DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 2004 Páx. 27

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 25 de novembro de 2003 pola que se resolve a integración de centros bibliotecarios na rede de bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta da directora xeral de Promoción Cultural, en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro.-Intégranse na rede de bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán de Cee (A Coruña) e rematando pola Axencia Municipal de Lectura de Seixo-Marín (Pontevedra).

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun covenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servicio público que deberá axustarse ó estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior ós tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da rede de bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán de Cee (A Coruña).

Biblioteca Pública Municipal da Gudiña (Ourense).

Biblioteca Pública Municipal de Paderne (A Coruña).

Biblioteca Pública Municipal de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Biblioteca Pública Municipal de Ourol (Lugo).

Biblioteca Pública Municipal de Ribeira (A Coruña).

Biblioteca Pública Municipal de Mos (Pontevedra).

Biblioteca Pública Municipal de Irixoa (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura de Froxel-Arteixo (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura de Brens-Cee (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura do Tilos-Teo (A Coruña).

Axencia Municipal de Lectura de Seixo-Marín (Pontevedra).