Examinado o expediente instruído por instancia de Francisco Cacharro Pardo, presidente da Fundación para el Desarrollo de las Tecnologías de la Información y de la Comunicación, no que solicita autorización para a apertura e funcionamento do centro privado TIC de Lugo, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de producción de audiovisuais, radio e espectáculos e o de realización de audiovisuais e espectáculos da familia profesional de comunicación, imaxe e son.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1537/2003 (BOE do 10 de decembro), do 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Real decreto 2034/1995 (BOE do 3 de febreiro de 1996) polo que se establece o título de técnico superior en producción de audiovisuais, radio e espectáculos; o Real decreto 2035/1995 (BOE do 9 de febreiro de 1996) polo que se establece o título de técnico
superior en realización de audiovisuais e espectáculos; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e o funcionamento do centro privado TIC de Lugo, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de producción de audiovisuais, radio e espectáculos e o de realización de audivisuais e espectáculos, segundo se especifica no anexo desta orde.
Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.
Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Lugo.
Concello: Lugo.
Localidade: Lugo.
Enderezo: Frei Plácido Rey Lemos, nº 15.
Código do centro: 27020756.
Denominación: centro privado TIC.
Titular: Fundación para el Desarrollo de las Tecnologías de la Información y de la Comunicación (TIC).
Ensinanzas que se autorizan:
Familia profesional: comunicación, imaxe e son.
1 ciclo formativo de grao superior de producción de audiovisuais, radio e espectáculos (2 unidades para 20 alumnos/unidade).
1 ciclo formativo de grao superior de realización de audiovisuais e espectáculos (2 unidades para 20 alumnos/unidade).