DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2004 Páx. 87

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de decembro de 2003 pola que se resolve a concesión dos premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes ou mellora da convivencia realizados por profesorado de centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convocados pola Orde do 2 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27 de xuño).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 2 de xuño de 2003 (DOG do 27 de xuño), convocou premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes ou mellora da convivencia realizados por profesores de centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do marco de impulso á adquisición de hábitos de convivencia democrática e de respecto mutuo, co fin de prepara-las persoas para a participación responsable nas distintas actividades e instancias sociais.

Segundo o disposto no artigo 5 da devandita orde, o día 4 de novembro de 2003 constituíuse o xurado encargado de avalia-los traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta de concesión de premios, que se elevou ó conselleiro para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-los premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes ou mellora da convivencia realizados por profesorado de centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocados pola Orde do 2 de xuño de 2003 (DOG do 27 de xuño) ós traballos e profesores que se relacionan no anexo á presente orde.

Segundo.-Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Premios a experiencias e proxectos de promoción

de conductas tolerantes ou mellora da convivencia

-Primeiro premio: 4.000 euros:

Título: Nas aulas, hoxe.

Coord.: Pilar Fernández Illán.

Centro: IES Becerreá.

Enderezo: Castelo, s/n.

Localidade: 27640 Becerreá, Lugo.

-Segundo premio: 2.500 euros:

Título: Pola tolerancia 10.

Coord.: Xosé Amancio Liñares Giraut.

Centro: IES Terra do Xallas.

Enderezo: Rosalía de Castro, s/n.

Localidade: 15840 Santa Comba, A Coruña.

-Dous terceiros premios: 1.250 euros cada un:

Título: Formación para a non discriminación.

Coord.: Ana I. Valdés Fernández.

Centro: IES Nº1 de Ribeira.

Enderezo: Avda da Coruña, 170.

Localidade: 15960 Ribeira, A Coruña.

Título: Experiencia de mellora da convivencia.

Coord.: Carlos Miranda Armada.

Centro: CEIP M. Fraga Iribarne.

Enderezo: A Solana, s/n.

Localidade: 15360 Cariño, A Coruña.