DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 08 de xaneiro de 2004 Páx. 238

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de decembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

A entrada en vigor do Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da actual Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, e do Decreto 444/2003, do 18 de decembro, de traspaso do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEFG) á Universidade da Coruña, así como as actuais necesidades da dita consellería fan necesario a modificación da súa actual relación de postos de traballo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de decembro de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes

CódigoDenominaciónMotivación

FA.C08.00.001.15770.001

FA.C08.00.001.15770.010

FA.C08.00.001.15770.020

FA.C02.00.000.15770.002

FA.C06.00.000.15770.005

Subdirector/a xeral do Voluntariado

Servicio de Formación e Apoio Técnico do Voluntariado

Servicio de Promoción e Axudas do Voluntariado

Adxunto/a secretario/a conselleiro/a

Secretario/a director/a xeral

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.

FA.C99.10.000.15001.103Servicio de Familia, Infancia e Menores

FA.C99.10.000.27001.054Servicio de Familia, Infancia e Menores

FA.C99.10.000.32001.059Servicio de Familia, Infancia e Menores

FA.C99.10.000.36560.084Servicio de Familia, Infancia e Menores

FA.C99.10.000.15001.440Servicio de Voluntariado

FA.C99.10.000.27001.290Servicio de Voluntariado

FA.C99.10.000.32001.330Servicio de Voluntariado

FA.C99.10.000.36001.365Servicio de Voluntariado

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de decembro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2001ARQUITECTURA SUPERIOR
2022LICENCIADO EN CIENCIAS ECONÓMICAS
2023LICENCIADO EN CIENCIAS EMPRESARIAIS
2062LICENCIADO EN DEREITO
2085LICENCIADO EN PSICOLOXÍA
2817LICENCIADO EN CC. DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DO DEPORTE
2998TITULADO SUPERIOR
3001ARQUITECTURA TÉCNICA
3015ARQUITECTURA SUPER. OU TÉCNICA
3028PROFESORADO EXB

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

020COÑECEMENTOS INFORMÁTICA NIVEL USUARIO
022MECANOGR./TRAT. TEXTOS INFORMÁT.
030COÑECEMENTOS INGLÉS
057COÑ. SOCORRISMO/PROTECC. CIDADÁ
069EXPER. XESTIÓN PERSOAL
123EXP. CONTROL INGRES./PAGOS/DEPÓSITOS
209COÑ. POLÍTICA CEE/FDOS. ESTRUCT.
395MEDICINA DEPORTIVA (R.I.)
499TITULADO SUPERIOR (MÉRITO)
501LICENCIADO EN DEREITO (MÉRITO)
506LICENCIADO EN ECONOMÍA/EMPRESARIAIS (MÉRITO)

523DIPLOMA DE DIRECTIVO
640PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.)
641PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.)
845LICENCIADO EN CIENCIAS DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DO DEPORTE (MÉRITO)

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIONES

A11ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.
A17ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E PERSOAL DOCENTE CON DESTINO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
AXGADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS

B10COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE
B18COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE

CÓDIGO-DESCRICIÓN DE CATEGORÍA

(C)CATEGORÍAS 1, 4, 5, 6, 7, 8, 17, 21, 25, 26 E 30 DO IV CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DA XUNTA DE GALICIA