Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental titulado Aproveitamento de recursos naturais e acondicionamento de recinto para depósito e reciclaxe de materiais procedentes de demolición e construcción no lugar de Castrelos-Vimianzo, presentado por Siavi, S.L., no concello de Vimianzo (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, de 25/IX), e durante o prazo de trinta (30) días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental titulado Aproveitamento de

recursos naturais e acondicionamento de recinto para depósito e reciclaxe de materiais procedentes de demolición e construcción no lugar de Castrelos-Vimianzo, presentado Siavi, S.L, no concello de Vimianzo (A Coruña).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña.

Tercero.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental