Galicia Nomeada

App colaborativa para a recollida, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega.

Esta aplicación é froito dun proxecto de preservación do patrimonio toponímico impulsado pola Real Academia Galega e a Xunta de Galicia e baseado na participación da xente nos procesos de recollida, xeorreferenciación e difusión por Internet dos microtopónimos galegos. 

A nova ferramenta permite explorar o mapa e introducir propostas particulares de microtoponimia nunha base de datos, xeorreferencialas e engadir imaxes e arquivos de audio pronunciando o nome ou contando a lenda etiolóxica que o motivou.

Tras a supervisión de especialistas e o contraste con máis colaboradores/as dunha mesma zona, os nomes suxeridos pasarán a formar parte do banco de topónimos normalizados de toda Galicia.

 

Descarga