DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 2004 Páx. 210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2003 pola que se fai pública a modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, acordada polo Pleno en sesión do día 15 de decembro de 2003.

A mesa sectorial de funcionarios da Administración autonómica de Galicia sobre o reparto do fondo para a mellora e modernización dos servicios públicos previsto na Lei 6/2003, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, acordou aplica-lo dito fondo con efectos do 1 de xaneiro de 2003 ó complemento específico do persoal funcionario, cun incremento lineal anual de 134 A, consolidables en exercicios posteriores. O Consello da Xunta de Galicia ratificou o devandito acordo na súa reunión do 10 de outubro de 2003 e a Consellería de Economía e Facenda con data 6-11-2003, aprobou a oportuna modificación de créditos e a transferencia ó orzamento do Consello de Contas de créditos suficientes.

De conformidade co disposto no artigo 8 ap. j) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación cos artigos 6 e 25 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, o

Pleno del Consello de Contas, en sesión do día 15 de decembro de 2003, tomou entre outros, o seguinte

ACORDO:

-Modifica-la relación de postos de traballo vixente incrementando o complemento específico do persoal funcionario e eventual en 134 A, con efectos do 1 de xaneiro de 2003 e consolidable en exercicios posteriores.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia