Museo das Peregrinacións

Aplicación móbil do Museo das Peregrinacións e de Santiago para aproveitar ao máximo a visita á exposición sobre o fenómeno da peregrinación e a historia da cidade.

A xeolocalización de interiores da app determina en que punto está o/a visitante dentro da sala e durante o seu percorrido amósalle información das obras expostas, dos puntos de interese máis próximos e das mostras temporais que está acollendo o museo. Esta información ofrécese en texto, audio e lingua de signos.

As persoas usuarias tamén poden acceder a un amplo servizo de contidos adicionais, como audiovisuais, material extra ou fichas de catalogación, e consultar información práctica, como a situación de ascensores, aseos e saídas de emerxencia.

Descarga