DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2004 Páx. 419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 30 de decembro de 2003 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2004.

Galicia é unha comunidade eminentemente pesqueira, e os seus bancos marisqueiros teñen un potencial productivo que permiten o desenvolvemento profesional dun colectivo importante de mariscadores. A explotación dos recursos pesqueiros ten como obxectivo a conservación do recurso e a súa rendibilidade económica.

O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, establece no seu artigo 3 que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual, un plan xeral de explotación marisqueira.

O accidente sufrido polo petroleiro Prestige fronte ás nosas costas en novembro de 2002 tivo graves consecuencias para a explotación dos recursos marisqueiros de forma que, o plan do ano 2003 tivo que deixar en suspensión os plans que se situaban en zona afectada pola prohibición de traballar, e fóronse adaptando, no seu calendario segundo o instrumento previsto. Unha vez que as analíticas, efectuadas polo Centro de Control do Medio Mariño, demostraron a idoneidade, para o consumo dos productos do mar, realizouse o levantamento da suspensión dos diferentes plans. O consenso alcanzado coas entidades do sector e en moitos casos as actividades de limpeza, rexeneración ou reposición das poboacións, previstas nos convenios de colaboración, lograron a progresiva recuperación dos bancos marisqueiros o que permitiu que o plan se desenvolvera de forma axeitada.

O mecanismo de elaboración do plan xeral permite ás entidades asociativas do sector participar na responsabilidade da xestión dos recursos.

Así, preséntanse plans de explotación para as autorizacións e zonas de libre marisqueo nas que se mellora a explotación con respecto as normas de libre marisqueo.

A Administración, co obxecto de tutelar a mellora da producción, require os informes técnicos necesarios respecto de tódolos aspectos esenciais para acadar tal fin. Se é necesario á vista destes informes, proporá a modificación do plan presentado, estas modificacións recóllense na proposta de resolución que se incorpora no procedemento antes da aprobación definitiva mediante a publicación desta orde.

Sen prexuízo do anterior, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños poderanse dicta-las instruccións de desenvolvemento que se consideren necesarias para acada-los obxectivos do plan xeral.

A orde regula así mesmo a veda dos diferentes crustáceos de forma que en función do estado de madurez e aparición de femias portadoras de ovas se preservan as especies favorecendo as súas posi

bilidades de reproducción. Así os informes dos servicios técnicos que analizan a evolución dos cinco últimos anos veñen a confirma-lo os períodos de extracción implantados no ano 2003, do que se informou a Comisión Sectorial de Artes Fixas e Artes Menores do Consello Galego de Pesca.

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.

1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, para o ano 2004, apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa. Os plans que agora se aproban desenvolveranse conforme as instruccións que posteriormente se dicten de seren necesarias.

-Plan de ameixa fina, babosa e xaponesa da confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 7 para as tres especies.

Puntos de control: zona de producción.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: abril, agosto e decembro.

Zona de traballo: desde As Pontes ata Rego Seco.

-Plan de berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 4.

Punto de control: praia de Villabril.

Punto de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: marzo e setembro.

Zona de traballo: praia de Villabril.

-Plan de coquina e berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 54.

Punto de control: caseta de Arealonga.

Punto de venda: lonxas do Vicedo e do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, de setembro a decembro.

Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: praia de Lama, peirao de San Fiz, Ponte Vella, Fabriquín e peirao do Barqueiro.

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Ortigueira, punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 70.

Puntos de control: punta Fornelos, punta Promontoiro (pta. Feáns) e Figueroa.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: A Cabana.

Punto de venda: lonxa da Gándara e Ferrol.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Plan conxunto para As Pías das confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre.

Zona de traballo: banco das Pías.

Días máximos de extracción: 125.

Puntos de control: lanchas de vixilancia das confrarías.

Punto de venda: lonxas da Gándara e de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro, abril, xullo, agosto, setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Barallobre.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 102.

Puntos de control e venda: lonxa de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Mugardos.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 88.

Punto de control e punto de venda: A Barca e Casa do Reló.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Pontedeume.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 60 a pé; 65 desde embarcación.

Puntos de control: rampla do paseo marítimo e rampla de acceso ó peirao da lonxa.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro a abril, agosto, de outubro a decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a marzo, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: caseta do Pedrido e peirao de Miño.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de agosto a decembro.

-Confraría de pescadores de Sada.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: praia de Sada.

Punto de venda: lonxa de Sada.

Especies: ameixa fina e ameixa babosa.

Épocas probables de extracción: agosto, setembro, outubro e decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 40 a pé; 60 desde embarcación.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a xullo, e de novembro e decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a abril, novembro e decembro.

-Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control e venda: Fonte Santa Helena.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de setembro a decembro.

-Agrupación de Mariscadores Esteiro Río Anllóns.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 95.

Puntos de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Puntos de venda: Pedras de Cambón.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 177 (caramuxo - 40).

Puntos de control: Ariño, Monte da Mina e A Paxariña.

Punto de venda: lonxa de Camariñas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 85 a pé; 83 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: Anido, Bornalle e Liñares.

Desde embarcación: peirao de Muros e Salgueiro.

Punto de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, reloxo, cornicha, arola e carneiro.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro a marzo; de xullo a setembro, novembro e decembro.

Desde embarcación: xaneiro a marzo, e decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 136 a pé; 136 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: S. Cosme, Misela e Broña.

Desde embarcación: Testal, Misela e O Freixo.

Puntos de venda: lonxas de Testal e O Freixo.

Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa e ameixa xaponesa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 41.

Puntos de control: zona de extracción e embarcacións de vixilancia da confraría.

Puntos de venda: lonxas de Testal e O Freixo.

Especies: ostra.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 185.

Puntos de control:

Desde embarcación: illa de Sálvora, Vionta, Noro, praia de Carreira e peirao de Aguiño.

A pé: praia de Carreira e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 197 para ameixa rubia, carneiro e reloxo; 131 para ameixa babosa, 45 para ostra.

Puntos de control: Coroso, Insua, Egoas, Touro, Airó, Castiñeiras e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro, reloxo e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo; e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Palmeira.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 119 a pé; 120 desde embarcación.

Puntos de control: zona de traballo e lancha de vixilancia.

Puntos de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro a decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a abril, de novembro e decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 180 a pé; 135 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: Areal, Pozos, Friscos.

Desde embarcación: lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa da confraría da Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, ameixa rubia, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro a setembro; novembro e decembro.

Desde embarcación: xaneiro, de maio a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 141.

Puntos de control: praia de Barraña: desembocadura do río Coroño, antigas colonias de verán, centro de saúde e baixada a Xión. Praia de Retorta baixada á praia de Retorta. Ladeira do Chazo- rampla de Angados e ladeira do Chazo. Praia de Mañónsbaixada de Triñáns, baixada do Piñeiro, aparcamento de Mañóns e baixada ás Redondas.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz (desde embarcación).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 190.

Puntos de control: lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, carneiro, reloxo e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xuño a setembro, novembro e decembro.

-Sociedade Cooperativa Limitada. Ría de Arousa.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 212.

Puntos de control: Fontenla e Portomouro.

Punto de venda: Portomouro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e ostra.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de abril a decembro.

-Confraría de pescadores de Rianxo.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 180 a pé; 143 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: zona de traballo.

Desde embarcación: plataforma de batea.

Punto de venda: lonxa de Rianxo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a decembro.

Desde embarcación: de abril a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Carril (a flote).

Zona de traballo: baía de Terra, baía de Fóra e A Fangueira.

Días máximos de extracción: 60 para baía de Terra e baía de Fóra; 40 para A Fangueira.

Punto de control e venda: lonxa de Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de abril a decembro.

-Confraría de pescadores de Carril (a pé).

Zona de traballo: A Fangueira.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa de Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de abril a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán.

Zona de traballo: de punta Ferrazo ata regato Aduana.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: lonxa de Vilaxoán, e no esteiro do Rial, praia de Borreiros, praia de Corón, praia de Preguntoiro, praia de Castelete, praia de Saíñas e praia de Canelas.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa (a pé).

Zona de traballo: desde regato Aduana ata o rego do Alcalde.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: zonas de producción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, berberecho e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa (desde embarcación).

Zona de traballo: Castelete, de pta. Ariño a pta. Baleiro, esteiro de Vilamaior, A Corbala, de río Aduana a pta. Sinas.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: zonas de producción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo a setembro, e decembro.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: autorizacións administrativas confraría Illa Arousa.

Días máximos de extracción: 125 desde embarcación; 135 a pé.

Puntos de control:

Desde embarcación: Areoso, Arnela, Roncadeiras, Concerrado e lonxa da Illa.

A pé: O Bau, Concerrado, Camaxe, Xastelas e lonxa da Illa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: febreiro a abril, agosto, novembro e decembro.

A pé: de xaneiro a agosto, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cambados (a pé).

Zonas de traballo: entre punta Tragove e rego do Alcalde, co Saco de Fefiñáns. Entre Ponte Castrelo e punta Borrelo. Entre o peirao de Cambados e a desembocadura do río Umia.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: galpón de Montesaco de San Tomé e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa babosa, ameixa bicuda, berberecho e reloxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cambados (desde embarcación).

Zona de traballo: desde rego do Alcalde a punta Tragove. Desde punta Borrón e peirao de Cambados ata punta Borrelo.

Días máximos de extracción: 58.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, reloxo, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa xaponesa e carneirolo.

Épocas probables de extracción: abril, maio e decembro.

-Confraría de pescadores do Grove (a pé).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Villalonga; ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro, ostra e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Villalonga; ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, ameixa roxa, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (desde embarcación).

Zona de traballo: zonas de autorización.

Días máximos de extracción: 125 desde embarcación.

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (a pé).

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 85 a pé.

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro, reloxo e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio, de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío (lapa).

Zona de traballo: de praia Alada a Punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: lonxa de Aldán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (desde embarcación).

Zona de traballo: enseada de Baiona, cunha zona vedada sita na parte interna da punta do espigón da enseada para protección de xuvenís.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: zona de producción e lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxas de Meira e de Baiona.

Especies: ameixa rubia, ameixa babosa, cornicha, marolo, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: marzo e abril e de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos, cun descanso de dous meses consecutivos cada unha das zonas en que se divide o banco marisqueiro.

-Confraría de pescadores de Baiona (a pé).

Zona de traballo: enseada de Baiona. 1. Foz do río Miñor (incluíndo a praia Ladeira). 2. Praias de Baiona: de Sta. Marta, praia do Burgo, zona da lonxa, praia Ribeira, praia Barbeira). 3. Praias de Panxón e América.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: 1. Rampla de Ruíz ou caseta de mariscadoras (cando se traballe na foz do río Miñor). 2. Peirao de Sta. Marta (cando se traballe na praia de Sta. Marta). 3. Lonxa de Baiona (cando se traballe nas praias de Baiona).

Puntos de venda: lonxas de Meira e de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de xullo a decembro, cun descanso de 1 mes en abril.

2. Non obstante o disposto no punto 1 deste artigo e de acordo co artigo 4.2º do Decreto 423/1993, correspóndelles ós delegados territoriais da Conse

llería de Pesca e Asuntos Marítimos autoriza-la apertura e peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. As entidades titulares deberán solicitar autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.

3. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi aprobado, ateranse ó disposto para as zonas de libre marisqueo.

Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.

1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 5 de xaneiro ó 31 de marzo e desde ó 4 de outubro ata o 31 de decembro.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior exceptúanse as seguintes zonas:

a) Debido á escasez de recursos en determinadas zonas da ría de Foz, a agrupación de mariscadores de S. Cosme propón o peche destas zonas para o ano 2004: banco do Altar para coquina, e bancos de Fondás e O Taro para berberecho.

b) Confraría de pescadores de Cedeira. Ó non ter presentado plan de explotación para as súas autorizacións estas permanecerán pechadas ata que por resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños se regule a súa explotación.

c) Para traballar con rastro de vieira, segundo o artigo 120 do Decreto 424/1993, no libre marisqueo requirirase solicitude á Dirección Xeral de Recursos Mariños, cunha antelación mínima de 15 días á data de extracción, especificando os datos do censo de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo.

2. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3. Os cupos de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:

Marisqueo desde embarcación:

Vieira: 150 unidades/tripulante/día, cun máximo de 500 unidades por embarcación.

Zamburiña e voadora: 50 kg/tripulante/día cun máximo de 150 kg por embarcación.

Berberecho: 20 kg/tripulante/día cun máximo de 60 kg por embarcación

Ameixa fina: 3 kg/tripulante/día cun máximo de 9 kg por embarcación.

Ameixa babosa: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.

Ameixa xaponesa: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.

Ameixa rubia: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 kg por embarcación, establecéndose como equivalencia para efectos de topes a relación 1 kilo/2 kilos entre babosa e rubia.

Especies acompañantes: 25 kg de reloxo tripulante/día e 8 kg carneiro tripulante/día.

Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.

Outros moluscos: 30 kg.

Marisqueo a pé:

Ameixa fina: 3 kg/mariscador/día.

Ameixa babosa: 5 kg/mariscador/día.

Coquina: 3 kg/mariscador/día.

Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.

Os cupos máximos de captura poderán ser aumentados ou diminuídos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dependendo do estado do recurso.

4. As zonas de traballo dos sectores de marisqueo a pé e desde embarcación nas zonas de libre marisqueo estarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero. Isto será de aplicación ás zonas de libre marisqueo sometidas a plan específico nas que non exista acordo de repartición entre os dous sectores.

Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 423/1993, modificado polo 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de explotación para o ano 2004, relativos a zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e que se desenvolverán conforme as instruccións que posteriormente se dicten de seren necesarias:

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: ría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 34.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto e decembro.

-Plan de ameixa xapónica da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: ría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 8.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: outubro.

-Plan de ameixa xapónica e ameixa babosa con gancha a pé da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: ría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: abril, de xullo a setembro, novembro e decembro.

-Plan de lapa da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre A Insua e O Puntal.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: marzo a xuño, setembro e outubro.

-Plan de caramuxo da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre A Insua e O Puntal.

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: maio, xuño, setembro e outubro.

-Plan de caramuxo da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás e O Taro).

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo e decembro.

-Plan de ameixa fina da Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás, Fontorto e O Taro).

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xullo a decembro.

-Plan de ameixa xapónica da Agrupación de Mariscadores S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: ría de Foz (bancos de Fondás, Fontorto e O Taro).

Días máximos de extracción: 7.

Punto de control: saída polas Covas.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; setembro, novembro e decembro.

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de S. Cibrao.

Zona de traballo: praias de Portocelo e do Portiño, marxes do río de Lago e zona de S. Cibrao.

Días máximos de extracción: 10.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: maio e xuño.

-Plan de ameixa fina, babosa, xaponesa e ostra da confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo desde embarcación: praias de Celeiro, canle do río Landro, zona interna da ría, por riba da ponte do ferrocarril.

Días máximos de extracción: 100 para ameixa fina e babosa, 100 para ostra, 25 para ameixa xaponesa.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a maio e de outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina, xaponesa, caramuxo e lapa da confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: da praia de Area a Punta do Cabalo.

Días máximos de extracción: 35 para ameixa fina, 25 para ameixa xaponesa, 12 para caramuxo e 20 para lapa.

Punto de control e venda: lonxa de Celeiro e S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de xullo a decembro.

-Plan de coquina das confrarías de Celeiro e O Vicedo.

Zona de traballo: praia de Abrela.

Días máximos de extracción: 5.

Punto de control: praia de Abrela.

Punto de venda: lonxas do Vicedo e Celeiro.

Épocas probables de extracción: marzo.

-Plan de coquina e berberecho das confrarías de pescadores do Vicedo e O Barqueiro.

Zona de traballo: Lombo das Navallas.

Días máximos de extracción: 54.

Punto de control: caseta de Arealonga, peirao do Barqueiro e Lombo das Navallas.

Puntos de venda: lonxas do Vicedo e O Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, e de setembro a decembro.

-Plan de ameixa fina, ameixa babosa e ameixa xapónica das confrarías de pescadores do Vicedo e O Barqueiro.

Zona de traballo: canle do Sor.

Días máximos de extracción: 7.

Puntos de control: zona de producción.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo e do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: abril, agosto e setembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: praia de Vilela.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control: praia de Vilela.

Punto de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: coquina.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: praia de Morouzos, A Regueira, A Combuela, e espigón da depuradora a pta. Cabala.

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: praia de Morouzos, A Regueira, Ladrido e peirao de Ortigueira.

Punto de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: coquina, berberecho, ameixa fina, ameixa xaponesa e ameixa babosa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: Xelfa, Arnela, Saiña, Petón, Cascabellal, Puntal, Mea e Novela.

Días máximos de extracción: 70.

Puntos de control: Fornelos, Promontoiro (punta Feás) e Figueiroa.

Punto de venda: lonxa da confraría de Cariño.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, coquina, ostra e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol:

Zona de traballo: desde o dique da Ponte das Pías a pta. Faísca.

Días máximos de extracción: 122.

Punto de control e venda: lonxa da Gándara.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Barallobre.

Zona de traballo: San Valentín ata foz do río Belelle.

Días máximos de extracción: 102.

Puntos de control: caseta da estación de ferrocarril de Neda e lonxa de Barallobre.

Punto de venda: lonxa de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Confrarías de pescadores de Barallobre-Mugardos-Ferrol.

Zona de traballo: entre monte Ventoso a pta. Segaño e os límites co banco das Pías.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: lanchas de vixilancia das confrarías.

Puntos de venda: lonxas da Gándara e Barallobre, e Casa do Reló.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, carneirolo e reloxo.

Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, maio, xuño, outubro e novembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: Ponte do Porco, río Bañobre, punta Cabana e praia Pedrido, e de pta. Corbeiro a pta. Marouxo.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: O Pedrido e porto de Miño (praia pequena).

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: libre marisqueo da ría do Burgo, A Pasaxe e O Parrote.

Días máximos de extracción: 50 días a pé; 80 días desde embarcación; 60 días no Parrote.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, reloxo, carneiro e ostra.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro, febreiro e abril, de agosto a decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a abril, de setembro a decembro.

O Parrote: xuño, xullo e decembro.

-Asociación Mariscadores Fonte Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: zona C-lagoa interna.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control e venda: fonte de Sta. Helena.

Especies: berberecho.

Épocas probables de extracción: setembro, outubro e novembro.

-Agrupación de Mariscadores do Esteiro do Río Anllóns.

Zona de traballo: zonas libre marisqueo (B,D,E,Q) e esteiro río Anllóns.

Días máximos de extracción: 50.

Punto de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Punto de venda: Pedras de Cambón.

Especies: berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Plan de endeño remolcado das confrarías de Corcubión, Fisterra e O Pindo.

Zona de traballo: ría de Corcubión e bancos F, G, H e I segundo carta do plan.

Días máximos de extracción: 43.

Puntos de control: peirao de Corcubión e lonxa de Fisterra.

Punto de venda: lonxa de Fisterra.

Especies: ameixa rubia.

Épocas probables de extracción: xuño e xullo.

-Confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praias de Estorde, Corcubión, Cee e O Ézaro.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: praias de Estorde, Corcubión, Cee, O Ézaro e peirao de Corcubión.

Punto de venda: peirao de Corcubión.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo, coquina e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: praias de Lagosteira e Sardiñeiro.

Días máximos de extracción: 85.

Punto de control e venda: lonxa de Fisterra.

Especies: coquina, ameixa fina, ameixa babosa e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lira e O Pindo.

Zona de traballo: de río Ézaro a punta Insua.

Días máximos de extracción: 55.

Puntos de control: estrada do Viso, Lagoa, praia de S. Pedro, Pedras Mariñas e Carrofeito.

Punto de venda: lonxa de Lira.

Especies: berberecho, coquina, ameixa fina e ameixa xaponesa.

Épocas probables de extracción: marzo e abril, xullo, agosto e de outubro a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Noia-Muros-Portosín e Porto do Son.

Zona de traballo:

Zona 1: entre punta Rebordiño e punta Sta. Catalina.

Zona 2: entre punta Sta. Catalina, Esteiro e Creba.

Zona 3: entre punta Rebordiño e Monte Louro.

Zona 4: entre punta Ornanda e punta Aguieira.

Días máximos de extracción: 165.

Puntos de control: embarcacións de vixilancia.

Puntos de venda:lonxas do Freixo, Esteiro e Muros.

Especies: ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa babosa, ameixa rubia, berberecho, reloxo, carneiro e cornicha.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Carril (desde embarcación).

Zona de traballo: As Malveiras-As Briñas-O Con.

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control e venda: lonxa de Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Carril (a pé).

Zona de traballo: Lombos do Ulla (intermareal a pé) e praia Compostela- A Concha.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa de Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro. Paro biolóxico do 15 de marzo ó 15 de abril nos Lombos do Ulla; e do 15 de abril ó 15 de maio na praia de Compostela-Concha.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán:

Zona de traballo: zona submareal entre a liña que une o río Aduana a illote Gorma e punta Borreiros; de punta Borreiros a peirao de Vilaxoán, de punta Castelete a punta Ferrazo.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zona de producción desde embarcación.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa.

Zona de traballo: dique do Terrón, boia columna eléctrica, columna ponte, boia Lañeiras de Fóra, espicho rego do Alcalde.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: nas zonas de producción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, reloxo e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo a setembro, e decembro.

-Confraría de Pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: punta Arruda, punta Laño, Cuña Alta, punta Carreirón. Nesta zona están incluídas a Roncadeiras e O Camallón.

Días máximos de extracción: 63.

Puntos de control: Areoso e Roncadeiras.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneirolo e reloxo.

Épocas probables de extracción: de maio a xullo.

-Confraría de Pescadores de Cambados.

Zona de traballo: do rego do Alcalde (Lañeiras de Fóra) a baliza de Orido, Arnela-Galiñeiro, do peirao de Meloxo ata as Negreiriñas.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa rubia, ameixa babosa, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reloxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de abril a setembro, e decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: en Castrelo: O Facho e Insuíña; As Cachadas en Villalonga; Ponte da Toxa; Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa no Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xapónica, ameixa bicuda, ameixa roxa, berberecho, reloxo e carneiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lourizán, Pontevedra e Raxó (desde embarcación).

Zona de traballo: na parte interna da liña imaxinaria que une punta Sta. Mariña, na beira norte da ría de Pontevedra coa esquina noroeste do convento sito na punta Placeres, na zona sur da ría.

Días máximos de extracción: 166 desde embarcación.

Puntos de control: zona de producción desde embarcación e en terra na lonxa de Campelo.

Punto de venda: lonxa de Campelo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa rubia, berberecho, cornicha, reloxo, carneiro e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lourizán, Pontevedra e Raxó (a pé).

Zona de traballo: zonas intermareais delimitadas na parte interna da liña imaxinaria que une punta Santa Mariña, na beira norte da ría de Pontevedra coa esquina noroeste do convento sito en punta Placeres na zona sur da ría, e desde este punto ata o faro verde do dique de canalización do río Lérez.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: A Reboira, praia Cabeceira, Puntada e Polvorín, antigo punto de venda de Lourizán, praias de Xiorto, D. Bernardo, Ouriceira, O Laño, Padrón (Combarro), Canteira e lonxa de Campelo.

Punto de venda: lonxa de Campelo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, reloxo e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro (veda no mes de maio).

-Plan conxunto das confrarías de Bueu, Marín, Portonovo e Sanxenxo (desde embarcación).

Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Sta. Mariña (pola parte externa) e da esquina noroeste do convento sito en punta Placeres (pola parte externa) ata punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 218.

Puntos de control: nas zonas de producción.

Puntos de venda: lonxas de Bueu, Portonovo, Sanxenxo ou Marín.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro, reloxo, berberecho e cornicha.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro, cunha veda de dous meses, abril e maio.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Bueu.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo:

Límites externos: entre punta Faxilda (Portonovo) e punta Centolo (Ons) e entre punta Galera (Onza) e punta Couso (Aldán).

Límites internos: na ría de Pontevedra, entre punta Debaixo dos Pinos (Marín) e punta Samieiro (Raxó).

Na ría de Aldán: punta Preguntoiro a punta Alada.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Bueu.

Punto de venda: lonxa de Bueu ou calquera punto de venda autorizado.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Cangas.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: ente as liñas imaxinarias comprendidas desde faro Borneira ata cabo de Vicos e desde punta Cabalo ata cabo Home, incluíndo a ponte leste das illas Cíes e a banda norte na parte exterior da ría de Vigo.

Días máximos de extracción: 35.

Puntos de control: zona de producción e rampla da lonxa de Cangas.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Asociación de confrarías da ría de Vigo (a pé).

Zona de traballo: bancos intermareais de moluscos bivalvos da ría de Vigo, excepto a zona de autorización de Baiona.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control:

Arcade: a lonxa, Pontesa e Cunchido.

Redondela: lonxa de Cesantes, a punta do Cabo, Portela e Area Longa.

Vilaboa: a lonxa de Sta. Cristina, S. Adrián, punta Calera e punta Cabalo.

Moaña: praia de Domaio, praia da Xunqueira (á beira do actual campo de fútbol e ó lado da Casa do Mar), praia de Tirán, Illa dos Ratos e Borna.

Vigo: peirao de Canido.

Punto de venda: lonxa de Meira.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo, ostra e reloxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo, xuño a decembro.

-Asociación de confrarías da ría de Vigo (desde embarcación).

Zona de traballo: bancos somerxidos de moluscos bivalvos da ría de Vigo.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: na zona de producción mediante embarcacións.

Punto de venda: lonxa de Meira.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa rubia, ameixa xaponesa, berberecho, carneirolo, cornicha, marolo e reloxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (lapa).

Zona de traballo: desde illas Orelludas ata praia da Abra (polo norte).

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores da Guarda (lapa).

Zona de traballo: de punta Orelludas a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: peirao do porto de Sta. Mª de Oia e lonxa da Guarda.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.

As entidades marisqueiras que presentaron plan de explotación para zonas de libre marisqueo e non lles foi aprobado, ateranse ó disposto nas normas establecidas nesta orde.

Artigo 4º

Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara ou bou de man poderán realiza-las capturas con carácter xeral desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de marzo, e desde o 1 de novembro ó 31 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro. Para a extracción de moluscos bivalvos no período autorizado axustaranse ó contido

do disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, artigo 2.2º.

Artigo 5º.-Percebe.

De acordo co establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes pollicipes), que se desenvolverán conforme as instruccións que posteriormente se dicten de seren necesarias:

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: zona de autorización.

Días máximos de extracción: 58.

Punto de control: zonas de producción.

Punto de venda: lonxas de Ribadeo e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: marzo a setembro; novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Burela.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: zona de traballo.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: ermida de S. Tirso a punta Rueta, illas de Cal, Sarón e Farallóns.

Días máximos de extracción: 67.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: abril, de xullo a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: ermida de San Tirso a punta do Cabalo e illa Gabeira.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: do extremo norte da praia da Abrela á punta Congreira e illa Coelleira.

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: lonxa do Vicedo.

Punto de venda: lonxas de Cedeira, Vicedo, San Cibrao e Cariño.

Épocas probables de extracción: de marzo a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control: peirao do Barqueiro.

Punto de venda: lonxa do Barqueiro, Cedeira, San Cibrao, O Vicedo e Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: peirao, lonxa e ría.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: peirao de Cariño-rampla, local de clasificación de calidades e lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: punta Frouxeira a Pedra Barcelona.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: lonxa e ría de Cedeira.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: ponte Faísca ata o faro de punta Frouxeira.

Días máximos de extracción: 152.

Puntos de control: A Cova (praia de San Xurxo), Lume Boo (praia de Doniños), O Porto (praia dos Botes en Meiras).

Punto de venda: lonxa da Gándara e lonxa do peirao de Ferrol.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confrarías de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: Suevos, Portiño, Torre, Mera e Ares.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: Suevos, Portiño: cerca do centro Retro da Coruña, Torre: ó lado da rotonda da Torre de Hércules. Mera: peirao de Mera.

Puntos de venda: lonxas da Coruña, Ferrol, Malpica e Cedeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Caión.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (de punta Alba a Pedra do Sal).

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control: lonxa de Caión.

Punto de venda: lonxa de Caión e lonxa da Coruña.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Malpica.

Zona de traballo: desde Pedra do Sal a punta Nariga, incluíndo illas Sisargas, baixos de Baldaio e demais illas e illotes fronte á costa en tres millas.

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control: lancha de vixilancia Illas Sisargas.

Punto de venda: lonxa de Malpica.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a 15 de maio, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Corme.

Zona de traballo: de punta Nariga á desembocadura do río Anllóns.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: lugares de acceso ás zonas (Canteiro, Roncudo, Gabriela, Percebellosa e Rosas).

Punto de venda: lonxa de Corme.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Laxe.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: zona cemiterio, punta Cabo da Area e lonxa de Laxe.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril; xullo, agosto, setembro, novembro e decembro. Queda establecida unha veda no mes de maio, xuño e outubro.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 170.

Puntos de control: canle de Ríos e peiraos de Camelle e A Lagoa.

Punto de venda: lonxa do Muro da Coruña.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 192.

Puntos de control: punta Arnela.

Punto de venda: lonxa de Camariñas e do Muro de A Coruña.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Muxía.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 150.

Punto de control: zona de traballo.

Punto de venda: lonxa de Muxía.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría e illas Lobeiras e Carromeiros.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: embarcación de vixilancia e confraría de pescadores.

Punto de venda: lonxa de Fisterra e lonxa da Coruña.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Pindo.

Zona de traballo: ambito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: Insuela e peirao de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Época probable de extracción: de xaneiro a agosto, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (de punta Insua a río Larada) e illotes de Miñarzos, Forcados, Seixo, Liboreiro, Illa, Corbeiro, punta Insua, Corniños, Petón de Cabalar, Pedra Pas e Pedra de Ardeleiro.

Días máximos de extracción: 35 a pé; 72 desde embarcación.

Puntos de control: peirao e lonxa de Lira e zonas de extracción.

Punto de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción:

A pé: marzo, abril, xullo, agosto e decembro.

Desde embarcación: marzo, abril, xuño, xullo, agosto, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: O Ancoradoiro e peirao de Muros.

Puntos de venda: lonxa de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: abril, maio, xuño e decembro.

-Confraría de pescadores de Porto do Son.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría (de río Sieira a Pta. Cabeiro), illa Filgueira, illotes Leixoes, illotes Bruio e Pedra do Con.

Días máximos de extracción: 154.

Punto de control: furna de Laxe, punta Castro, Punta Sagrada, peirao do Porto do Son.

Punto de venda: lonxa de Porto do Son.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a agosto; de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría e illas Basoñas, Sagres, Sálvora, Vionta e illotes que a rodean.

Días máximos de extracción: 226.

Puntos de control: illa de Sálvora, praia Area Basta, punta Couso, Espiñeirido, faro de Corrubedo e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: ámbito da confraría e Laxas e Pías de Castiñeiras, Airós, Rúa, Carabancelo, Xidoiro Pedregoso, Corbeiros e Lobeiras.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: de punta Cantodorxo a punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 100.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Bueu.

Zona de traballo: illas Ons e Onza, e de Pedra Branca e Terra ata punta Morcegos. Días máximos de extracción: 224.

Punto de control: zona de traballo. Por terra: Cova da Vella, punta Freitoxa, peirao de Ons, xunto á igrexa.

Por mar: Cova do Vello ó leste do Centolo, enseada de Fedorentos, praia sur de Onza, praia norte de Onza, peirao de Ons, Estripeiral e Liñeiros.

Punto de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de punta Subrido a punta Couso. Illote Osas. De punta Monolito ata a enseada das Herbas na costa oeste da illa norte das Cíes. Enseada das Herbas ata peirao de Carracido no illote norte das Cíes máis toda a illa sur das Cíes e o illote Boeiro.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de de Cangas.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, rotando as zonas de traballo.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: entre punta Orelludas e punta Monteferro incluíndo as illas Estelas (e Farallóns).

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: lonxa de Baiona e na zona de producción.

Punto de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Guarda (desde embarcación).

Zona de traballo: de punta Orelludas a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: peirao do porto da Guarda e porto de Oia.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro, rotando as zonas de traballo.

-Confraría de pescadores da Guarda (a pé).

Zona de traballo: de punta Orelludas a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: zona A: Tío Rincho, zona B: puntal dos Trigos e zona C: horizonte e lonxa da Guarda.

Puntos de venda: lonxa da Guarda.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Artigo 6º.-Outros crustáceos.

1. De acordo co establecido no artigo 14 o Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, os períodos autorizados no 2004 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

Nécora (Necora puber): do 1 ó 5 de xaneiro e do 21 de xullo ó 31 de decembro.

Lumbrigante (Homarus gammarus): do 1 de xullo ó 31 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 1 de outubro ó 31 de decembro.

Lagosta (Palinurus elephas): do 1 de xullo ó 31 de agosto.

Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurador): do 1 de xaneiro ata o 31 de marzo e do 1 de xullo ó 31 de decembro.

Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): 1 de xaneiro ó 30 de xuño, e do 23 de novembro ata o 31 de decembro. Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 2 de febreiro ata o 30 de xuño.

Artigo 7º.-Equinodermos.

De conformidade co establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación de equinodermos que a continuación se relacionan, e que se desenvolverán de conformidade coas instruccións que se dicten de seren necesarias.

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: de punta Placeos ás Carrallas.

Días máximos de extracción: 26.

Puntos de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo.

-Agrupación de Mariscadores de S. Cosme (Foz).

Zona de traballo: de punta Nois a punta Promontorio.

Días máximos de extracción: 32.

Punto de control: peirao de Nois.

Punto de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e decembro.

-Confraría de pescadores de Burela.

Zona de traballo: punta Rueta a punta Nois.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: zona de extracción.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: de ermida de S. Tirso a punta Rueta, enseada das Salseiras, praia de Lieiro e Area de Anxuela.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: punta Socastro a punta Saíñas.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores das zonas VII e VIII.

Confrarías: A Coruña, Ares, Barallobre, Ferrol, Cedeira, Cariño Espasante e O Barqueiro.

Zona de traballo: zona VII e zona VIII.

Días máximos de extracción: 140.

Punto de control: lonxas da Coruña, Barallobre e Ares, ría e lonxa de Cedeira, ría de Cariño-Ortigueira e peiraos de Cariño, Espasante e O Barqueiro.

Punto de venda: lonxas autorizadas da Coruña, Barallobre, Ares, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores da zonas VI.

Confrarías: Corme, Laxe, Camelle, Camariñas e Muxía.

Zona de traballo: zona VI.

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: porto de Corme, A Barda e Santa Mariña de Brantúas, porto de Barizo, porto de Laxe, rampla de Balieiros, porto de Camelle, ríos, porto de Camariñas e porto de Muxía.

Punto de venda: lonxas de Corme, Laxe, Camariñas e Muxía.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores da zonas V.

Confrarías: Lira, Fisterra e Corcubión.

Zona de traballo: zona V.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: peiraos e lonxas de Lira e Fisterra e peirao de Corcubión.

Punto de venda: lonxas de Fisterra e Lira e peirao de Corcubión.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores da zona IV.

Confrarías: Porto do Son e Muros.

Zona de traballo: zona IV.

Zona I. De pta. Cabeiro ata pta. río Sieira. Zona 2. de punta Insua a punta Uhía.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: O Ancoradoiro, peirao de Muros, peirao de Porto do Son.

Punto de venda: lonxa de Muros e Porto do Son.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Ribeira e Aguiño.

Zona de traballo: zona III. Laxas e Pías de Castiñeiras, Airós, illa de Rúa, Xidoiros Areoso, deixando a salvo as autorizacións marisqueiras da ría de Arousa, Sinal do Maño, Lobeiras e Corbeiro. Desde Con de Vieiras ata Pedras do Río, incluíndo a illa de Sálvora e illotes adxacentes, as Forcadiñas, Sagres e Pragueiros. Desde peirao de Corrubedo ata río Sieira, incluíndo as Basoñas.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: na zona de traballo, peirao de Aguiño, peirao de Ribeira.

Punto de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apena e bicheiro con mirafondos.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: Areoso, Camallón, pta. Testos, pta. Niño de Corvo Area Secada e pta. Cabalo.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: Areoso, Arnela, Roncadeiras, Concerrado e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: desde punta San Vicente a punta Faxilda (agás A Lanzada).

Días máximos de extracción: 105.

Puntos de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Confrarías de pescadores de Bueu, Portonovo e Sanxenxo.

Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Centolo; e de punta Galera a punta Couso.

Días máximos de extracción: 152.

Punto de control e venda: lonxas de Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: entre punta Canabal e punta Couso. Illas Cíes e Boeiro.

Días máximos de extracción: 125.

Punto de control: zona de extracción.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo e mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de praia de Abra a cabo de Mar.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Canido.

Punto de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea ou mergullo semiautónomo.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: de punta Orelluda a praia de Abra, incluíndo as illas Estelas e a zona comprendida

entre a liña imaxinaria que vai de Monte Lourido ata o porto de Panxón.

Días máximos de extracción: 30 a pé, 120 a mergullo.

Punto de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e mergullo semiautónomo.

-Confraría de pescadores da Guarda.

Zona de traballo: de punta Orelluda a punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 45.

Puntos de control: subida a Pedornes, peirao porto Santa María de Oia, Ribel e Tío Rincho.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Artigo 8º.-Navalla e longueirón.

Segundo o establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, aprobánse os seguintes plans de explotación de navalla e longueirón que a continuación se relacionan, e que se desenvolverán conforme as instruccións que posteriormente se dicten de seren necesarias.

-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: ría do Pedrido, praia grande de Miño, praia pequena de Miño e porto de Miño.

Días máximos de extracción: 50.

Punto de control: caseta do Pedrido e peirao de Miño.

Punto de venda: lonxas ou punto de venda autorizados.

Épocas probables de extracción: de marzo a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de pescadores de Ares-Barallobre.

Zona de traballo: de praia de Bañobre a praia Centroña e praia das Estacas (zona VII).

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: peirao de Barallobre e Ares.

Puntos de venda: lonxa de Barallobre e outras lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: de marzo a abril, e de xullo a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón e longueirón vello da Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: lagoas de Baldaio.

Días máximos de extracción: 13.

Punto de control e venda: fonte de Santa Helena.

Épocas probables de extracción: de setembro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: A pé.

-Plan conxunto de longueirón das confrarías de pescadores de Corme e Laxe.

Zona de traballo: ría de Corme-Laxe.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxas de Corme e Laxe.

Época probable de extracción: de abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: de pta. Lago a pta. Roda e enseada da Vasa.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: Ariño, Monte da Mina e punta Sandía.

Punto de venda: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción: de marzo a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de Camariñas e Muxía na zona VI.

Zona de traballo: de punta Sandía a punta Chorente, praia da Cruz, e praia de Area Maior.

Días máximos de extracción: 162.

Puntos de control e venda: lonxas de Muxía e Camariñas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: praias de Lagosteira e Sardiñeiro.

Días máximos de extracción: 85.

Puntos de control e venda: lonxa municipal de peixe de Fisterra.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praias de Estorde, Corcubión, Cee e O Ézaro.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control: praias de Estorde, Corcubión, Cee, O Ézaro, e peirao de Corcubión.

Punto de venda: peirao de Corcubión.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de longueirón na zona V.

Confrarías: Fisterra, Lira e Corcubión.

Zona de traballo: praia de Lagosteira, Talón, Sardiñeiro, Estorde, O Ézaro, Gures, Mariña, Castelo, Quenxe, Fornelo, Brens, O Pindo, Caldebarcos e Carnota.

Días máximos de extracción: 190.

Puntos de control: zonas de producción, lonxa e peirao de Fisterra, peirao ou lonxa de Lira e peirao de Corcubión.

Puntos de venda: lonxas de Fisterra e Lira, e no punto de venda autorizado (peirao de Corcubión).

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: praia de Abelleira e Ventín.

Días máximos de extracción: 12.

Puntos de control: Bornalle (Abelleira).

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: xuño, xullo e agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan conxunto de navalla e longueirón da zona IV.

Confrarías: Porto do Son e Portosín.

Zona de traballo: de punta Batuda a punta Magrio e de punta Esteiro a punta Uhía.

Días máximos de extracción: 66.

Puntos de control: peiraos de Porto do Son e Portosín.

Puntos de venda: lonxas de Porto do Son e Portosín.

Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: autorizacións administrativas.

Días máximos de extracción: 103.

Puntos de control: zonas de traballo e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de Aguiño- Ribeira na praia de Ladeira (Corrubedo).

Zona de traballo: praia de Ladeira (Corrubedo).

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: praia de Ladeira e lonxas de Aguiño e Ribeira.

Puntos de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: autorizacións administrativas. Coroso-río Grande; Egoás-Touro e Castiñeiras.

Días máximos de extracción: 66.

Puntos de control: Coroso, Touro e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla da confraría de pescadores de Palmeira (desde embarcación).

Zona de traballo: punta Aguiúncho; illote de Grades e punta da Corna.

Días máximos de extracción: 84.

Punto de control: zona de traballo.

Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de abril a agosto.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón vello da confraría de pescadores de Palmeira (a pé).

Zona de traballo: praia da Corna.

Días máximos de extracción: 32.

Punto de control: peirao de Palmeira.

Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de febreiro a maio.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (a pé).

Zona de traballo: Areal, Raposiños, Insuas, Ribeiriña.

Días máximos de extracción: 10.

Puntos de control: Areal, Pozo e Friscos.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: marzo e abril.

Desde embarcación: de abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal (desde embarcación).

Zona de traballo: Cabío.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: lanchas de vixilancia e lonxa da Pobra do Caramiñal.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Zona de traballo: Ariño, As Carballas-O Bote, Castelete-O Rego e As Sinas.

Días máximos de extracción: 23.

Punto de control: zona de producción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Punto de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Épocas probables de extracción: de marzo a xuño.

-Plan de navalla-longueirón da confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: Areoso, Camallón, punta Testos, punta Niño de Corvo, Area Secada e punta Cabalo.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Areoso, Arnela, Roncadeiras, Concerrado e lonxa da Illa de Arousa.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de agosto a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón-navalla da confraría de pescadores de Cambados.

Zona de traballo: entre punta Tragove e rego do Alcalde, co Saco de Fefiñáns. Entre ponte Castrelo e Punta Barrelo. Entre o peirao de Cambados e a foz do río Umia.

Días máximos de extracción: 31.

Puntos de control: galpón de Montesaco de Santo Tomé e na lonxa de Tragove.

Punto de venda: lonxa de Tragove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: enseada da Lanzada, praia de Mexilloeira e praia Area das Pipas.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de febreiro a outubro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de pescadores de Bueu, Lourizán, Marín, Pontevedra, Portonovo, Raxó e Sanxenxo.

Zona de traballo: desde punta Faxilda a punta Morcegos, illas Ons e Onza.

Días máximos de extracción: 260.

Punto de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa Bueu, Campelo, Marín e Portonovo.

Épocas probables de extracción: de febreiro a decembro, coas seguintes vedas: navalla: febreiro e marzo e longueirón: maio e xuño.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: de punta Alada a Laxe do Aire.

Días máximos de extracción: 234.

Puntos de control: confraría. Edificio da lonxa.

Punto de venda: lonxa de Aldán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xuño a decembro, cunha veda para a navalla. Do 1 de abril ó 31 de maio e para o longueirón do 1 de xaneiro ó 31 de marzo.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: praias de Rodeira, Liméns, Nerga e Barra, praia de Melide; Rodas, Viños, Carracido e a praia de San Martiño.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: na zona de producción cunha embarcación específica Navalleira.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro, e de abril a decembro, cun descanso de dous meses consecutivos no período comprendido entre febreiro e abril para navalla, e dous meses en primavera para o longueirón.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de puntal da Serra á ponte de Rande. Praia de Cabanas.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Canido-Vigo.

Punto de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: xaneiro, e de abril a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: desde cabo Ano Medio ata punta da Serra.

Días máximos de extracción: 70.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Asociación de confrarías da Ría de Vigo.

Zona de traballo: cabo Estai, Toubiña, Toralla, Canido, Bouzas, Rochas, Area Longa, A Portela, Cesantes, A Punta do Cabo, Malvinas, Puntal-río do Medio, Conejera, Area Nova, Estralo, Cunchido, Regatos, Cabanas, Larache, Deilán, río Maior, río do Porco, As Bancas, Calera, Domaio, Borna, Meira, A Xunqueira, O Con, Tirán, illa dos Ratos.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control:

Arcade: a lonxa, Pontesa e Cunchido.

Redondela: a lonxa de Cesantes, a punta do Cabo, A Portela e Area Longa.

Vilaboa: a lonxa de Sta. Cristina, S. Adrián, punta Calear e punta Cabalo.

Moaña: praia de Domaio, Xunqueira, praia de Tirán, illa dos Ratos e na Borna.

Vigo: peirao de Canido.

Puntos de venda: lonxa de Meira.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo, e de xuño a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

Artigo 9º.-Peneira.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación:

-Confraría de pescadores de Fisterra-Lira-Corcubión.

Zona de traballo: zona V.

Días máximos de extracción: 80

Puntos de control: lonxa e peirao de Fisterra, lonxa e peirao de Lira e peirao de Corcubión.

Puntos de venda: lonxas de Fisterra e Lira e peirao de Corcubión.

Época de probable de extracción: de xaneiro a abril, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: Areoso, Camallón, punta Testos, punta Niño de Corvo, Area Secada e punta Cabalo.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Areoso, Arnela, Roncadeiras e Concerrado.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de Pescadores de Marín, Pontevedra, Portonovo, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Bueu.

Zona de traballo: límite externo. De punta Faxilda a punta Centolo e de punta Galera (Onza), a punta Couso. Límite interno de punta Couso a punta Morcegos e de aí ó interior da ría.

Días máximos de extracción: 52.

Puntos de control: zona de extracción.

Puntos de venda: lonxas ou puntos de venda autorizados.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: ría de Aldán, da liña fomada por punta Couso e Laxe do Aire cara ó interior.

Días máximos de extracción: 52.

Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Aldán.

Puntos de venda: lonxa de Aldán.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: zona intermareal rochosa entre punta Canabal a punta Couso, illote Agoeiro e illas Cíes (excepto entre cabo Vicos e punta Cabaliño).

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: no mar nas inmediacións das zonas de extracción e a rampla da lonxa de Cangas.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Época probable de extracción: de xaneiro a marzo, e de outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subminintración de aire desde a superficie.

Artigo 10º.-Algas.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación:

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: de ermida de San Tirso a punta Rueta.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: lonxa de San Cibrao.

Punto de venda: lonxa de San Cibrao.

Época de probable de extracción: de xaneiro a xuño, e de outubro e novembro.

Arte ou técnica: recollida a pé.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: zona VII.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: Portiño, Suevos, Lorbe, Mera, Ares e peirao da Coruña.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Corme.

Zona de traballo: enseada da Anllóns a pta. Nariga.

Días máximos de extracción: 105.

Época probable de extracción: abril e outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: río da Ponte a Villueira e de Villueira a punta do Boi.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: confraría de Camariñas.

Época probable de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: punta Morelo a punta Gallada.

Días máximos de extracción: 149.

Puntos de control: peirao de Camelle.

Puntos de venda: lonxa de Camelle.

Época probable de extracción: de abril a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: de punta Uhía a punta Insua.

Días máximos de extracción: 30.

Época probable de extracción: abril, maio e xuño.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Portonovo, Raxó, Pontevedra, Bueu, Sanxenxo, Marín e Lourizán.

Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Centolo cara ó leste das Ons. De punta Galera a punta Couso e de punta Couso a punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 154.

Puntos de control: lonxa das confrarías.

Puntos de venda: lonxas autorizadas.

Época probable de extracción: de marzo a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: punta Couso a punta Preguntoiro cara ó interior da ría de Aldán.

Días máximos de extracción: 127.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría.

Época probable de extracción: de xaneiro a xuño.

Arte ou técnica de extracción: con mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de faro Borneira a punta Couso e illas Cíes.

Días máximos de extracción: 146.

Puntos de control: faro Borneira, Pedra Cantareira, praia de S. Martiño e rampla de descarga do peirao de Cangas.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de febreiro a agosto.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: illas Orelludas a punta Abra.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Época probable de extracción: de xaneiro a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Algamar, C.B.

Zona de traballo: Muros, Cee, de Cangas a Cabo Home e ría de Aldán. Cabo Silleiro á Guarda.

Días máximos de extracción: 152.

Puntos de control: zona de traballo.

Época probable de extracción: de xaneiro a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas Porto Muíños.

Zona de traballo: toda a costa de Galicia.

Días máximos de extracción: 165.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas y Ahumados Lou, S.L.

Zona de traballo: toda a costa de Galicia.

Días máximos de extracción: 44.

Época probable de extracción: xuño, xullo e agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Central Galaica de Plantas Medicinales.

Zona de traballo: de Viveiro a Ribadeo e de Muros a Camariñas.

Días máximos de extracción: 46.

Época probable de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Compañía Española de Algas Mariñas, S.A. (CEAMSA).

Zona de traballo: toda a costa de Galicia.

Días máximos de extracción: 96.

Época probable de extracción: de marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Algas de Galicia.

Zona: costa de Lugo.

Época probable de extracción: de maio a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé. Recollida á man.

De acordo co establecido no artigo 4 do decreto citado deberá solicitarse ante o delegado territorial cunha antelación mínima de 15 días, autorización para desenvolve-la actividade extractiva.

Disposicións adicionais

Primeira.-As solicitudes a que se refiren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, axustaranse ós modelos que figuran como anexos (II, III, IV e V) desta orde.

Segunda.-Os rastros remolcados, definidos nos artigos 120 a 123 do regulamento da actividade pesqueira, das artes e aparellos permitidos en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, no seu capítulo X, só poderán capturar un 10% de especies acompañantes sempre e cando as ditas especies non estean sometidas a un plan específico aprobado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Terceira.-Segundo o disposto no artigo 2.1 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación; non sendo recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras.

Cuarta.-Con carácter xeral autorízase a extracción de marisco as vésperas de festivos durante todo o ano 2004, sempre e cando o estado dos recursos o permita.

Quinta.-Segundo a Orde do 23 de abril de 1999 modificada pola do 13 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, a aprobación dos plans de explotación con arte ou modalidade de mergullo implica a autorización para realiza-lo mergullo nas zonas e período de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan dictadas pola delegación territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguridade, outorgada pola capitanía marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras, que serviron de base para esta orde, estarán dispoñibles nos servicios centrais, delegacións territoriais correspondentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, así como na sede das entidades responsables destes.

Segunda.-Autorízase a directora xeral de Recursos Mariños para o desenvolvemento desta orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

-Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre punta Cova Baixa e punta do Santo.

-Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre punta do Cabalo a punta Morago.

-San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada pola punta Crebaondas do dique norte da Alúmina e a punta oeste do illote A. Anxuela.

-Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre punta de Cabo Burela a faro Pedra e de faro Pedra a punta Areoura.

-Nois: demora NE punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.

-Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.

-Gahito: demora N punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.

-Rinlo: demora N punta Corbeira/N punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.

-Ribadeo: demora N punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.

-Enseada de Santa Marta ou de Cariño: a zona comprendida entre punta Espasante e punta O Seixo.

-Cedeira: a zona comprendida entre punta Castrelo e punta de Sarridal.