Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/218-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000. A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Mallobre.

Situación: Ares.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio formigón e con conductor LA-56 de 8 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 34 da liña frente-Chancas e final no C.T., que se vai instalar nos Galgos. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV nos Galgos, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 364 m de lonxitude-Ares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións