A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, no seu artigo 20, dispón que o rector será elixido pola comunidade universitaria e nomeado polo órgano correspondente da Comunidade Autónoma.
Do mesmo xeito, os estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polos decretos 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto) e 41/2000, do 25 de febreiro (DOG do 2 de marzo), dispoñen, no seu artigo 63.1º que o rector será nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia.
Recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade da Coruña polo que se remite certificación na que consta que celebradas as eleccións a rector o pasado 2 de decembro de 2003, José María Barja Pérez acadou en primeira volta o apoio proporcional de máis da metade dos votos validamente emitidos, unha vez feitas e aplicadas as ponderacións correspondentes, téndose realizada a proclamación definitiva do mesmo como candidato electo o día 11 de decembro de 2003, cómpre, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ó oportuno nomeamento.
Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por instancia da Universidade da Coruña, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xaneiro de dous mil catro,
DISPOÑO:
Artigo único.-Nomeo rector magnífico da Universidade da Coruña o profesor doutor José María Barja Pérez.
Santiago de Compostela, oito de xaneiro de dous mil catro.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria