DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 18 de xullo de 2005 Páx. 12.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de xullo de 2005 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior.

A Orde do 10 de xaneiro de 2005 (DOG do 14 de xaneiro) ditou as normas para a aplicación, a partir do curso académico 2005-2006, do réxime de concertos educativos previstos na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Vistas as solicitudes presentadas polos titulares dos centros docentes privados, cumpridos todos os trámites previstos na citada Orde do 10 de xaneiro de 2005 e tendo en conta a proposta formulada pola Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa.

Esta consellería

DISPÓN:

Primero.-Aprobar os concertos educativos cos centros docentes privados que se relacionan nos anexos desta orde, que terán unha duración de catro anos.

1. Os concertos educativos correspondentes ás ensinanzas de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, anexo I.

2. Os concertos educativos correspondentes ás ensinanzas de educación especial, anexo II.

3. Os concertos educativos correspondentes ás ensinanzas de ciclos formativos de grao medio, anexo III.

4. Os concertos educativos correspondentes ás ensinanzas de programas de garantía social, anexo IV.

5. Os concertos educativos correspondentes ás ensinanzas de ciclos formativos de grao superior, anexo V.

6. Aprobar a formación en centros de traballo, anexo VI, para os ciclos formativos de grao medio e grao superior de duración dun curso, que se realizará nos meses de setembro a novembro de 2005.

7. Os centros que se recollen no anexo VII serán dotados de financiamento, polo número de horas que nel se especifica, dos servizos de orientación educativa a que se refire a disposición adicional terceira.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo.-O documento administrativo de formalización de concerto educativo, anexo VIII, será asinado polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Terceiro.-Esta orde terá efectos económicos e administrativos do 1 de setembro de 2005.

Cuarto.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modi

ficación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VIII

En Santiago de Compostela 1 de setembro de 2005.

Dunha parte:

D./Dª Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Doutra parte:

D./Dª

Na condición de titular/representante legal do centro cos datos que se expresan a continuación:

Denominación:

Código:

Enderezo:

Localidade:

Concello:

Provincia:

A teor do disposto nos artigos 3.2º e 25 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, aprobado polo Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (no sucesivo regulamento), e de acordo coa Orde do 6 xullo de 2005 (DOG).

ACORDAN:

Subscribir o concerto educativo, de acordo coas seguintes cláusulas:

Primeira.-Este concerto educativo ten por obxecto o sostemento do centro privado con fondos públicos para a prestación do servizo público da educación nos termos previstos na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes. Por este concerto o centro asume as obrigas establecidas nas devanditas leis orgánicas, no regulamento, na Orde do 10 de xaneiro de 2005, pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 2005-2006, así como nas demais normas que lle sexan aplicables.

Segunda.-De acordo co establecido na Orde do 6 de xullo de 2005 (DOG do), pola que se resolve a concesión dos concertos educativos, este concerto terá a seguinte extensión e duración:

(*) Indicarase o nivel ou niveis educativos, número de unidades e período polo que se concerta. No caso de formación profesional especificarase familia profesional ou ciclo formativo e no de educación especial expresarase a modalidade.

Terceira.-A Administración está obrigada á asignación de fondos públicos para o sostemento do centro concertado nos termos sinalados nos artigos 12 e 13 e, se é o caso, na disposición adicional cuarta do regulamento.

A Administración educativa satisfaralle ao persoal docente do centro os salarios correspondentes, como

pagamento delegado e en nome da entidade titular do centro, sen que estes signifiquen ningunha relación laboral entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o mencionado persoal docente.

Cuarta.-O titular do centro está obrigado a impartir as ensinanzas obxecto deste concerto gratuitamente, sen percibir ningún concepto que, directa ou indirectamente, supoña unha contrapartida económica pola impartición das ditas ensinanzas, de acordo cos correspondentes deseños curriculares base e plans de estudo e con suxeición ás normas de ordenación académica en vigor.

Quinta.-O titular do centro está obrigado, así mesmo, a que as actividades escolares complementarias, actividades extraescolares e servizos complementarios que, se é o caso, se realicen no centro, se adecuen ao disposto no Decreto 444/1996, do 13 de decembro, polo que se regulan as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios dos centros privados en réxime de concerto.

Sexta.-Polo concerto, o titular obrígase ao cumprimento das normas de admisión de alumnos que se establecen no artigo 53 da Lei orgánica reguladora do dereito á educación, no Decreto 87/1995, do 10 de marzo, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, de educación primaria e de educación secundaria, na Orde do 16 de marzo de 2001 (DOG do 11 de abril), pola que se regula o procedemento para admisión de alumnos en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos, e demais normativa aplicable ao procedemento de admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos.

Sétima.-O titular do centro obrígase a manter, e se é o caso, a constituír os órganos de goberno a que se refire o artigo 54 da Lei orgánica reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes, o artigo 26 do regulamento e a Orde do 28 de agosto de 1996, pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros privados concertados.

Oitava.-A provisión de vacantes do persoal docente que se produzan no centro concertado realizarase conforme o disposto no artigo 60 da Lei orgánica reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes, e no artigo 26.3º do regulamento.

Novena.-Independentemente do número de unidades autorizadas, o centro unicamente terá en funcionamento, en niveis de ensino obrigatorio, o número de unidades concertadas; non obstante, isto non lle será de aplicación se o centro está a acceder de xeito progresivo ao réxime de concertos.

Décima.-O titular do centro concertado deberá facer constar na súa denominación, na súa documentación e na súa publicidade a condición de centro concertado.

Igualmente o titular deberá poñer en coñecemento dos membros da comunidade escolar e, se é o caso, das autoridades competentes o carácter propio do centro, no suposto de que o tivese.

Décimo primeira.-Para a execución do concerto, o titular do centro adoptará as seguintes medidas:

1. Para efectos do aboamento das cantidades correspondentes a salarios o titular do centro concertado facilitaralle á Administración educativa competente as nóminas do persoal docente, as liquidacións das cotizacións á Seguridade Social mediante a formalización e remisión dos documentos oficiais de cotización correspondentes, así como os partes de alta, baixa ou alteración.

2. As altas e baixas do persoal docente no réxime da Seguridade Social xestionaraas o titular do centro na súa condición de empregador na relación laboral. As devanditas circunstancias deberán ser acreditadas por este ante a administración educativa competente.

As responsabilidades que puidesen derivar do incumprimento das obrigas de altas, baixas e liquidación de cotizacións, serán por conta do titular do centro.

3. Nas nóminas relacionaranse os profesores correspondentes ás unidades concertadas sen que, en ningún caso, o custo de cada unidade, excluída a antigüidade, poida exceder dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados.

Así mesmo, a listaxe das nóminas incluirá as circunstancias que concorren en cada profesor para efectos de determinar o soldo, a antigüidade, a cotización á Seguridade Social e outras posibles variantes.

4. Todas as actividades do profesorado do centro concertado, tanto lectivas coma non lectivas, retribuídas pola Administración prestaranse no nivel de ensino obxecto deste concerto.

5. As cantidades aboadas pola Administración, en concepto de outros gastos, xustificaranse, ao final de cada ano natural, mediante a presentación polo titular da certificación do acordo do Consello Escolar aprobatorio das contas.

Décima segunda.-Para a renovación, prórroga e/ou modificación deste concerto observarase o disposto no título V do regulamento e na Orde do 10 de xaneiro de 2005.

Décimo terceira.-Serán causas de extinción deste concerto as sinaladas no título VI do regulamento.

Décimo cuarta.-As incidencias ou cuestións litixiosas que xurdan durante o tempo de aplicación deste concerto serán resoltas polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ou órgano en que delegue.

E para que así conste, na data e lugar antes indicado, asinan este documento por triplicado,

Polo centro privadoPola Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

O conselleiro

Asdo.:Asdo.: