Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de novembro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan acordos de imposición de sancións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Fernández Gandoy, Ángel e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de imposición de sancións pendentes de notificar, despois de inten

tada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla, 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de novembro de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Fernández Gandoy, Ángel (33645518-Z); Páramo, 12, Castroverde (Lugo)Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; acordo de imposición de sanción; exp. 1583/01-Z; liquidación nº 000010017452

Ferreiros Barreira, Raúl (33795676-M); lg. As Campas-Sta. María Alta, (Lugo)Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; acordo de imposición de sanción, exp. 2010/01-Z; liquidación nº 000010021403

Ferreiros Barreira, Raúl (33795676-M); lg. As Campas-Sta. María Alta, (Lugo)Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; acordo de imposición de sanción, exp. 2009/01-Z; liquidación nº 000010021402