DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 2004 Páx. 6

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de decembro de 2003 pola que se autoriza o centro privado Fesán de Santiago de Compostela (A Coruña) para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de atención sociosanitaria.

Examinado o expediente presentado por Enmanuel López Ares, en que solicita autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de atención sociosantaria en quenda de tarde-noite no centro privado Fesán de Santiago de Compostela (A Coruña), e pasar a imparti-lo ciclo formativo de grao superior de animación sociocultural en quenda de mañá, autorizado segundo a Orde do 19 de setembro de 2003 (DOG do 26 de setembro) en réxime ordinario.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Real decreto 938/2003, (BOE do 12 de agosto), do 18 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en atención sociosanitaria; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG

do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Fesán de Santiago de Compostela (A Coruña), para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de atención sociosanitaria en quenda de tarde-noite e pasar a imparti-lo ciclo formativo de grao superior de animación sociocultural, que tiña autorizado en réxime ordinario, á quenda de mañá, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, previo informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: r/ Severino Riveiro Tomé, 9 baixo.

Código do centro: 15032364.

Denominación: Centro privado Fesán.

Titular: Fundación de Estudios e Análises (Fesán).

Composición resultante:

Familia profesional: servicios socioculturais e á comunidade.

1 ciclo formativo de grao medio de atención sociosanitaria (2 unidades para 20 alumnos/unidade) en quenda de tarde-noite.

1 ciclo formativo de grao superior de animación sociocultural (1 unidade para 20 alumnos) en quenda de mañá.