Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23 2 OF 2, 36201 Vigo.
Denominación: ampliación potencia C.T. Alxén n. 25.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Características técnicas: C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-230/400 V, en Alxén n. 25, no concello de Salvaterra de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 6 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra