DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2004 Páx. 89

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 448/2003, do 18 de decembro, polo que se crea por segregación o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense.

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económios e profesionais.

A transferencia en materia de colexios oficiais e profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo e asumiuse por Decreto 337/1996, do 13 de setembro.

A Comunidade Autónoma galega, en cumprimento do artigo 36 da Constitución española, dictou a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia. O

artigo 15.2º da dita lei recoñece a posibilidade de modificación do ámbito territorial dos colexios profesionais por segregación, esixindo para levala a cabo a aprobación por decreto.

Tendo en conta o exposto, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaoito de decembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense, por segregación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña.

Artigo 2º

Ámbito teritorial do colexio será o da provincia de Ourense.

Disposicións transitorias

Primeira.-A Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña, no prazo de seis meses a partir da entrada en vigor deste decreto, deberá convocar unha asemblea xeral extraordinaria que terá o carácter de asemblea constituínte do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense.

A dita asemblea deberá ser anunciada, como mínimo, con vinte días de antelación, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión de Galicia.

Segunda.-A asemblea colexial constituínte deberá aproba-los estatutos do colexio e elixi-los membros dos seus órganos de goberno.

Terceira.-Os estatutos, logo de seren aprobados, xunto coa acta da asemblea constituínte, remitiránselle á consellería competente en materia de colexios profesionais para os efectos da súa aprobación definitiva, trala cualificación de legalidade, publicación no Diario Oficial de Galicia e inscrición no rexistro de colexios.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Xesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local