DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2004 Páx. 839

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002-2004.

A transformación do Fondo de Cooperación Local levada a cabo polas disposicións adicionais oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, e

sexta da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002, converteu este no instrumento central da colaboración e cooperación económico-financeira da Comunidade Autónoma coas entidades locais de Galicia.

Na súa nova configuración, que supón facer realidade para o conxunto dos nosos concellos a previsión constitucional de participación das facendas locais nos ingresos da Comunidade Autónoma, o fondo distribúese mediante a aplicación dos criterios e ponderacións de carácter obxectivo que, partindo das determinacións que a propia lei establece con carácter de mínimos, lle compete establecer á Comisión Galega de Cooperación Local, e que foron aprobados en sesión celebrada polo referido órgano o 5 de novembro de 2002, e publicados no DOG nº 240, do 13 de decembro.

De conformidade cos acordos citados, e unha vez que a disposición adicional sexta da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003, garante que o importe adicional con destino ós concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes manterá unha dotación anual non inferior a 12.000.000 de euros, o modelo de repartición aprobado será de aplicación ata o exercicio do 2004 inclusive.

O presente decreto díctase en desenvolvemento dos preceptos legais citados, así como para a debida aplicación dos acordos adoptados ó seu abeiro a que se vén facer referencia.

Na súa virtude, de conformidade co dictame do Consello Consultivo de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito do xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

O presente decreto ten por obxecto establece-las normas a que se suxeitará o Fondo de Cooperación Local do período 2002-2004, no marco do establecido nas disposicións adicionais oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, e sexta da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, así como nos acordos adoptados ó seu abeiro pola Comisión Galega de Cooperación Local.

Artigo 2º.-Estructura do Fondo de Cooperación Local.

O Fondo de Cooperación Local estructúrase, conforme os termos legalmente establecidos, na forma seguinte:

1. Un fondo principal, expresado nunha porcentaxe da recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Comunidade Autónoma

que para cada exercicio estableza a Lei de orzamentos, que se distribuirá mediante entregas á conta, sen prexuízo da súa posterior liquidación definitiva.

2. Un fondo adicional, dotado anualmente na Lei de orzamentos, cun importe non inferior a 12.000.000 de euros, que se distribuirá por cotas fixas.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Son beneficiarios do fondo principal tódolos concellos de Galicia, así como a Federación Galega de Municipios e Provincias.

As súas participacións determinaranse de conformidade co establecido no capítulo II deste decreto.

2. Son beneficiarios do subfondo adicional os concellos cunha poboación de dereito inferior a 15.000 habitantes.

As participacións respectivas serán as que resulten do establecido no capítulo III deste decreto.

Capítulo II

Fondo principal

Artigo 4º.-Distribución do fondo principal.

1. O fondo principal será obxecto de distribución entre tódolos concellos de Galicia. A determinación das cotas individualizadas axustarase ó establecido nos artigos 5º a 7º deste decreto.

2. Previamente á distribución do fondo principal deducirase un importe equivalente ó 1% do fondo, que en ningún caso excederá de 600.000 euros anuais, que se destinará ós gastos de mantemento propios da FEGAMP, conforme o acordo adoptado pola Comisión Galega de Cooperación Local, na súa reunión do 5 de novembro de 2002, segundo o previsto na disposición adicional oitava, punto 7, da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Artigo 5º.-Variables distributivas.

O fondo principal, unha vez detraída a partida destinada ós gastos de mantemento da FEGAMP, será obxecto dunha primeira distribución mediante a aplicación da seguinte metodoloxía:

a) Consideraranse tres grupos de concellos en atención á poboación de dereito que, para cada un deles, resulte dos datos oficialmente dispoñibles no 1 de xaneiro do ano considerado: os de poboación inferior a 15.000 habitantes, os de poboación entre 15.000 e 50.000 habitantes e os de poboación superior a 50.000 habitantes.

Efectuándose unha repartición do seu monto total entre os referidos grupos de acordo cos seguintes criterios e ponderacións: habitantes 76%, superficie 15%, núcleos de poboación 9%.

b) As participacións iniciais de cada concello determinaranse, por referencia ás cantidades que,

conforme o establecido na alínea anterior, correspondan ó seu grupo, mediante a aplicación das seguintes escalas específicas:

CriterioPonderación (%)

'15.000 hab.15.000'=P='50.000 hab.)50.000 hab.

Habitantes657687

Superficie201510

Núcleos de poboación1593

Artigo 6º.-Garantía de mínimos de percepción.

1. Polo que respecta ó ano 2002, cando as cantidades resultantes da aplicación dos criterios a que se refire o artigo anterior, incrementadas coas que, de se-lo caso, teñan dereito a percibi-los concellos con cargo ó fondo adicional, segundo o establecido no artigo 7º.1 deste decreto, sexan inferiores ás respectivas participacións no fondo de cooperación local do ano 2001, incrementaranse aquelas ata o referido límite.

As sumas necesarias para dar cumprimento ó establecido neste punto detraeranse das participación correspondentes a repartición por variables distributivas para os distintos concellos, calquera que fose o seu número de habitantes, de xeito proporcional ó seu importe, ben que co límite da súa propia participación no referido ano 2001.

2. Para os exercicios de 2003 e 2004 o incremento anual da participación de cada concello no fondo principal será, como mínimo, do 30% do crecemento medio deste para o respectivo exercicio.

As sumas necesarias para dar cumprimento ó establecido neste punto detraeranse das participacións resultantes da repartición por variables distributivas para os distintos concellos, calquera que fose o seu número de habitantes, de xeito proporcional ó seu importe, co límite do incremento mínimo anual a que se vén de facer referencia.

Artigo 7º.-Esforzo fiscal.

1. As cantidades asignadas a cada concello na repartición do fondo principal, conforme os criterios precedentes, modularanse mediante a aplicación, con efectos redistributivos, e unha ponderación do 5%, da variable esforzo fiscal, obténdose así as participacións finais de cada concello.

2. O índice de esforzo fiscal municipal obterase mediante a aplicación da seguinte fórmula:

EFM=(RM/RG)-(PM/PG).

Sendo:

EFM: índice de esforzo fiscal municipal.

RM: recadación cap. III do concello.

RG: recadación cap. III de tódolos concellos.

PM: poboación do concello no 1 de xullo do ano considerado para a recadación.

PG: poboación de tódolos concellos á mesma data.

3. Os datos de recadación para tomar en consideración son os últimos dispoñibles que resulten da liquidación do capítulo III do orzamento de ingresos da respectiva entidade local, obtidos a partir das contas rendidas de conformidade co esixido pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.

Caso de que o concello non tivese efectuado/a dita rendición de contas, atribuiráselle a recadación que resulte de aplicar á súa poboación a menor recadación per cápita dos concellos que a tivesen presentado.

Capítulo III

Fondo adicional

Artigo 8º.-Determinación de cotas.

1. A distribución do fondo adicional entre os concellos beneficiarios realizarase mediante cotas fixas, determinadas polo número de habitantes e decrecentes por tramos de poboación, segundo a seguinte escala referida ó ano 2002:

CriterioCota fixa (A)

Ata 2.00054.000

De 2.001 a 5.00042.000

De 5.001 a 10.00036.000

De 10.001 a 14.99925.500

2. No caso de que, como consecuencia de posteriores modificacións na composición da poboación de dereito resultante dos últimos datos oficialmente dispoñibles no 1 de xaneiro do respectivo exercicio, se alterase o número de concellos beneficiarios do fondo adicional, ou ben se producise a adscrición dalgún deles a un tramo de poboación diferente, procederase á nova determinación das cotas fixas, que gardarán estricta proporcionalidade coas establecidas na escala anterior, e mediante as que se distribuirá a total dotación deste fondo no exercicio de que se trate.

Capítulo IV

Réxime de transferencia e liquidación

Artigo 9º.-Entregas á conta.

1. A Comunidade Autónoma transferirá as entidades beneficiarias con carácter de entrega á conta, por cuartas partes, no segundo mes de cada trimestre natural, as participacións que, conforme o establecido neste decreto, lles corresponda percibir con cargo á consignación do fondo principal.

2. Simultaneamente, e tamén por cuartas partes, transferiráselle ós concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes a cota fixa que lles corresponda como participación no fondo adicional.

Artigo 10º.-Liquidación definitiva.

1. Coñecida a liquidación dos orzamentos de ingresos da Administración xeral, e determinada definitivamente conforme ela, por aplicación da porcentaxe que para o efecto estableza a Lei de orzamentos, a dotación do fondo principal no correspondente exercicio, efectuaráselles ós concellos a

correspondente liquidación definitiva, transferindo ou retendo o importe que corresponda na primeira entrega á conta trimestral que proceda.

2. Para os efectos da referida liquidación, os ingresos que se considerarán serán os efectivamente rexistrados nos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma durante o ano natural de que se trate, procedan tanto de dereitos recoñecidos no propio exercicio como de exercicios anteriores.

O seu importe acreditarase mediante certificación que para tal efecto expedirá a intervención xeral da Comunidade Autónoma dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.

Disposición adicional

A Consellería de Economía e Facenda procederase a regularización das cantidades xa aboadas á conta con cargo ó Fondo de Cooperacón Local dos exercicios 2002 e 2003, axustándoas ó establecido neste decreto, na primeira entrega trimestral seguinte á súa entrada en vigor.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Economía e Facenda para dicta-los actos e disposicións precisas para a aplicación do establecido neste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de xaneiro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda