DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2004 Páx. 147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral do convenio colectivo do sector da construcción.

Visto o expediente do calendario laboral do convenio colectivo do sector da construcción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-11-2003 e subscrito en representación da parte económica por Apecco, e da parte social, pola UGT, CIG e CC.OO. o día 11-11-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de novembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta número 1 do convenio colectivo

da construcción da provincia da Coruña

Asistentes:-Por Apecco:

Antonio Fernández Durán.

Ignacio Tuñón Gurrea.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).-Por UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Pedro Marcote Álvarez.

Celestino Pérez Vázquez.-Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez.

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.-Por CIG:

Faustino Barcia Santos.

Vicente Moreira Sobrido.

Victorino Ares Prado.

Na cidade da Coruña, 11 de novembro de 2003, sendo as 17.00 horas, reúnense nos locais de Apecco, os señores que arriba se relacionan, para proceder a dar cumprimento ós trámites de constitución da mesa para negocia-lo convenio colectivo provincial da Coruña, de construcción e obras públicas para o ano 2004 e recoñecemento de lexitimidade.

E en representación de cada unha das centrais, asistirán as seguintes persoas:

-Por UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Manuel Martínez Arnoso.

Celestino Pérez Vázquez.-Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez.

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.-Por CIG:

Faustino Barcia Santos.

José Luis Rua Lamas.

Victorino Ares Prado.-E en representación da Asociación Provincial de Empresarios da Coruña (Apecco):

Antonio Fernández Durán.

Manuel López Grobas.

Ignacio Tuñón.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Nos expresados termos queda constituída a mesa negociadora do convenio provincial da Coruña de construcción e obras públicas.

Aberta a sesión e logo dunha ampla deliberación con relación ó calendario laboral que rexerá para o ano 2004, cun total de 1.750 horas efectivas de traballo, acórdase aprobar por unanimidade o que se achega a esta acta e que entra en vigor na data da súa sinatura.

En consecuencia, páctanse como festivos para o ano 2004 os seguintes:

2 e 5 de xaneiro.

23 e 24 de febreiro.

12 de abril.

8 e 11 de outubro.

7, 24 e 31 de decembro.

23 (xornada de 6 horas).

Os días FC que figuran no calendario, se coinciden no período vacacional non computan para efectos de FC.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario para a presentación do calendario citado ante a Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data máis arriba indicados.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL