmo, no anexo III.

5. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios, e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de caracter xeral establecidas no artigo 12 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obrigación de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2. Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

a) Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70.f da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e pola Lei 2/1998, do 8 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita reducción nas pagas ordinarias, tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña a obriga de cumprir, de media, cada día.

O importe total da paga extraordinaria afectada por un período de tempo en xornada reducida será o correspondente á suma dos respectivos importes de cada un dos dous períodos, con e sen reducción de xornada, dos seis meses computables nas ditas pagas, segundo o seguinte sistema de cálculo:

Para o período, ou períodos, non afectados pola reducción de xornada pero incluídos nos seis meses anteriores ó seu devengo, sobre o dito devengo cando o número de días é inferior ó do total computable nela, dividirase a contía da paga extraordinaria que, na data do 1 de xuño ou 1 de decembro, segundo os casos, se devengaría na xornada completa por un período de seis meses, entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente, multiplicando este resultado polo número de días nos que se prestase servicio sen reducción de xornada.

Para o período, ou períodos, afectados pola xornada reducida, aplicarase o mesmo sistema de cálculo anterior pero tomando como dividendo a citada contía reducida de forma proporcional á propia reducción de xornada.

b) Ós restantes tipos de xornada reducida, se é o caso, aplicaráselle-la reducción de retribución establecida na súa normativa específica.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primerio día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4. As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e con referencia á situación e dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondese por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencia sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista no parágrafo a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o punto segundo 3.c); neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos nesta orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos do dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 2004, a porcentaxe de cotización que se aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais

de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo VII desta orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e do persoal da Administración de xustiza (Mugeju), que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes, continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2004, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servicio das administracións públicas, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense, así mesmo, no anexo VII desta orde.

O persoal funcionario que estivera suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social, continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias, reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas a que se refire o parágrafo anterior ó igual que as correspondentes ás pagas ordinarias dos períodos de tempo nos que se desfrute licencia sen dereito a retribución non experimentarán reducción na súa contía.

4. O disposto nos números anteriores enténdese sen prexuízo das reduccións que deba experimenta-la cota de dereitos pasivos nos supostos en que así proceda por xornada reducida ou a tempo parcial.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2004, o persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do IV convenio colectivo único percibirá o salario base, antigüidade e pagas extraordinarias nas contías que se detallan no anexo VIII.

O complemento de singularidade do posto deste persoal será o que figura, no seu caso, nas Relacións de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do Consello da Xunta de Galicia.

2. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán as retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo

en que esté incluído o corpo no que ocupen vacante, e as retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídas as que, se é o caso, estean vinculadas á condición de funcionario de carreira.

As pagas extraordinarias dos funcionarios interinos, ós que resulte de aplicación o réxime retributivo da Lei 4/1988, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade de soldo e un 40% do complemento de destino mensual que perciba, de acordo coas contías que se sinalan no anexo III.

O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o parágrafo anterior, así como ó persoal eventual e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo no ano 2003, incrementadas no 2%.

De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias do persoal contratado administrativo, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade de soldo e un 40% do complemento de destino mensual que perciba, de acordo coas contías que se reflicten no anexo III.

5. De conformidade co disposto no artigo 21.1º da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 17 da dita lei, estas veranse incrementadas no 2% con relación ás devengadas no ano 2003.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma, excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988, terán dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de caracter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto nesta orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaera en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión,

sen prexuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñar outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de a conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas a conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscrición, durante o ano 2004, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública por proposta da consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo a desempeñar polo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir acompañada da autorización establecida no artigo 27.3º da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas nesta orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no apartado catro punto 8 dela.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta de Galicia e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios

que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 2% respecto das que viñan percibindo no ano 2003.

15. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2004, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos deste ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 2% respecto ás fixadas para o exercicio de 2003.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR, serán as que se detallan no anexo IX desta orde.

16. O persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario, ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola Resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo X.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no punto segundo 3) da devandita disposición, percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo XI.

17. O persoal estatutario das unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá ademais das retribucións recollidas no anexo IX, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme ós factores e criterios recollidos no punto a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo XII.

18. As retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota experimentarán un incremento do 2% con respecto ás percibidas no ano 2003. Os premios de antigüidade correspondente ó persoal de cota e zona, rexeránse pola súa normativa específica. Estes premios de antigüidade faranse efectivos a partires do 1 de xaneiro do ano seguinte á data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

19. As pagas extraordinarias terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade de soldo e trienios e un 40% do complemento de destino mensual que perciba, do que a súa contía se sinala no anexo III.

O persoal que devenge o complemento de destino en catorce mensualidades, a contía adicional do 40% do parágrafo anterior, devengaraa tamén en catorce mensualidades, coa contía mensual que se recolle no anexo XIII.

20. As retribucións correspondentes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XIV.

21. O importe anual do conxunto das pagas extraordinarias do persoal pertencente á clase de sanitarios locais (APD), así como as do persoal que se retribúe polo sistema de cota e zona, experimentarán un incremento anual equivalente ó 1,42% das súas retribucións anuais fixas na súa contía e periódicas no seu devengo, excluídos os conceptos derivados da antigüidade.

22. O importe anual conxunto das pagas extraordinarias do persoal laboral de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde non suxeito ó convenio colectivo único da Xunta de Galicia, así como do persoal residente en formación, experimentará un incremento anual equivalente ó 1,42% das súas retribucións anuais fixas na súa contía e periódicas no seu devengo, excluídos os conceptos derivados da antigüidade, distribuído de conformidade co previsto na normativa que lle resulte de aplicación.

23. As pagas extraordinarias do persoal non recollido nos puntos anteriores experimentarán un incremento anual do 1,42% sobre as retribucións anuais fixas na súa contía e periódicas no seu devengo, distribuído nas mensualidades de xuño e decembro.

No caso de que se perciban máis de dúas pagas extraordinarias, a contía adicional resultante definida no parágrafo anterior distribuirase entre as ditas pagas, de modo que o incremento en termos anuais sexa idéntico ó do resto do persoal.

24. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Administración Autonómica de Galicia, coas súas correspondentes revisións se houbera lugar.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Retribucións dos altos cargos

a) Administración da Xunta de Galicia.

Contía

anual

Contía adicional xuño/dec.

Presidente78.288,72-

Conselleiros64.468,56-

Secretarios xerais, directores xerais

e asimilados

51.325,20456,80

b) Consello de Contas de Galicia.

Contía anual

Conselleiro maior68.606,52

Conselleiros64.468,56

b) Consello Consultivo de Galicia.

Contía anual

Presidente68.606,52

Conselleiros64.468,56

ANEXO II

Funcionarios que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou

a aplicación do réxime retributivo previsto

na Lei 4/1988, do 26 de maio

Retribucións básicas

Contía mensual:

GrupoSoldoTrienio

A1.048,6440,29

B890,0032,24

C663,4324,20

D542,4716,17

E495,2412,13

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha delas, igual á suma dunha mensualidade de soldo e trienios e á contía sinalada no anexo III, segundo o nivel do complemento de destino, agás nos casos previstos no punto segundo punto 4 desta orde.

ANEXO III

Importe mensual a incorporar en cada paga extraordinaria ós funcionarios incluídos no ámbito

de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio (equivalente ó 40% do complemento de destino)

Nivel de complemento

de destino

Contía mensual

30368,32

29330,38

28316,48

27302,58

26265,46

25235,52

24221,63

23207,74

22193,84

21179,96

20167,17

19158,63

18150,09

17141,55

16133,03

15124,49

14115,96

Nivel de complemento

de destino

Contía mensual

13107,41

1298,87

1190,34

1081,80

ANEXO IV

Funcionarios que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou

a aplicación do réxime retributivo previsto

na Lei 4/1988, do 26 de maio

Complemento de destino:

Nivel de complemento

de destino

Contía mensual

30920,80

29825,94

28791,20

27756,46

26663,65

25588,80

24554,07

23519,35

22484,59

21449,91

20417,93

19396,58

18375,23

17353,88

16332,58

15311,22

14289,89

13268,53

12247,17

11225,85

10204,51

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada neste anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO V

Nivel de complemento

de destino

Complemento específico (mensual)

301.292,61

28 (A)953,45

28 (B)802,73

26765,06

Nivel de complemento

de destino

Complemento específico (mensual)

25670,85

24595,48

22463,59

20350,55

18312,85

16294,03

14275,17

12256,34

10237,49

Os complementos específicos que a 31 de decembro de 2003 non tivesen a súa contía relacionada neste anexo experimentarán un incremento do 2% a partir do 1 de xaneiro de 2004.

ANEXO VI

Profesorado dos centros de ensinanza básica,

bacharelato, formación profesional,

ensinanzas artísticas e idiomas

1. Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico:

Grupo

Nivel de complemento

de destino

Compoñente xeral do complemento específico (A/mes)

Catedráticos de música e artes escénicas

e catedráticos de ensinanza secundaria,

escolas oficiais de idiomas e de artes

plásticas e deseño.

A26383,45

Profesores de ensinanza secundaria,

de escolas oficiais de idiomas, de artes

plásticas e deseño e de música e artes

escénicas.

A24336,44

Profesores técnicos de formación

profesional e mestres de taller de artes

plásticas e deseño.

B24336,44

MestresB21336,44

2. Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:

Un.-Desempeño de órganos de goberno unipersoais.

Cargos académicos

Tipo

de centro

Centros de educación secundaria, CPI, artísticas e similares (A/mes)Centros de educación infantil, primaria, especial e asimilados (A/mes)

DirectorA597,19489,41
B514,38443,02
C465,63320,59
D421,52237,03
E--144,58

VicedirectorA262,70--
B257,59--
C185,68--
D160,00--

Cargos académicos

Tipo

de centro

Centros de educación secundaria, CPI, artísticas e similares (A/mes)Centros de educación infantil, primaria, especial e asimilados (A/mes)

Xefe de estudiosA262,70170,27
B257,59160,00
C185,68154,87
D160,00113,78
E160,00--

SecretarioA262,70170,27
B257,59160,00
C185,68154,87
D160,00113,78
E160,00--

Dous.-Desempeño de postos de traballo docentes singulares.

PostoA/mes

Centros de educación secundaria:
-Xefatura de departamento62,41
-Coordenación de formación en centros de traballo62,41

Escolas de artes aplicadas:
-Coordenación de especialidade62,41

Escolas de artes aplicadas e conservatorios

de música:

-Xefatura de seminario62,41

Centros residenciais docentes:
-Xefatura de residencias centros tipo A262,70
-Xefatura de residencias centros tipo B257,59
-Xefatura de residencias centros tipo C185,68
-Director de residencias62,41

Responsable de menos de 3 unidades en centros de edc. infantil e primaria62,41

Membros dos equipos de orientación específicos170,27

Programa reforma educación primaria

e secundaria:

-Coordenación técnica514,38
-Equipos reforma262,70

CEFORES:
-Dirección514,38
-Asesor262,70

Asesor técnico docente262,70

Colexios rurais agrupados:
-Director centros tipo C320,59
-Director centros tipo D237,03
-Director centros tipo E144,58
-Xefatura de estudios e secretaría113,78
-Profesor62,41

Profesores de educación permanente de adultos62,41

3. O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o seguinte:

1º período: 55,70 euros/mes.

2º período: 71,61 euros/mes.

3º período: 95,49 euros/mes.

4º período: 135,27 euros/mes.

5º período: 39,78 euros/mes.

4. Consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos.

A porcentaxe de consolidación con referencia ó importe do compoñente singular por tarefas de direc

ción, segundo o período de tempo de permanencia no posto, será, acumulativamente a seguinte:

Primeiros catro anos de permanencia: 25%.

Segundos catro anos de permanencia: 15%.

Terceiros catro anos de permanencia: 20%.

O total acumulado destas porcentaxes non poderá exceder do 60%.

5. Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes:

As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes deste anexo pero que estean recoñecidos expresamente pola normativa vixente aplicable a 31 de decembro de 2003, experimentarán así mesmo, a partir do 1 de xaneiro de 2004, un incremento do 2% sobre as contías fixadas para 2003.

ANEXO VII

Cotas mensuais de cotización á mutualidade xeral de funcionarios civís do estado correspondentes

ó tipo do 1,69%

GrupoCota mensual

A39,59

B31,16

C23,93

D18,93

E16,14

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro punto 3 desta orde.

Cotas mensuais de cotización á mutualidade xeral xudicial correspondentes ó tipo do do 1,69%

MultiplicadorCota mensual

4,7539,59

4,5039,59

4,0039,59

3,5039,59

3,2539,59

3,0039,59

2,5039,59

2,2531,16

2,0027,28

1,5018,93

1,2516,14

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro punto 3 desta orde.

Cotas mensuais de dereitos pasivos

dos funcionarios civís do estado correspondentes

ó 3,86% do haber regulador

GrupoCota mensual

A90,42

B71,16

C54,66

D43,24

E36,87

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro punto 3 desta orde.

Cotas mensuais de dereitos pasivos correspondentes ó 3,86% do haber regulador do persoal ó servicio da Administración de xustiza

MultiplicadorCota mensual

4,7590,42

4,5090,42

4,0090,42

3,5090,42

3,2590,42

3,0090,42

2,5090,42

2,2571,16

2,0062,32

1,5043,24

1,2536,87

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro do punto 3 desta orde.

ANEXO VIII

Táboa salarial por grupos

GrupoRetribucións brutas anuaisContía adicional xuño/decembro

I. Titulados superiores23.765,84167,17

II. Titulados de grao medio19.842,48133,03

III. Especialistas e encargados

(categorías 1 a 59)

16.670,50133,03

III. Especialistas e encargados

(categorías 60 en adiante)

15.931,86115,96

IV. Oficiais de 2ª administrativos

e oficiais de 2ª

13.499,7898,87

V. Persoal subalterno, de vixilancia

e de servicios específicos non titulados

12.100,4881,80

Complementos salariais

Trienio: 27,12 euros/mes.

Especial dedicación: 25,01 euros/mes.

Plus de perigosidade: 74,67 euros/mes.

Plus de toxicidade: 74,67 euros/mes.

Plus de penosidade: 74,67 euros/mes.

Plus de dispoñibilidade horaria: 373,34 euros/mes.

Complemento de funcións: 25,87 euros/mes.

ANEXO IX

Retribucións básicas

Contía mensual:

GrupoSoldoTrienio

A1.048,6440,29

B890,0032,24

C663,4324,20

D542,4716,17

E495,2412,13

Complemento de destino:

NivelContía mensual

30789,25

29707,94

28678,17

27648,29

26568,84

25504,68

24474,91

23445,15

22415,36

21385,63

20358,22

19339,92

18321,62

17303,32

16285,06

15266,76

14248,47

13230,16

12211,86

11193,58

10175,29

As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual cada unha delas a unha mensualidade de soldo e trienios.

A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

ANEXO X

Quendas

Quenda rot.

simple

Quenda rot.

complexa

Grupo B24,9949,96

Grupo C19,6239,25

Grupo D17,8535,70

Grupo E14,2828,56

ANEXO XI

CódigoDenominaciónQuendaPRD

S-B-25ATS consulta ext. hospitalR. simple24,99

S-B-24ATS consulta II.AA.R. simple24,99

ANEXO XIII

Importe mensual que se vai percibir como paga extra, equivalente ó 40% do complemento de destino

NivelContía mensual

3052,61

2947,19

2845,21

2743,22

2637,92

2533,64

2431,66

2329,67

2227,69

2125,70

2023,88

1922,66

1821,44

1720,22

1619,00

1517,78

1416,56

1315,34

1214,12

1112,90

1011,68

ANEXO XIV

Gardas médicas servicios xerarquizados

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioValor módulo

Presencia física17 horas210,53

Presencia física24 horas297,23

Localizada17 horas105,25

Localizada24 horas148,60

Atención continuada residentes en formación

Facultativos internos residentes (MIR)

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioImporte euros

Presencia física:

Primeiro ano17 horas118,25
24 horas166,95
Segundo ano17 horas125,46
24 horas177,11
Terceiro ano e sucesivos17 horas132,73
24 horas187,70

Matronas en formación

ResidentesImporte/hora

Enfermeira/o en formación 1º ano5,91

Enfermeira/o en formación 2º ano6,27

Atención continuada persoal non facultativo

Modalidade prest. de servicioGrupoImporte euros

A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaB99,60

A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaC81,04

A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaD e E70,89

A: serv. noct. 3ª e 4ª semanaTodos58,69

B: serv. domingos e festivosB47,43

B: serv. domingos e festivosC37,27

B: serv. domingos e festivosD e E33,86

ATS/DUE equipos transpl. perfusión,

hemodin. e hist.

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioValor módulo (A/mes)

Presencia física67 horas/mes347,38

Localizada134 horas/mes347,38

Atención continuada urxencias extrahospitalarias

Modalidade prest. de servicioValor módulo (A/hora)

Presencia física persoal facultativo12,38

Localizada persoal facultativo6,19

Presencia física ATS/DUE8,67

Localizada ATS/DUE4,32

Nomeamento para a atención continuada

urxencias extrahospitalarias

Modalidade prest. de servicioValor módulo (A/hora)

Presencia física persoal facultativo12,38

Presencia física ATS/DUE8,67

Módulos atención continuada facultativos exentos

de gardas de atención especializada

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioValor módulo (importe A)

Presencia física4 horas148,61

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA