O Complexo Hospitalario de Pontevedra remitiu ó Servicio Galego de Saúde varias ofertas de doazón de diverso material con destino a diferentes servicios do dito complexo. O Servicio Galego de Saúde emitiu un informe favorable á aceptación do equipamento ofertado.
Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.
En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil tres,
DISPOÑO:
Artigo primeiro.-Acepta-la doazón do seguinte material:
-1 scaner, marca H.P., modelo 2400, cun valor 150 euros a favor da Unidade de Inmobilizado, doado por Diseño de Sistemas Digitales Microiberica, S.L.
-1 impresora, marca Lexmark, modelo 323, cun valor de 429,20 euros a favor do servicio de pediatría, doada por Pharmacia Diagnostics España, S.A.
-1 cámara fotográfica, marca Nikon, modelo Coolpix 4500, cun valor de 836,61 euros, doada por Insanex, S.L.
-2 ordenadores con monitor e teclado, marca Compaq, modelo EVO D310DT, cun valor de 2.911,60 euros a favor do servicio de informática, doados por Pharmacia Diagnostics España, S.L.
-1 ordenador, marca Compaq, modelo EVO D310DT, cun valor de 1.200,01 euros, doado por Laboratorios Vita, S.A.
Artigo segundo.-Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario de Pontevedra, de acordo coa vontade dos doantes.
Disposición derradeira
O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.
Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil tres.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade