DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2004 Páx. 548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de decembro de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto para o asentamento industrial de Lourizán promovido polo Grupo Empresarial Ence, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º del Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 26 de decem

bro de 2003, da súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de utilidade pública e interese social denominado asentamento industrial de Lourizán.

2. Este acordo terá efectos a partir do día seguinte o da súa publicación no DOG, e, polo tanto, as súas determinacións e as contidas no proxecto sectorial que se aproba teñen forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares, e prevalecen, de acordo co establecido nos artigos 25.2º da Lei 10/1995 e 11.1º do Decreto 80/2000, sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente para tódolos efectos.

3. Os concellos que resulten afectados por este acordo, e para efectos de adaptación formal do seu planeamento urbanístico ó seu contido, deberán adapta-lo dito planeamento ás prescricións do proxecto sectorial que se aproba. A adaptación terá o alcance sinalado no informe da dirección xeral de urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que consta no expediente administrativo.

Os concellos afectados deberán remitirllle a modificación do planeamento, aprobado provisionalmente á Xunta de Galicia no prazo de oito meses desde a data na que teña efectos este acordo.

4. As obras e instalacións referidas neste proxecto non estarán suxeitas a licencia urbanística nin a ningún dos actos de control preventivo municipal».

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL