DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 2004 Páx. 86

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 10 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Dirección Xeral da Xuventude e do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados pola Resolución conxunta do 2 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27 de xuño).

As direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais en colaboración co Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, convocaron por Resolución conxunta do 2 de xuño de 2003 (DOG do 27 de xuño) premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

De conformidade co disposto no artigo 6 da devandita resolución conxunta, o día 3 de novembro de 2003 constituíuse o xurado encargado de avalia-los traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑEN:

Primeiro.-Declarar desertos o seguintes premios: un premio en educación para o consumo, os dous premios en prevención do consumo indebido de drogas, un premio en educación para a paz e a mul

ticulturalidade e un premio en educación para o lecer.

Segundo.-Outorgar tres premios na transversalidade na educación e un en educación vial.

Terceiro.-Concede-los premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados por resolución conxunta do 2 de xuño de 2003 ós traballos que se relacionan no anexo a esta resolución.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Quinto.-Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2003.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros

e Ordenación Educativa

Mª del Pilar Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Formación Profesional

e Ensinanzas Especiais

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería

de Sanidade

Jorge Suanzes Hernández

Director xeral de Saúde Pública

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

Marta González Vázquez

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Loreto San Martín Gómez

Directora xeral de Xuventude

Francisco Maseda Eimil

Director xeral do Centro

de Desenvolvemento Sostible

ANEXO

Premios á innovación educativa sobre os temas

transversais

1. A transversalidade na educación.

-Tres premios ós traballos:

Título: Somos personas.

Coord.: María Jesús Buitrago Rovira.

Centro: IES Ribeira do Louro, O Porriño (Pontevedra).

Título: O Tréquele-Tréquele de Aragonta.

Coord.: Francisca de F. Bautista Montero.

Centro: CRA Raíña Aragonta, Salceda de Caselas (Pontevedra).

Título: O espíritu do teixo vello.

Coord.: Mª Vicenta Cabezas Arce.

Centro: CEIP Santa María de Casaio, Casaio-Ourense.

2. Educación vial.

-Un premio ó traballo:

Título: Rompendo tópicos dos adolescentes sobre o tráfico.

Autor: Luis C. Cachafeiro Chamosa.

Centro: IES Pontepedriña, Santiago de Compostela (A Coruña).

3. Educación para o consumo.

-Un premio ó traballo:

Título: Etique-talandia.

Coord.: Ánxeles Rivera Machado.

Centro: CEIP Seis do Nadal, Vigo-Pontevedra.

4. Prevención do consumo indebido de drogas.

-Os dous premios desertos.

5. Educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde buco-dental e alimentación e dieta sá).

-Dous premios ós traballos:

Título: Desenrolo dun plan de autoprotección nun edificio de uso docente: IES Ramón Otero Pedraio de Ourense.

Coord.: Javier Conde Vázquez.

Centro: IES Ramón Otero Pedraio, Ourense.

Título: Un vieiro de esperanza.

Coord.: Concepción Barreiro González.

Centro: IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra.

6. Educación para a paz e a multiculturalidade.

-Un premio ó traballo:

Título: Alertando da violencia de xénero.

Coord.: María Luisa Abad Abad.

Centro: IES Valentín Paz Andrade, Vigo-Pontevedra.

7. Educación para a igualdade de ámbolos sexos.

-Dous premios ós traballos:

Título: Educar en igualdade.

Coord.: Mª del Carmen Losada Andreu.

Centro: CEIP Armenteira, Armenteira-Pontevedra.

Título: Mulleres, ciencia e sociedade.

Coord.: Mª del Carmen Cid Manzano.

Centro: IES Otero Pedrayo, Ourense.

8. Educación para o lecer.

-Un premio ó traballo:

Título: Miradas xóvenes para o noso patrimonio.

Coord.: Mª Luisa Márquez Rodríguez.

Centro: IES Luis Seoane, Pontevedra.

9. Educación ambiental.

-Dous premios ós traballos:

Título: ¡Non tires ... recicla!.

Coord.: Matilde de Montero Barreiro.

Centro: Escola Infantil, Vigo-Pontevedra.

Título: A auga doce.

Coord.: Mª Pilar Crespo Martínez.

Centro: Escola de EI Os Campos, Pontevedra