Mercados e prazas de Galicia

App para consultar toda a información relativa a mercados, prazas de abastos e feiras tradicionais de Galicia.

Mercados e prazas de Galicia é unha aplicación desenvolta pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria que permite a consulta, mediante dispositivos móbiles, de toda a información relativa a mercados, prazas de abastos e feiras tradicionais existentes en Galicia, poñendo a disposición do/s usuario/s toda a información e servizos dispoñibles, así como os eventos que se poidan celebrar en torno a elas e noticias relacionadas.

Está dispoñible tanto en galego como en castelán e incorpora, entre outras funcionalidades:

  • Personalizar a información en función dos intereses do/a usuario/a
  • Acceder a espazos de compra en liña e recibir notificacións
  • Localizar o mercado máis próximo ao lugar no que se atopa o/a usuario/a (con detalle da distancia que o separa do seu punto actual)
  • Obter información detallada de cada mercado: dirección, teléfono de contacto, correo electrónico, horarios, servizos dispoñibles nel...
  • Engadir os mercados a unha lista de favoritos
  • Compartir a ficha dun mercado a través doutras aplicacións, redes...
  • Acceder ás redes sociais do mercado

Descarga