Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 168/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de ampliación subestación de Balaídos cunha nova posición de liña que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na subestación de Balaídos, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: interconectar a Sub. Balaídos coa Sub. O Castro.

Características principais: nova posición de liña a 132 kV, cos seguintes aparellos: un interruptor, dous seccionadores de barras, tres transformadores de intensidade, un seccionador de liña con coitelas de posta a terra, tres transformadores de tensión capacitivo, tres autoválvulas, e tres cabezas terminais de cable. Traslado de posición de transformadores de tensión de barras.

Orzamento: 41.689.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 15 de maio de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9604390