DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 2004 Páx. 176

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xaneiro de 2004 pola que se prorrogan 33 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Orde do 14 de marzo de 2001 (DOG nº 62, do 28 de marzo), a Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 203, do 19 de outubro), a Orde do 5 de marzo de 2002 (DOG nº 65, do 4 de abril), a Orde do 15 de novembro de 2002 (DOG nº 233, do 3 de decembro) e a Orde do 14 de marzo de 2003 (DOG nº 65, do 2 de abril), polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, prevén na súa base cuarta a concesión de prórrogas ós bolseiros e bolseiras que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expediente de gasto; o gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2004.

Na súa virtude, e de acordo co establecido na base terceira e na cuarta das citadas ordes, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en proxectos de inves

tigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro ata o 31 de maio de 2004 ás persoas que se relacionan no anexo I desta orde, concédeselles prórroga da bolsa ata o 13 de decembro de 2004 ás persoas que se relacionan no anexo II desta orde; concédeselles prórroga da bolsa ata o 31 de decembro de 2004 ás persoas que se relacionan no anexo III desta orde. Os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 11 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa durante o período de prórroga será de 758,89 euros mensuais, segundo o establecido na base terceira das citadas ordes. A contía total das bolsas ascende a 276.300,28 euros (260.250,28 euros correspondentes ás mensualidades e 16.050 euros á asistencia sanitaria) da partida orzamentaria 07.06.353E.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Terceiro.-Contra esta disposición, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administra

tivo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nome dos beneficiarios/asNIF

Muriano Rodríguez, Mª Montserrat32818699-E

Fernández Paredes, Beatriz76725406-M

Juncal Pereira, Luis46902572-Y

Blanco González, Cristina34889605-P

Mociño González, Isabel44447042-W

Verde Pena, Mª Inés33290596-M

Paredes Miras, Mª Pilar33272698-R

ANEXO II

Nome dos beneficiarios/asNIF

Munín Munín, Alicia33299904-K

Fariña Miranda, Carmen79317313-L

Vidal Castiñeira, Ana76724144-P

Pita Rubido, Mª Luisa76417503-A

González Martínez, Deborah53176830-W

Zapico Barbeito, Mª Pilar53165044-S

Muíña García, Mª Milagros33327556-G

ANEXO III

Nome dos beneficiarios/asNIF

Álvarez Francisco, Mª Esther10198798-T

Lojo Abeijón, Mª Josefa52457249-E

Castaño Torrado, Berta76778972-G

Parrado Freire, Alexandre G.46909881-R

Díaz Lage, José Mª44808383-J

Neira Rodríguez, Marta76970360-D

Filgueiras Fachal, Paulo32693794-F

Martínez Insua, Ana76622350-N

Cuquejo Enríquez, María Manuela32815850-W

Rodríguez Añón, Marta Mª79320430-P

Veiga Mateos, Inés44813512-J

Cao Míguez, Ana B.36155425-T

Suárez Vázquez, Damián34991095-E

Bestilleiro Bello, Xosé32834348-P

Veiga Novoa, Cristina53176358-J

Rodríguez González, Mariola78556054-Z

Caamaño Rojo, Mª José79321635-V

García Lozano, Ana33998378-P

Cereixo Silva, Amparo33286523-A

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL