DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2004 Páx. 88

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de decembro de 2003 pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa convocados pola Orde do 2 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27 de xuño).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 2 de xuño de 2003 (DOG do 27 de xuño), convocou premios dentro do marco do impulso á innovación educativa nos niveis non universitarios e do recoñecemento do traballo realizado polo profesorado que, individual ou colectivamente, está a levar adiante prácticas educativas innovadoras.

Segundo o disposto no artigo 6 da devandita orde, o día 14 de novembro de 2003 constituíuse o xurado encargado de avalia-los traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta de concesión de premios, que se elevou ó conselleiro para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-los premios á innovación educativa, convocados pola Orde do 2 de xuño de 2003, ós traballos e profesores que se relacionan no anexo á presente orde.

Segundo.-Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Premios á innovación educativa

* Modalidade A:

-Un primeiro premio de 2.200 euros ó traballo:

Título: A vida no bosque.

Coord.: José Juan Eiras Sánchez.

Centro: CPI Fonte Díaz, Touro (A Coruña)

-Dous segundos premios de 1.400 euros cada un ós traballos:

Título: Musichao, xogo educativo musical. B16.

Autora: Rocío Chao Fernández.

Centro: IES Castro da Uz, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Título: Fósiles característicos.

Autor: Alberto Cifuentes Torres.

Centro: IES Auga de Laxe, Gondomar (Pontevedra).

-Dous terceiros premios de 900 euros cada un ós traballos:

Título: As novas tecnoloxías como soporte didáctico nas distintas áreas curriculares.

Coord.: Xoaquín Freixeiro Álvarez.

Centro: CEIP Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Título: Get into English.

Coord.: Warinca Arce González.

Centro: IES Xosé Neira Vilas, Perillo (A Coruña).

* Modalidade B:

-Un primeiro premio de 1.800 euros ó traballo:

Título: Búscase (materiais para a diversidade).

Coord.: Mª do Pilar Buela Piedra.

Centro: IES de Valga, Valga (Pontevedra).

-Dous segundos premios de 1.000 euros cada un ós traballos:

Título: Semana da ciencia.

Coord.: Luis A. Peña Rodríguez.

Centro: IES Nº1 de Ribeira, Ribeira (A Coruña).

Título: ¿Facemos música? ¡Fagamos música!.

Coord.: Mónica Patricia Muñoz Sobrino.

Centro: CEIP San Salvador, Teis-Vigo (Pontevedra).

-Dous terceiros premios de 700 euros cada un ós traballos:

Título: Materiais educativos para inglés en Anticipación.

Autora: Mª del Carmen Rodríguez Montegrifo.

Centro: CEIP Campolongo, Pontevedra.

Título: Arte na educación infantil.

Coord.: Mª José Pousa Rodríguez.

Centro: CRA Os Remuíños, Cabana de Bergantiños (A Coruña).

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL