Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión paritaria do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 16 de outubro de 2002, sobre inclusión de categorías profesionais no anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 7 de novembro de 2002, certificación da secretaria da comisión paritaria do IV convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado na xuntanza do 16 de outubro de 2002, sobre a inclusión de categorías profesionais no anexo II do convenio.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

A comisión paritaria do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa

xuntanza do 16 de outubro de 2002 (acta 3/2002) adoptou o acordo de incluír no anexo II do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, as seguintes categorías:

Grupo III, categoría 29, categoría denominación: delineante de 1ª.

Grupo III, categoría nº 48 categoría denominación: axente auxiliar inspección tributaria.