DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 2004 Páx. 28

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 25 de novembro de 2003 pola que se resolve a creación formal e integración de centros bibliotecarios na rede de bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta da directora xeral de Promoción Cultural, en conformidade co establecido no artigos 34 e 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro.-Procédese a crear formalmente e integrar na rede de bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Axencia Municipal de Lectura de Lires-Cee (A Coruña) e rematando pola Biblioteca Pública Municipal Especializada Carlos Gurméndez de Pontedeume (A Coruña).

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun covenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servicio público que deberá axustarse ó estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior ós tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimiento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da rede de bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Axencia Municipal de Lectura de Lires-Cee (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura de Caión-A Laracha (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura Victoria Armesto de Xanceda-Mesía (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura de Currelos-O Saviñao (Lugo).

Axencia Municipal de Lectura de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Axencia Municipal de Lectura de Meiro-Bueu (Pontevedra).

Axencia Municipal de Lectura de Baión-Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Axencia Municipal de Lectura de Chapela-Redondela (Pontevedra).

Axencia Municipal de Lectura de Oia (Pontevedra).

Axencia Municipal de Lectura de Coiro-Cangas (Pontevedra).

Axencia Municipal de Lectura de Buxantes-Dumbría (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura de Caleiro-Corón-Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Axencia Municipal de Lectura de Melón (Ourense).

Axencia Municipal de Lectura de Folgoso do Caurel (Lugo).

Biblioteca Pública Municipal Especializada Carlos Gurméndez de Pontedeume (A Coruña).